Wednesday, June 29, 2005

Non vos olvidedes de min



Fíxome "gracia", se é a palabra, un anuncio dunha ONG que dicía: " O foco de atención dos medios xa non está no sudeste asiático pero eles seguen precisando a túa axuda...". O mesmo podíamos facer cos afectados do Mitch, as víctimas do terremoto de Irán, as nenas que son sistemáticamente maltratadas nos orfanatos chineses, os refuxiados de Dharfur, os esfameados do Corno de África... O anuncio daríasenos de si. Necesitaríamos un xornal enteiro con publicidade deste tipo e, en pequenos recadros abaixo de todo, colocar noticias sobre Ibarretxe ou as fichaxes do Celta para dar feito.


Desde un punto de vista práctico cúmprese a consigna de Lenín de "Canto peor mellor". Se ti es presidente dun país africano onde o salario medio son 4 dólares ó mes e a dieta calórica está por debaixo do recomendado pola OMS o máis beneficioso, quizais, sería sabotear as colleitas, provocar a fame negra e que veña a axuda internacional cos seus sacos de millo. Pan para todos.
Ese mesmo dirixente terceiromundista se se enfronta coa sempiterna guerrilla-rebelde-marxista-capitalista debería pactar cos seus inimigos para dotar de "técnicas de comabate creativas" (xa sabedes, cabezas cortadas como en Liberia ou violacións en masa como en Bosnia) e así abrir os informativos coas atrocidades da semana.
Penso que o obxectivo final, se es un país maldito, é opositar a patria perpetuo. Pensade senón en Palestina e todo o merchasdising que conleva (incluida esa horrorosa panoleta) e no negocio que fan os empresarios palestinos levantando o muro que os separa de Israel. Para que non se me ocuse de ter unha visión demasiado negra da humanidade poño o exemplo de Mónaco: Unha vila de pescadores que contaba cun dictador de pedigrí (un monarca) que casa cunha estrela de Hollywood e se converte no sitio con máis glamour do planeta. Hai esperanza sempre antes de que remate o informativo.

De volta no mundo dos solteiros...

Si, amigos solteiros, xa estou de volta con vós. Cando levaba 10 minutos no meu novo estado puxeron un video de Joy Division que expresa mellor cas miñas propias palabras o meu estado de ánimo:

When the routine bites hard
and ambitions are low
And the resentment rides high
but emotions won't grow
And we're changing our ways,
taking different roads
Then love, love will tear us apart
again (4)

Why is the bedroom so cold
Turned away on your side?
Is my timing that flawed,
our respect run so dry?
Yet there's still this appeal
That we've kept through
our lives
Love, love will tear us apart again (4)

Do you cry out in your sleep
All my failings expose?
Get a taste in my mouth
As desperation takes hold
Is it something so good
Just can't function no more?
When love, love will tear us apart
again (4)


Pois iso, algún día volverá.

Tuesday, June 28, 2005

Si, vou falar dos resultados electorais

Touriño presidente. Parece o nome dunha pilícula...
Onte estaba co ánimo un tanto sinistro, como é natural todo este mes e os xuños en xerais, cando o meu compañeiro de piso dixome de ir celebralo. Díxenlle que non. Vinte minutos despois baixei a súa busca. Logo cruceime con outros amigos e volvín á Praza Roxa. Habería uns cen rapaces con bandeiras do PSOE e infiltrados puretas do Partido. Un ambiente moi tranquilo. Como se se gañase unha partida de Trivial e o houbese que celebrar con moderación. Os coches pitando e atravesando a Praza Roxa...
As cousas na Quintana foron máis espontáneas. ¿Un pouco máis viscerais...? Tamén, é posible. Pero a xente estaba contenta, coreaba lemas denunciables por Acebes e bebíase con sentidiño... A maioría dos locais emblemáticos da noite compostelá estaban pechados e a xente non se animou moito. Exames, a previsión do xa feito... Dádelle vós a explicación.
Cada vez autoconvénzome máis de que as revolucións son tranquilas e os cambios aparentes e falsos veñen acompañados de bandeiras e lemas grandilocuentes. Fagámolo ben entre todos desta volta, levámolo moito tempo facendo mal.

Monday, June 27, 2005

¿Por que comparar?

¿Que leva ós escritores a facer da comparanza necesidade? Scott Fitzgerald e o seu amigo Hemingway ían os museos a comparar os seus xenitais cos das estatuas. Ata alá fondo calla o afán de facer unha obra mellor ca o compañeiro. ¿Por que? ¿O realizar unha obra satisfactoria ou unha positiva aceptación non é suficiente para estar contento co traballo?
Os ataques soen ser crueis. Valle_Inclán dixo unha vez: "Imagínense que bien funciona el servicio de Correos en España que mandé una carta a la dirección Calle del burro analfabeto e iletrado (non recordo ben) y llegó perfectamente a la Calle José Echegaray". Dinme por aquí que Manolo Rivas definiu Movemento Literario coma "un grupo de cinco ou seis persoas que viven na mesma cidade e se odian amablemente."
Eu adianto unha resposta. A cultura é unha industria na que a calidade do producto se basea nas opinións e non en criterios obxectivos coma pode ser que o pexego esté podre ou non. Ademais os traballadores soen ser acomplexados, neuróticos e depresivos polo que necesitan máis esmagar ó rival que o recoñecemento propio.
Bueno, contestatade vós... ¿Por que tanta comparación?

Sunday, June 26, 2005

Unha enquisa egocéntrica

Este post vai únicamente dirixido a aqueles que me coñezan en persoa. Esta é unha descricción que alguén fixo sobre min. Gustaríame que opinasedes se se corresponde coa realidade e en que grao. (Xa sei que é longa, se pasades de min chorarei)

Para encontrarlo deberás buscar en una sesión de espiritismo o visitando una galería de arte, aunque también es posible encontrarlo en un convento o monasterio, lo mismo que si te vas a un concierto o acudes a un club nocturno, cuando más creativo y artístico, mas ocioso y esotérico sea el ambiente, más posibilidades de encontarlo. Tiene pocas ambiciones mundanas, le importa poco el rango, el poder o el liderazgo, y tampoco la riqueza le atrae demasiado.

Le caracteriza una falta de intensidad casi una despreocupación por el mañana, acompañada de un conocimiento intuitivo del ayer y una placida tolerancia del hoy. Para él nunca es fácil luchar contra la corriente, pero nadar contra la corriente es el desafío que tiene que afrontar, y es la única manera de encontrar paz y felicidad autentica. Te dejará impresionado con su naturaleza ociosa y el encanto de sus modales, su libertad de soñar y de ir buscando su camino en la vida, más indiferente se queda aún ante los insultos, recriminaciones y coléricas opiniones de otra gente, son muy pocas las cosas que le mueven a una reacción violenta, no es totalmente apático, también tiene su genio, cuando por fin se exaspera puede ser mordaz y sarcástico, y demostrar que es rápido y cáustico de lengua.

Cuando le conozcas, fíjate en sus pies, serán notablemente pequeños y delicados, o enormes y proyectados hacia fuera, también las manos pueden ser menudas, frágiles y moldeadas, o si no huesudas y grandes, al caminar dan la impresión de que flotan como si nadarán a través de la calle, y a veces realmente es así. Nació con el deseo de ver el mundo a través de cristales de colores, conoce el lado malo de la humanidad, pero prefiere vivir en su propio mundo sereno y acuoso, donde todo es hermoso. Si la realidad le resulta demasiado terrible de afrontar, es frecuente que huya a refugiarse en sueños fantásticos.

Para él la vida es un enorme escenario, acepta la mayor parte de las tormentas con tranquilo equilibrio. El abatimiento sin embargo puede inundarle de sueños extraños que más de una vez son premonitorios, cuando tiene la sensación de que va a suceder algo, generalmente sucede. Lleva en su interior la afición discutidora de todos los signos, su extraño poder de salirse de sí mismo y ver el ayer, el hoy y el mañana como una unidad, debe a otros signos su amor a la música y al arte, lo mismo que el extraordinario desarrollo de sus sentidos y su versatilidad, pero su profunda sabiduría y su compasión le pertenecen solamente a él. Es enigmático, en ocasiones simplemente más loco que una cabra, también son comunes los accidentes o alguna anormalidad en los pies, manos y caderas.

El humor es una de sus armas secretas, a veces es cálido e inofensivo, otras frío y despiadado pero encubre siempre alguna otra emoción que quiere ocultar. Alberga un gran sentimiento de piedad y un gran deseo de ayudar a los débiles y enfermos, su primer instinto es ayudar, llega a absorber todos los dolores y todas las alegrías como si fueran propios. La gloriosa imaginación de, la maravilla de su humor travieso y sentido de la belleza, pueden crear la más delicadas y eternamente perdurables obras de prosas o poesía. Su naturaleza íntima es tan insondable, es más fuerte de lo que cree y más prudente de lo que sabe, pero oculta ese secreto mientras él no lo descubre por sí mismo.

En el amor el problema principal es el exceso de bondad, ya que frecuentemente aplica la generosidad, la comprensión y hasta la compasión a personas que no la merecen en absoluto. Suele idealizar a las personas cuando se enamora, cosa muy frecuente porque es un romántico incurable, además tiende a fijarse en gente con problemas, le gusta más dar que pedir, su inseguridad le impide exigir abiertamente aquellas cosas tipo cariño y respeto que también necesita, este proceso puede terminar con muchas relaciones, y que sólo frenará cuando aprenda a exigir lo que merece. Su atractivo lo hace vivir rodeado de admiradores, por eso es que siempre tiene la posibilidad de volver a empezar.

Saturday, June 25, 2005

A coca-cola

O outro día o meu ben querido Elric de Melniboné mentres estaba a beber un vaso de Coca-cola preguntoume que se sabía que, dada a composición química da bebida, estaba deseñada para ter máis sedes despois de inxerila. Eu pregunteille se sabía que os carpinteiros a usaban para desenferruxar os parafusos. El díxome que si o sabía. E eu pregunteille: ¿E ti pensas que, sabendo iso, se a bebo igual vaime importar o que me contes?
Esa tarde fun coller un libro á Xeral e mentres agardaba lin a contraportada da Nosa Terra. Entrevistaban a un cura da Teoloxía da Liberación de Vigo que viña de sacar un libro.
Unha quinta parte da entrevista xirou sobre o mala que era a Coca-Cola, como cando chegaba a Coca_Cola a un país todo estaba perdido e canto lle custara deixala. Houbo un momento cómico cando o xornalista admitiu que bebía moita. Parecía unha conversa entre adictos ó opio.
Eu tamén quero deixar a Coca Cola. De pequeno nin me gustaba. Nalgún punto comecei a beber e a comer desaforadamente. A pouca forza de vontade e de sacrificio que nos inculcan e nos esiximos fai que moitos nos abandonemos a dietas que nos saquen do aburrimento e estimulen o noso cerebro con azucar. Ó mellor un cura tivo por unha vez a razón ( e non a de Luis María Ansón).

Friday, June 24, 2005

Parabéns (para min)

Hoxe, sabedelo os que me coñecedes, é un día especial para min. Polo menos iso marca o calendario. Dúas persoas felicitáronme hoxe e dáse a coincidencia de seren dúas mulleres importantes na miña vida e as dúas por SMS:
A primeira é unha curmá miña coa que vivín no meu primeiro ano en Compostela e pola que teño unha especial predilección. Non escolleu a mellor hora para facelo, 9 da mañá, pero que se lle vai facer... Ela pasa por un mal momento trala morte do seu pai, o meu tío, hai poucas semanas. De feito non vai mañá a unha comida de curmáns que celebramos antes da voda doutra curmá o próximo sábado en Santiago. Con só 33 anos tivo que afrontar dúas operacións para curarse dun cancro, anos no paro, un pai de saúde renqueante e con graves problemas persoais, a deseperación... Finalmente saiu a frote, comezou a ter algún traballo fixo e agora conseguiu un contrato indefinido e ben remunerado no aeroporto. Cando parecía que a vida lle daba un respiro morreu o seu pai e veuse especialmente afectada diante do cadaleito. Seguramente para o meu tío sería peor vela morrer a ela tan nova que o final plácido que tivo.
A outra felicitación foi a do meu, digamos, "primeiro gran amor". Non acabamos da mellor maneira e os dous somos demasiado diferentes como para ser amigos e non fomos o suficiente parecidos para seguir coa nosa relación. Supoño que todo o mundo cando rompe con alguén pasa por diversas etapas: odio, mono, medo á soidade, idolatría, indiferencia... Eu pasei por elas varias veces.
Ó ler o seu SMS, unha sinxela felicitación de 3 liñas, eu puiden ver moitos rasgos do seu carácter e como 4 palabras máis ou menos protocolarias poden definir a unha persoa se a coñeces o bastante. Sinceramente, non desexo recuperar o pasado nin que volvamos ter unha relación fluida como amigos, pero, nesta semana triste como tantas outras, sentín que sempre nos unirá unha cadea forte e fidel: a memoria. Non lle agradezo os bos momentos nin lle recrimino os malos porque a lembranza é, por definición, mentireira e interesada. Agradézolle tódos eses rasgos de carácter, reaccións, acenos, expresións e xeitos de ver a vida, malos ou bos, que quedaron en min e eu chamo "rasgos fatimescos do meu comportamento". Si, meus lectores, as persoas importantes non marchan nunca porque quedan debaixo da nosa pel. Ogallá me atope a alguén así no que me reste de vida. Parabéns para min por coñecelas.
PD: Un agradecemento a Frijolito por ser especialmente pacente comigo esta semana.

Thursday, June 23, 2005

A Unión Europea: Nomes perigosos

Visto o éxito do post futboleiro ía falar de Sexo en Nova Iorque. A prensa da mañá , sempre a prensa, fíxome cambiar de parecer. Toda información sobre a Unión Europea críspame ata o estremo. O ser a zona do mundo cunha maior formación cultural parece que en vez de levarnos a solución ós problemas enfánganos en discusións absurdas ("¿Debemos ter soldos de miseria para deixar que os ricos nos obriguen a traballar máis e cobrarlles menos impostos para que eles sexan menos ricos e nós máis pobres?")e os necios, traidores, cabróns e inconscientes Blair, Berlusconi... gañan a partida. A pregunta debería ser "¿Por que algúns queren copiar un modelo que non funciona socialmente e na actualidade ten gravísimos problemas económicos e sociais de fondo (USA,China) e non copiamos ós países que si funcionan ben (Noruega, Suecia, Finlandia, Canadá...)?". O noso "sentido crítico" lévanos a crer que calquera problema á hora de levar a cabo un dos proxectos políticos maís complexos na historia da humanidade é o fin da Unión cando en China e en Estados Unidos unha enorme parte da poboación non ten acceso á sanidade e a educación. Prefiro ser un parado de Oslo a un negro de Misissipi cobrando o salario mínimo.
Blair e o afán británico por ser o Israel europeo pódenos facer crer que é un dos grandes responsables. Eu creo que ten máis que ver o nome. Normalmente o nome dunha institución política representa o contrario do que é. Se quixésemo unha unión efectiva de Europa deberiamos chamala Asociación Libre e Autónoma de Nacións Independentes Europeas. Para amosar as miñas teorías algúns exemplos:
-Partido POPULAR
-Partido SOCIALISTA OBRERO Español
-Izquierda UNIDA
-BLOQUE Nacionalista Galego
E o meu favorito:
-Partido REVOLUCIONARIO INSTITUCIONAL (¡Viva Méjico Cabrones!)

Wednesday, June 22, 2005

A inxustiza do Eibar e a maldición de Fernando Vázquez

Hai pouco recibín unha crítica sobre este blog. Falo demasiado de política e pouco de música, cine e ocio en xeral. Tendo a pasarme polo forro as vosas críticas sobre o contido de este blog pero é certo que hai tempo que non me adico ás banalidades da vida polo carallo das eleccións.
Un tema que compartiu a miña atención coa campaña foi o ascenso do Celta. Eu nunca fun anticeltista, nin creo que o sexa agora, pero as miñas simpatías cambiaron cando coñecín a celtistas que se metían inmisericordemente comigo por ser do Deportivo e exhibían fachendosos o único título europeo en mans dun equipo galego ó que nos aspiramos este ano cunha máxima motivación. Tamén me amola bastante que á mínima en Balaídos asubíen ata a Maradona e que o clube pareza en continuo cabreo.
Sempre defendín a teoría de que Fernando Vázquez era un mal entrenador ou un maldito. Non é normal que tódolos seus equipos acaben ben na primeira volta e se esfarelen contra ó final. Algo pasa con el. Por iso cando, a pesar dunha xeira de derrotas incribles, o ascenso foi conquerido no sur profundo a min todo cheirábame moi mal. E confirmouse a miña teoría reafirmandose cunha forza inesperada. Fernando nunca foi do meu agrado. A prensa e o público "culto" alábao porque non abusa de frases baleiras do tipo "El fútbol es así", "Tres puntos muy importantes" e tal... É unha corrente que me molesta. Premiase a entrenadores que tenden preocupantemente ó fracaso e se lles defende contra vento e marea sen argumentos obxectivos por saber falar (Víctor Fernández, Valdano...) e non por facer ben o seu traballo.
Despois eu sabía que o Eibar non fallaría en Balaídos. Eibar é unha vila gipuscoana de 31,000 habitantes cun dos presupostos máis baixos de Segunda División e aínda así leva dous anos a piques de subir. Gañoulle ó Celta e o meu corazón vai con eles porque antes que cos galegos estou coa xente que adica á súa vida á ilusión. Mendilibar non é un gran orador pero obrigaba ós seus a mergullar os xenitais nun bidón de xeo, por iso da recuperación muscular e de facer carácter. Ánimo Eibar, sodes de primeira para min. Pena que os éxitos noon sexan de quen os merece senón de quen os consigue.

Tuesday, June 21, 2005

Meme libresco

O meu vello compañeiro Dominob desafíame a un meme literario que responderei con gusto. Ó parecer trátase de dicir:

Os 5 últimos libros que lin por obriga. Éme difícil determinar cales foron eses libros pero creo que son:

-Cando veña á noite (David Pérez Iglesias, Editorial Toxosoutos)(Comprádeo que o autor ten fillos que alimentar)
-Cumbres borrascosas (Emiliy Brönte, Cátedra) (Fantástico, incrible, adiantado ó seu tempo)
-Plan Director do Proxecto Ineo da Zona Franca de Vigo (Zona Franca de Vigo) (Unha cuestión laboral)
-A primeira parte do Quijote (Planeta) (Era unha relectura, a terceira)
-Un libro que non me acordo como se chama de Clifford Gertz sobre a evolución histórica da antropoloxía.

Espero ter mentido con moderación e estilo. Agora os cinco libros para o verán (seguramente lerei cinco pero son 50)

-Guerra y Paz (Lev Tolstoi)
-Quijote (2º parte)
-Relatos (Faulkner)
-La ciudad y el pilar de sal (Gore Vidal)
-Pastoral Americana (Philiph Roth)

Esixo coma compensación á resposta deste meme que ti, poderoso Dominob, me inclúas na túa listaxe de enlaces e lembres que se pode ser linusero pero con moderación.

As cinco persoas que deben de respostar este meme son:

-Aquí
-O choqueiro anónimo
-Chamizo
-Elric
-E (se é que me está lendo) unha persoa que colecciona pousavasos escritos por min e que nunca comentou nada neste blog (Tos de disgusto).

Os que non tedes blog podedes contestar comentando este post. Aqueles que non o fagades padeceredes a maldición que levou a Xil Ríos a erguerse de entre os mortos e actuar en tódolos programas da telegaita. Sen dúbida é o mensaxeiro da morte do fraguismo.

Había que telos votado (Especial final de eleccións): Homenaxe ó diario AS

Expoño aquí ós principais protagonistas da xornada electoral tal como os destacan no diario AS:

O crack:

Don José Luis Baltar. Despois de ameazar con marchar antes do final da campaña liderou a acción salvadora na provincia santuario e foi a única circunscripción na que non perdeu escaños. Por moito Feijoo que haxa o PPdeG segue dependendo de botarates coma el. Atención que o seu fillo tamén apunta maneiras.
O dandy:
Compartido entre Touriño e Miras Portugal, conselleiro de emigración.



No caso de Touriño por louvar publicamente a Fraga a pesar dos abucheos dos seus militantes. No caso de Miras Portugal, para moitos o político máis corrupto da Xunta, as eleccións están no traballo de operacións suxas que fixera en sudamérica na máis inefable tradición da Operación Condor.
El Duro:
Coma non. Don´t Manuel por dicir que os resultados que conseguiu Pepiño (moita carallada teñen con este tio que nestes momentos é moito máis poderoso que calquera político da Xunta) en Palas de Reis eran nefastos.

Vaya Día!:
Para Quin. Claro. Tranquilo, sempre nos quedará Vilar de Santos.

Había que telos botado (Especial fin de eleccións): A valoración ¿final?

Ola compañeiros e, sen embargo, amigos. Lamento ser o último dos catro grandes píares da campaña en dar unha valoración das eleccións mais a miña remuneración por adicarme á política fai que me comporte coma un amateur.
¿Que se pode dicir duns resultados que se manteñen na incognita? Adependendo do santuario de cada un terá unhas esperanzas ou outras. Deixademe entón (e se non me deixades é o mesmo porque este é o meu blog) que saliente que:
-Gañe quen gañe terá pouca autoridade para gobernar de maneira despótica. Si vai para o PP principalmente a advertencia. Non obstante se gaña a coalición democrática van ter que facer fronte a este reproche.
-Hai un grave perigo de transfuguismo e de rachar o goberno. En principio o PSOE e o Bloque poden sentirse máis ameazados. Pode acontecer un caso Madrid sobre todo cos Vazquistas. O PSOE equivocouse con ese facineroso. Debeu de desfacerse hai moito tempo del porque as súas políticas son as do PP e os votantes municipais do PSOE da Coruña en moitos casos despois son votantes do PP. O partido máis popular tamén se ve ameazado por unha ruptura ou un chantaxe do sector máis boinístico do partido.Estando como está cheo o PP de fillos de puta non me estrañaría que algún que vise en perigo as súas fabas se botase o monte polos seus cartiños.
-Os galegos somos un pobo mesquino e mentireiro. Se non non se entende porque mentimos ata nas enquisas a pé de hurna. Tamén é difícil aceptar que a xente denoste ó PP e louve ó Bloque en despois vote en sentido contrario. Miseria pura.
-Imos pasar unha semana de carallo agardando polos resultados finais. Tal coma está o PP protestarán gañen ou perdan polas manipulacións do PSOE. Indignante o comentario de Fraga informandolle de que "un 70% dos votos nos favorecen". ¿Por que os tribunais non actuan de oficio?
-É realmente indignante que a coalición teña 100.000 votos máis e un 10% e pola ridícula concepción localista española, e sobre todo galega, se lle dé a dúas provincias despoboadas tanta importancia coma ás atlánticas. O mesmo podemos dicir de Castela León no referente as eleccións xerais. ¡Quero a cabeza de D´Hont nunha bandexa de prata! (Sei que está morto, os belgas sempre trouxeron cousas malas para a humanidade salvo Tintin)
-A quen lle sorprendan os resultados do Bloque que me perdoe pero é un iluso.
Que a sorte vos acompañe.

Monday, June 20, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): Conclusións sobre os resultados







¿E que queredes que vos diga?









Todo está por se resolver, comamos cocido namentras. O noso bastión culinario. Iso nunca nolo quitarán.

Saturday, June 18, 2005

Hai que votalos (especial eleccións): Feitos para a reflexión

Xa falta pouco (menos mal) para rematar este especial e, quizais, espertar e ver que o dinosaurio xa non segue en San Caetano (adicado ó pai de Sálvora).
Gustaríame ofrecervos datos, cifras, feitos para movermos a votar polo cambio pero:
Son un lacazán e non me apetece andar a buscar por aí.
Coñecendo os visitantes que coñezo e vendo as visitas que recibo e como chegan ata min conclúo que xa ides votar ó cambio e que non sabedes escribir a palabra "votar" (si, amigos que entrades por google, é con "b").
Falemos, logo, de Fraga. Da súa última usupración vergoñante e patética dos medios públicos ó seu favor. Desa entrevista antes do Luar donte. O partido que despreza os resultados do 14-M pasa a Xunta Electoral polo escroto cando xa non hai tempo nin para reclamar.
Coma nunha obra de teatro ben tramada, o vello dictadorzuelo amosa as súas miserias espontaneamente en televisión cun xornalista asentindo e realizando as preguntas xa programadas. Unha actuación que recorda a actitude de nós, os galegos, perante o goberno da infamia que tirou o diñeiro europeo e español suficiente coma para poñernos a altura de Francia ou Alemaña. Noutros países foi así. Se as enquisas non se soen equivocar ( e soen facelo aínda que non tanto ) gustaranos ensinarlle a Fraga que é a democracia dende a oposición.

Friday, June 17, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): O prognóstico

Si amigos. Pecha a campaña sen que os do Bloque ou os do PSOE puxeran ningunha bomba ou mexaran no Plan Galicia. Alégrome de que sexa así e remate este especial que, a pesar de traerme moitos visitantes, deixoume tocado por ter que ler tantas declaracións de políticos.
Só queda o prognóstico. O meu é dunha victoria mínima das forzas democráticas: un 38-37 con lío e suspense co voto emigrado. Pero xa sabedes que eu son un pesimista convencido.
Non descartemos tampouco un golpe de estado co voto emigrado. O que para moitos é o conselleiro máis corrupto, Miras Portugal, é un grande descoñecido e a saber o que fixo por aí. O resultado saberase antes do reconto co número de participantes.
VOTADE.

Thursday, June 16, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): Os candidatos

A piques de rematar as eleccións faise necesario valorar aos candidatos e a súa actuación durante esta campaña.
Fraga sorprendeume nesta campaña. Perdeu a compostura en máis dunha ocasión e baseou a súa campaña na ofensiva total cando, dende que é presidente da Xunta, sempre se amosou despreciativo e por riba do rival. Seguramente o rival, na maioría das ocasións, non estivo (politicamente porque moralmente é imposible non estalo) á altura del. Vivimos en directo ó seu drama persoal. El, unha persoa caduca aferrada de maneira antinatural á vida gracias ó poder verase obrigado, presumiblamente, a deixar a política nun feudo que el creou á súa imaxe e semellanza. A morte, política, de Fraga representa tamén unha nova morte, e van mil, das ideoloxías. Seguramente só queden xa ideólogos na UPG. Agora quedannos xestores sen unha liña definida máis que seguir os descursos de moda e ir gobernando en función do xornal do día seguinte. Fraga, é certo, tiña un estado na cabeza. Outra cousa é que el quixese crear unha Prusia Bismarckiana e nos deixase reducidos á Varsovia post Nazi. Xurdiu coma unha forza puxante Feijoo. Non oculto o repulsivo que me parece este señor (e perigoso). El afirmou nun debate da galega que eles collen "o mellor de tódalas ideoloxías para servir ós galegos". Coma se gobernar fose fabricar aceite de oliva ou ensaladillas. Cando Fraga perde votos por dicir que nunca usou condón ou que ser homosexual é unha guarrada está a expresar o pensamento da maioría dos seus votantes. Non son un inxenuo. Fraga, por riba da ideoloxía de ultradereita ou non, é un sinvergüenza que acepta o poder en calquera situación e axeitou o seu discurso do Nacional Catolicismo a enfrontarse con Aznar para pedir máis autonomía para Galicia. Pero polo menos mantivo unha coherencia consigo mesmo e todo o mundo que o votou sabía perfectamente o que estaba a facer. A conclusión é difícl pero para min inapelable: a miseria non está no gobernante senón nos gobernados.
Posiblemente Touriño sexa mellor presidente que candidato. É un burócrata sen ningún tipo de carisma e segue unha estratexia (¿estraña?) consistente en non facer nada e esperar que o rival esmoreza esmagado polo seu propio peso. A primeira vista parece unha boa persoa e non sei se o é. Ademais ten un grave problema de homoxeneidade e coherencia no seu partido.
Con Quin todo preguntas: ¿Pode un home que non manexa o seu partido manexar un goberno? ¿Pode coaligarse o Bloque sen que o eclipsen, coma en Santiago, ou sen que fagan o ridículo, Vigo? ¿Pode impoñer políticas lingüísticas significativas en educación, administración ou medios de comunicación estando Paco Vázquez a defender os dereitos lingüísticos dos galegos? Preguntas, preguntas, preguntas... A súa posición segue parecéndome moi feble dentro do BNG aínda que creo que, saíndo un número de veces suficientes no telexornal, pode callar máis que Touriño. (E moito máis que Paco Rodríguez)

Hai que votalos (Especial eleccións): Os candidatos

A piques de rematar as eleccións faise necesario valorar aos candidatos e a súa actuación durante esta campaña.
Fraga sorprendeume nesta campaña. Perdeu a compostura en máis dunha ocasión e baseou a súa campaña na ofensiva total cando, dende que é presidente da Xunta, sempre se amosou despreciativo e por riba do rival. Seguramente o rival, na maioría das ocasións, non estivo (politicamente porque moralmente é imposible non estalo) á altura del. Vivimos en directo ó seu drama persoal. El, unha persoa caduca aferrada de maneira antinatural á vida gracias ó poder verase obrigado, presumiblamente, a deixar a política nun feudo que el creou á súa imaxe e semellanza. A morte, política, de Fraga representa tamén unha nova morte, e van mil, das ideoloxías. Seguramente só queden xa ideólogos na UPG. Agora quedannos xestores sen unha liña definida máis que seguir os descursos de moda e ir gobernando en función do xornal do día seguinte. Fraga, é certo, tiña un estado na cabeza. Outra cousa é que el quixese crear unha Prusia Bismarckiana e nos deixase reducidos á Varsovia post Nazi. Xurdiu coma unha forza puxante Feijoo. Non oculto o repulsivo que me parece este señor (e perigoso). El afirmou nun debate da galega que eles collen "o mellor de tódalas ideoloxías para servir ós galegos". Coma se gobernar fose fabricar aceite de oliva ou ensaladillas. Cando Fraga perde votos por dicir que nunca usou condón ou que ser homosexual é unha guarrada está a expresar o pensamento da maioría dos seus votantes. Non son un inxenuo. Fraga, por riba da ideoloxía de ultradereita ou non, é un sinvergüenza que acepta o poder en calquera situación e axeitou o seu discurso do Nacional Catolicismo a enfrontarse con Aznar para pedir máis autonomía para Galicia. Pero polo menos mantivo unha coherencia consigo mesmo e todo o mundo que o votou sabía perfectamente o que estaba a facer. A conclusión é difícl pero para min inapelable: a miseria non está no gobernante senón nos gobernados.
Posiblemente Touriño sexa mellor presidente que candidato. É un burócrata sen ningún tipo de carisma e segue unha estratexia (¿estraña?) consistente en non facer nada e esperar que o rival esmoreza esmagado polo seu propio peso. A primeira vista parece unha boa persoa e non sei se eso é bo para un gobernante. Se chega a presidente herdará unha situación económica dramática: presupostos vendidos para os próximos 2-3 anos, previsible desaparición de fondos europeos e o dilema de qué facer con tódolos chanchullos orzamentarios e a corrupción que a banda de Fraga deixa coma regalo envelenado na Xunta. Ten un grave problema de falta de homoxeneidade no seu partido. Se no PP hai boinas e birretes no PSOE non darían feito só dous bandos: pseudonacionalistas, vazquistas, zapatistas, advenedizos...
Quin. ¿Pode un home gobernar unha comunidade autónoma se non é capaz de gobernar o seu partido? ¿Pode crear un goberno de coalición exitoso durante catro anos sen que o PSOE o eclipse ou sen que pase o de Vigo? ¿Pode impoñer criterios nacionalistas en materias coma educación, administración ou medios de comunicación con Paco Vázquez detrás a defender os dereitos dos galegos? ¿Perderá o Bloque, se goberna, o estigma filobatasuno ou filopaleto que moitos lle atribúen? Preguntas, preguntas, preguntas...

Wednesday, June 15, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións):Os anuncios

Si amigos non podía faltar. Cada vez que hai eleccións descubrimos que non hai dous partidos en Galicia, nin tres, nin 4, senón un fato deles. Por partes...
Os maioritarios. Adolecen de certo uniformismo pero se as súas políticas tamén resulta un conxunto coherente ¿non? Hai pouco risco artístico salvo no do Bloque no que vexo certos rasgos entre Dogma e Passolini. ¿A vos eses cambios de plano durante o discurso de Quin non vos recorda a cando Xesús enumera as benaventuranzas no Evanxeo Según Xesucristo? E despois xorden unha serie de enigmas como... ¿por que sae un chino? ¿Acaso é para darse de non nacionata, en que quedamos Quin?
Xa critiquei dabondo neste blog o lema do PSOE. Aínda non vira o anuncio. Todas esas persoas en bici con pinta de terse tomado un tripi. Parece Verano Azul. Lamentar, tamén, que os contornos mariños que amosan están nun lamentable estado vexetativo. Si amosan o estado da nosa fauna (loable). Non non é bo dicir a verdade nun anuncio (por deprimente).
Pouco que dicir sobre o partido máis popular, moi institucional e aburrido. Gastáronse moita pasta seguro porque senón non se explica que sexa tan aburrido (Quin parece que está na rodaxe da Meiga de Blair). Moléstame sobremaneira que se gasten os nosos cartos neses anuncios. Cando o gastan en comelladas electorais cando menos aínda nos caen as farangullas pero que non aborrezan ó persoal.
Chamoume moito a atención que os tres grandes partidos teñen un anuncio moi institucional e serio (aburrido e falto de imaxinación) e outro máis dinámico dirixido á xente nova (hortera e máis falso que as moedas de catro pesetas). No do PP, gravado no campus norte nas inmediacións de xornalismo hai poucas datas, saen uns rapaces que:
-Ou ben teñen cara de "eu digo que sodomicei a Sadam Hussein ou o que queiras para que me dedes os 60 euros e tajarme cos colegas".
-Ou ben teñen cara de "non me creo nada".
Destacar dúas circunstancias especialmente lamentables. A primeira é que ese spot comeza cunha parodia da escea de La Vida de Brian na que o Consello Xudeu pregunta que fixeron os romanos por eles e os asistentes á asamblea enumeran un gran número de reformas beneficiosas. Fraga, escoita, podes roubarnos, tomarnos por parvos e asoballarnos mais desacralizar ós Monty Python é indigno ata de ti. A segunda circunstancia é que os logros que alí enumeran son totalmente falsos ou non atribuibles á Xunta: 6.000 km de autoestradas (Danke Deustchland), mellora da sanidade (como ía ser peor ca do franquismo?), maior presencia internacional de Galicia (non tedes máis que lembrar o World Tour de Carmiña Burana) e 6 millóns de turistas (co que adiantamos a Andalucia, Canarias e Baleares e xa vivimos deso... como camareiros nesas poblacións).
O anuncio "coñero" do Bloque con Celso Bugallo e actores amateurs facendo chistes fáciles sobre o PP ten dúas inspiración: o cine de Abbas Kariostami e o anuncio de Ramón o Fertimón. Quin, é un anuncio non hai que facer arte necesariamente.
E o momento que agardabades chegou: Os partidos minoritarios. Coma na tele, voulles adicar un miniespacio sen acritude:
-IU: Non gastaron moitos cartos no anuncio. Parece unha montaxe cutre en Powerpoint ou Flash. As fotos deben de ser do album persoal de Yolanda (www.votayolanda.com) e o seu slogan "¿Por que non unha muller?" Desacredita calquera política desta formación en materia de muller. Ubi est Geluco?
-Partido dos Autónomos: O mellor sen dúbida. O máis democrático. Un señoriño que falaba dos problemas reais da xente e denunciaba que vivimos nunha dictadura rotatoria de cada catro anos. Pedía o protagonismo dos cidadáns de a pé. Poñía na mesa problemas concretos e as súas solucións, non coma os grandes partidos con grandes palabras que se esvaecen. A rebelación da temporada. Pena de dicción. (os nervos, xa se sabe)
-Falange Española: Dous feitos, un deles sorprendente e outro non. Os obxectivos de Falange (máis emprego, maís hospitais, máis empresas, máis infraestructuras) e as súas concepcións de Galicia ("gallegos somos los que amamos Galicia, su lengua, cultura y tradición pero sabemos que la única nación es España y no necesitamos más autogobierno"). O segundo feito é que empregaban para ilustrar o seu anuncio (co Cara el sol de fondo) imaxes aéreas da Coruña e Vigo dos anos 80. Vós elixide cál e o feito máis sorprendente.
-Nós_UP: Bueno estes molestáronse en facer o anuncio. Tamén se lles nota que son da escola de Quin polo do amateurismo e tal. Advírtennos contra os novos caciques. Alguén nos debería advertir a nós contra os novos caciqueados.
Sei que hai máis partidos coma Democracia Nacional ou a FPG pero non vin os spots. Se os víchedes anímovos a que completedes este Spot.
Non me resisto a despedirme sen falarvos duns carteis que apareceron por Santiago. Estaban cotrosamente elaborados a Word e en DINA3 e dicían "Só os porcos comen e durmen no mesmo sitio. Non te deixes manipular. Vota."

Tuesday, June 14, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): Acebes en Porriño

Gracias a Tremor por darme a noticia. Si, amigos, o gran baluarte da victoria socialista no 14-M, Ángel Acebes estivo repartindo esta mañá propaganda electoral pola feira do Porriño. Non coñezoo en demasía as feiras do sur de Pontevedra pero de seguro que non lle dá quitado ó traxe o cheiro a churro.
Podedes supor que o feito de que un exministro ( ademais o ministro "bo" o ministro "antieta" que pon cara seria nos funerais e está ó pé das víctimas do tirrorismo) transmite desesperación por parte do seu partido. Nada máis lonxe da realiade, capciosos. Trátase dun cambio xeoestratéxico que alzará a Galicia sobre o resto de rexións de Europa. O plan é convertir Vigo nunha nova San Francisco, Londres ou París cun metro, imprescindible, que elimine o CAOS urbanístico que asolaga a cidade. Lóxicamente na Coruña, tal como indica a Voz, coma megalópole necesitan tamén ese medio de transporte.
Se co invento gañan as eleccións e convirten a Vigo no Nova York do Finisterre Porrriño, consecuentemente, pasará a ser Brooklyn ou Queens e que tolo desperdiciaría os votos de Brooklyn...? Chámaselle visión de futuro.
Por outra parte paréceme sospeitoso a noticia da Voz Quin pide la mano de Touriño pouco antes da manifestación contra os matrimonios homosexuais. Sospeitoso. Tamén é sospeitoso que un xornalista da Voz, Anxo Lugilde, destripe as claves da campaña popular e as noticias do xornal sigan esas directrices. En fin.

Monday, June 13, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): As cousas que importan

Cando estaba a almorzar vin un grande traballo xornalístico ( O problema da grandeza do traballo xornalístico é cando a realidade te estorba no teu camiño cara a gloria)e díxenme: "Este será o tema do blog de hoxe." Non obstante atopeime con outro traballo xornalístico, ou non, unha reflexión lúcida, si, sobre a realidade que me torceu o morro.
Manuel Baltar, fillo do cacique do trombón, deleitanos cunhas confesións extraordinarias na Voz de Galicia: "En fútbol siempre fui extremoderecho", "mis películas favoritas son el Padrino y Uno de los nuestros", "Fraga es como Zidane"... Demasiado bo para que alguén o inventase. Aquí a tedes.
O que me entristeceu un pouco foi un artigo "Pepiño Grilo" do columnista de El Periódico Antón Costas. Seguramente non di nada qeu non saibamos. Pouco a pouco as desigualdades amplianse en España e volvemos a un sistema económico predemocrático. O verdadeiro baluarte das democracias é un reparto equilibrado da riqueza e o acceso universal a unha educación que nivele as nosas posibilidades en función das nosas capacidades. Por iso, máis importante que o partido que gañe, é conformar unha socieade esixente e inconformista para obter dos políticos o que merezamos. Se non esperamos nada, o resultado non deixa de ser lóxico e ese pode ser o cerne do problema político en Galicia.

Regálovos unha foto da Voz que hoxe estaba especialmente xenerosa. Deben de cheirar o cambio. Tamén estamos de noraboa porque a UE aprobou o uso do galego nas súas institucións, aínda que sexa de tapadillo.

Hai que votalos (Especial eleccións): Confesións a medianoite

Benqueridos amigos:
Confeseille onte a un benquerido amigo que me estaba a cansar de escribir este especial de eleccións. Só os estómagos máis incorruptibles aturan tal cantidade de declaracións próximas á nausea. Nunca houbo tantos sartrianos no país de Andrés do Barro ou do inventor do futbolín.
Fraga relacionou o voto oculto do PP, tema xa tratado aquí, coa cantidade de homes que pasan pola cama dunha muller (solteira supoñemos). Rajoy, nunha relectura catastrófica da apocalipse adianta que o binomio Quin-Tou fará esquecer o Plan Galicia, conlevará unha perda de dereitos lingüísticos (supoñemos que se referirá a unha hipotética futura lei do Bloque que impida falar a cans e gatos), crearán barrios residencias de terroristas, imporase o modelo Batasuna-Carod-AlQaeda-Nazi-Comunista e, implicito nas súas palabras, virá unha octava praga consistente en vacas tolas antropófagas que descenderán de superpetroleiros pantasma.
Este cambio de melodía do PP, da tranquila música lixeira do Juan Pardo electoral de "o país vai ben e non hai que cambiar nada" ó duro Metal Trash de "non vaiades a praia e votade ou os fillos de Satán acabarán con vós", implica unha clara cercanía do fin.
Si amigos e compañeiros sindicais: son optimista. Non me fío das enquisas. Non me fío nada. Sen embargo si me fío dese nerviosismo. Tiveron que deixar a superioridade e autosuficiencia na casa e remangar a camisa para conseguir os votos. Sempre fun da convicción de que toda revolución, verdadeira, é tranquila. Ás veces eclosiona (1.789, 1.917) pero o normal é que sexa silenciosa e ninguén se decate ata que está aí. Normalmente os imperios soen esfarelarse pola súa enorme envergadura e non porque ninguén empurre por el. Só esperar que os que recollan os restos estén preparados para a súa difícil misión.

Saturday, June 11, 2005

Hai que votalos (especial eleccións): Os votantes clientelares

Pensaba escribir este post un pouco máis tarde pero unha conversa que mantiven onte púxome especialmente triste e pesimista. Así que afrontarei o asunto agora antes de que me queime máis por dentro.
O outro día no mellor bar de Noia mirando as venecianas paisaxes do Traba falabamos das eleccións. Un de nós, nacionalista e progresista por convicción, familia, ambiente, coherencia, lóxica... expresou o seu desexo de botar ós do PP daí porque "a ver se podemos chupar nós un pouco do bote".
A conversa que me entristeceu onte aconteceu ó redor dun plato de ensaladilla ( ensaladilla rusa para os prosoviéticos e ensaladilla imperial para os profascistas). Un amigo meu, unha persoa admirable en bondade, intelixencia, educación, afabilidade, bo humor, xenerosidade... contounos que só votou unha vez. A razón: "Porque se presentaba o meu tío e ese era o único que puiden votar e me puidese axudar. A min coma non me regalen o chuletón...". Ten 24 anos e os seus pais son bancario e profesora. O meu cariño cara el segue intacto pero non así a miña, xa escasa, fe neste sitio.
A terceira e derradeira conversa tivo lugar nun bar de deseño da zona vella cun empresario valenciano pero dende hai varios anos residente en Cacheiras. Quizais por herdanza familiar (o meu pai aprendeu na mili en Cataluña iso de "se ves un valenciano písalle a cabeza") ou polo horterismo valenciano e por Paco Roig nunca tiven demasiada fe nas habilidades valencianas. Este contoume que quería que gañase o PP. ¿Por que? Porque para vivir no seu negocio (axencia de publicidade, asesoría de imaxe) é imprescindible contar co diñeiro da Xunta. A el custoulle moito traspasar ese entramado mafioso. De feito conseguiu unha entrevista cunha consellería, e ó cambiar de conselleira todo (todo) o equipo cambiou e tamén todos (todos) os tratos que tiña tal institución con diversas empresas. Díxome que por iso quería que gañase o PP, porque lle costara moito entrar. Tamén alabou a Rodrigo Rato e dixo que non confiaba moito en Rajoy.
Despois, á saída do café díxome algo así como "A ver... yo como empresario si llegan otros y consiguen una mejor situación económica y política para Galicia a mí me va a beneficiar mucho y lo prefiero. Pero a corto plazo prefiero que ganen los que están." Outra frase: "En Valencia esto no es así. Allí no cogemos a tal por ser primo o amigo de cual. Allí lo que nos interesa es la pasta, que por algo somos primos de los catalanes, y escogemos al que rinde."

Friday, June 10, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): As sondaxes

Acabo de ler que a sondaxe do CIS dá vantaxe as forzas rebeldes contra as do Imperio Pepero. Remataría, segundo esta enquisa, o imperio Fraguista. A pregunta conseguinte é: ¿Lembrades algunha elección na que as enquisas atinaran? Eu tampouco.
Debe ser especialmente difícil no territorio galaico onde os latiguillos habituais son: "Eu que sei", "Ha de ser", "Bueno, carallo, bueno", "E será"... O inquisidor ten dous camiños: a frustración ou a neglixencia no seu traballo. Finalmente a xente non é tan deshonesta como pode parecer. Por iso nos inquéritos galegos aparece un 30 e pico de xente que non sabe. É xente que non sabe pouco a quen vai votar.
Curioso concepto este do voto oculto. Se o teu voto é o maioritario... ¿por que ocultalo? Se hai a opinión xeralizada de que o partido no poder é indigno de tal privilexio... ¿para que votalo? Ese matiz de indefinición é coma un compoñente químico que descobriron hai pouco no noso xenoma. Resulta que un 1% do noso ARN é o que pode producirnos un cancro. Ó mellor as nosas enfermidades terminais ( o clientelismo, o conformismo, a preguiza, o localismo, o victimismo...) parten todas dunha mesma raíz. Sería presuntuoso afirmar categóricamente que a coñezo pero para min a indefinición é un síntoma de incapacidade para tomar decisións, de covardía. Iso leva a un país pequeno a buscar acubillo nos grandes, en non levar con dignidade os farrapos senón en lamber as botas dos grandes poderes. E os grandes só respectan os bravos. Ser valente tampouco é garantía de nada e a covardía pode ir ben en algunhas ocasións.
Polo que a min respecta nunca me preguntaron nada. Ó meu pai unha vez pola rúa, pero creo que era polo CIS, e a un amigo meu, tamén outra vez o CIS. Será que a miña opinión non interesa. A min tampouco sinceramente.

Thursday, June 09, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): Tirrorismo e pitonismo

Estaba a ver hai un rato unha reportaxe sobre a época de Nixon e como este aproveitou a rendición que a xuventude americana fixo ante as drogas e a psicodelia ofrecendo unha nova orde. A entropía... Estou un lendo un libro, a miña preguiza creo que me vai a obrigar a deixalo, no que afirma que unha característica definitoria da vida é que a vida reduce o nivel de entropía. As civilizacións xurdiron coma iso e non poden perder esa función. Outra cousa é que os seus líderes actuen de maneira irresponsable empregando o medo coma arma para manterse o PP. Hai límites e creo que Fraga estaos transgredindo, conscientemente, cando di que co Bloque e o PSOE posiblemente chegue o terrorismo a Galicia.
Outras cousas que poderían chegar serían: a xustiza, o benestar, a dignidade, unha nova forma de goberno, a consellería de pesca a Vigo, catro turistas de Manacor, Plácido Domingo en concerto na Quintana, unha invasión de replicantes alienixenas, unha nova maneira de entender o bricolaxe ou a felicidade eterna. Ordeadas de maior a menor probabilidade.

Pasamos a outro asunto.
Corina Porro deduce que:
-Se Touriño promete a Consellería de Pesca de Vigo
-Paco Vázquez dá o seu ok
-A Bugui parécelle mal
Ergo
-A consellería é un regalo envelenado para Vigo porque
-Paco Vázquez pediría a capitalidade.
-Bugui ficaría triste.
Eu deduzo que:
-Se Torito promete a devandita consellería
-Paco Vázquez dá o seu ok
-A Bugui parécelle mal
é porque
-Vigo vai ser a capital da pesca europea (algo insólito)e ter unha consellería a unha hora por carretera é un pouco absurdo. E os pescadores de Viveiro, se xa teñen que conducir dabondo por esas carreteras infernais que don Manuel se preocupou que pasaran por Vilalba e non pola costa lucencse daralles igual coller a autopista.
-Paco Vázquez está contento porque os órganos oficiais son unha fonte constante de diñeiro para as cidades e se lle dan unha consellería a Vigo el espera sacar outra. (Se lla darán ou non ou se deben darlla é outro asunto)
-A Bugui non lle gusta que lle anden na carteira.
A pesar disto quero mostrar a miña admiración por Corina Porro. Unha muller que, a pesar do seu apelido, levou con gran dignidade e valentía a política antidroga da Xunta.
-

Wednesday, June 08, 2005

Hai que votalos (especial eleccions): As comilonas

Quizais este tema non o deba enmarcar no eido político, tan efémero tan futil... Unha reflexión da trascendecia da que me vou embarcar merece ubicarse no discurso existencial... cósmico. ¿Merece unha comida, de comida enténdese, o valor dun voto? ¿É unha realidade o troco sufraxio por empanada? ¿É unha afirmación gratuita dos do NON? ¿Outra falacia que nos enerva?
Eu, por desgracia, nunca fun a unha desas comilonas, nin sequera ó mítico fasto do Monte faro onde van ós elixidos. Son receloso, tamén, de que os nosos productos máis senlleiros (a empanada, o cocido, o peixe...) podan ser elaborados en grandes cantidades. O PP non deixa de tentar reproducir o esquema da grande familia. Todos ó redor da pota celebrando a unión familiar. A min recórdanme a algunhas barbacoas texanas pero sen Baltar tocando o trombón.
Son consciente de que estas comidas existen e que constituen un mensaxe que implica votar a unha determinada forza política. Tamén son consciente de que se fan con cartos públicos. Sen embargo creo que é non querer ver a realidade. Estes actos o que amosan é unha identificación moi importante entre un partido político e unha maneira de ver a vida por parte dos galegos (que sexa a máis axeitada é outro asunto...). Os outros dous partidos galegos non crearon unha comunión tan grande cun grupo social. O Bloque ten, si, unha comunidade igual de forte pero, en moitas ocasións, non afronta a realidade partindo dela. É dicir, deseña unha Galicia pero sen ter en conta as características da xente de a pé, crea un país como a eles lles gustaría que fose e iso crea unha comunidade, certo, pero pequena, arrogante, sen capacidade de reacción para os problemas da cotidianeidade e que lle interesan á xente. Máis preocupados pola ideoloxía que pola xestión. O PSOE, pola súa banda, conta cun electorado moi disperso: xente de esquerdas, vazquistas, pseudonacionatas tipo Maragall, funcionarios, xente con problemas persoais co PP, esquerdistas non nacionalistas, urbanitas, xente das vilas...
Parte da labor dun partido é crear unha base fiel de votantes e mimalos. Non cos medios mafiosos do PP pero hai maneiras. Se resulta tan difícil quitar ó PP da poltrona pode ser porque non se limita a ser unha formación senón unha forza social (creo qeu esta é a comunidade con máis afiliados do PP moi por diante de Madrid). Se perde estas eleccións polo desgaste inevitable (case 20 e pico ) e porque outro político gañou as eleccións en Madrid...

Tuesday, June 07, 2005

Hai que votalos (especial eleccións): O futuro está no futuro

... E o coche con sorte no garaxe. Alármame a Voz de Galicia. Seguramente porque eles, á súa vez, ven coma unha maneira de vida pode esvaecerse en dúas semanas e o seu universo particular debe ser reconfigurado. Por partes:
Don Manuel é membro do xurado do Príncipe de Asturias, supoño da parcela política, e supoñoo non pola súa dilatada carreira (adxectivo curioso) senón porque hai pouco llo concederon a Giddens, verdugo da socialdemocracia. Pois iso. Que anda en Oviedo perseguindo ó espírito de Don Pelayo. E namentres veñen o máis listo da clase (Gallardón) e o máis parvo (Acebes). É unha opinión baseada na distancia que cada un deles mantén con Aznar.
O coruñesismo da Voz fai que pareza unha idea descabellada trasladar a Consellería de Pesca, e só esa consellería, a Vigo tal como prometeu Touriño. Idea absurda dado que apenas hai armadores en Vigo e a insignificancia da nova Axencia Europea de Pesca non se pode comparar coa tradición mariñeira de Compostela. E senón recordade que os anxos trouxeron ó Apostol nunha barca e que Santiago era pescador... Como soe ser habitual no socialismo varios compañeiros de partido xa se opoñeron a esta decisión.
Por outra parte ninguén quere a Quin. Nin sequera Durao Barroso, din que por presións de Fraga. Tranqui Anxi, tal como lle vai a el dende que colleu a UE e traizoou ó seu país deixandoo en ridículo. Así que tranquilo Quin, se queres gafes reunete con ese arxentino que estivo no terremoto de México do oitenta e pico, en Nova York o 11-s e en Tailandia durante o Tsunami.
O partido máis importante que participa nestas eleccións é o formado polo Cuiñismo ou o Baltarismo (dependendo da provincia que sexades). Ese é o verdadeiro poder ( e atraso) de Galicia.

Monday, June 06, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): Os eslogans

Poden cambiar moitas cousas nunha campaña electoral. Os mítines xa non son un exaltado enriba dunha tarima, non aparecen fotos a tamaño "Stalinista" do líder, os pasquíns, a decoración, a iluminación... mais sempre quedarán os eslogans (ou como carallo se escriba).
Comecemos polos máis populares. Eles queren "Máis". E o adverbio aplícanllo a calquera punto do seu poder: líder, goberno, infraestructuras, campo, tecnoloxías, vacas, diñeiro, poder, voz en Madrid, pesca... Paréceme o mellor dos tres porque é un eslogan que tanto vale para os adversarios políticos (máis caciquismo, corrupción, atraso, prepotencia, falanxismo, incompetencia, nepotismo...) e facilitar a labor de Quin e os seus mordaces chistes que a nenos e vellos fan rir; coma a filósofos ( máis Marx, Wiggestein, Platón, Santo Tomás...), coma a amantes do marisco do país ( máis centola, percebe, navalla, longueirón, santiaguiño...), coma a xubilados que miran as obras (máis paseos marítimos, máis recheos da ría, máis ampliación de beirarrúas...), coma ós amantes dos apóstoles (máis Xacobe, Pedro, Xudas...), coma ós seguidores de Doutor en Alaska (máis doutor Fleischman, Ed, Maurice, Holly...), coma ós apocalípticos (máis fame, máis morte, máis guerra...), coma ós deportivistas ( máis Fran,Mauro,Bebeto...), coma ós linuxeros (máis gnome, devian, redhat...), coma ós amantes das palabras esdrúxulas (máis esdrúxulas, xilófono, abázcaro...).
O segundo no ranking é o do Blogueiro Quin. "Un país novo". Paréceme entrañable porque reflicte un dobre desexo. A nunca ocultada aspiración dos Bloqueiros de que o país cambie ata parecerse ó que eles din que é (un idílico territorio con restaurantes de luxo en pazos reformados e os labregos lendo a Castelao ó carón da lareira co ordenador conectado a internet ó lado...) e o desexo inconfesable de que Galiza sexa un país cheo de xente nova. Claro que para iso deberían morrer os vellos antes e o xeronticidio, segundo os estrategas nacionatas,non parece ser a estratexia máis axeitada na zona máis envellecida do mundo.
O terceiro e sen ningunha dúbida o peor é o de Toruiño. ¿Por que? Porque llo pon moi fácil ós seus rivais. Primeiro está o fácil xogo de palabras entre Touriño e Muuvéomonos. Por outra está o autobús de campaña co eslogan enorme "Movémonos" o que parece de subnormais cando vas con el pola autopista. E non esquezamos que a táctica de Touriño foi a mesma que de Zp antes de gañar as eleccións. Non facer nada nin dicir nada destacable á espera de que o rival se suicide por mor da súa propia incapacidade. A isto en Italia chámaselle Cattenacio.

Saturday, June 04, 2005

Hai que votalos (especial campaña): Chalets, autobuses, salas de festas

Segundo post de campaña electoral e xa estou dela ata o carallo.
Fraga segue a apostar polo discurso duro. "Empézase polo que hai por aí e acábase co Exército Guerrilleiro Galego Ceibe... Que a min me fixeron estoupar un chalet que bos cartos me custou." O que non explicou foi por qué lle tivemos que pagar tres veces o chalet. Despois falou das cousas asquerosas que acontecían nos matrimonios homosexuais ( este é un tema recorrente)e animou a que a xente fose votar aínda que fixese día de praia. "Primeiro imos votar e logo xa veremos". Sería interesante unha xuntanza pepera dos carretados para ir despois á praia. Apostan por grandes auditorios, onte Ourense e outro día Silleda. Paréceme a campaña máis acertada.
Emilio, pola súa banda presenta o seu autobús. Non creo que se desprace por el porque se son tan celéricos coma os da empresa Monbus (unha das tantas empresas do réxime que espero que caia cun cambio de goberno). Emilio aburre menos en fotos que falando. Outro día falarei dos slogans aínda que non me resisto a salientar o xogo de palabras entre o seu apelido e o eslogan "Muvémonos".
Quintana, supoño, terá un chalet de pedra no extraradio dunha cidade coma todo bo alto cargo do bloque. Un autobús creo que non. O que si é afeccionado ós aforos pequenos, seguramente por medo a non enchelos polo que todo ten un aspecto como de concerto de Juan Pardo. (Por certo que vin a resurección de Xil Ríos en varios programas da Nosa Televisión) Preocúpanme as camisetas dos mozos que están detrás de Quin. Parecen extraídos dunha novela de ciencia ficción de Suso de Toro. E se aínda fose de Asimov...

Friday, June 03, 2005

Hai que votalos (especial eleccións): Pegada de cartaces

Comezamos hoxe unha serie de posts sobre as eleccións autonómicos ou, por seguir as nosas nomeclaturas tradicionais, as Nosas Eleccións.
Onte tivo lugar a pegada de cartaces. Sempre hai algún candidato na Praza Roxa (este ano Touriño) e os outros dous tamén en Santiago ( Fraga en San Lázaro e Quintana en Praterías). Polo visto as dúas cidades máis poboadas de Galicia non eran dignas dos candidatos, pero unha palabra deles (ou un mitin de tintes localistas) serviría para sandalas.
Falo sen saber, non debería dicilo porque non notaríades a diferencia, e non sei se foron despois coa brocha a poñer papeis. Espero que non. O estremado cinismo e a corrupción intrínseca ó xogo político non é excusa para o horterismo Lazaroviano. Penso que o primeiro mitin de campaña (os de precampaña comezaron catro anos antes) é un evento tipo cidadán Kane e curiosamente cada vez con máis xente detrás dos candidatos.

A multitude (é maquiavélico empregar a palabra chusma neste contexto) que arrodea a Fraga, bastante novos, parécense abalanzar sobre o Totem lembrándome a cando o público subiu ó escenario do concerto de Iggy Pop o pasado verán en Santiago e cantou No Fun . No caso do PP creo que está ben argumentado porque o lema é "máis" o que implica, tamén, máis xente máis suor. A actitude de Fraga pareceume enérxica e sen fisuras. Podería gañar calquera disputa de taberna con esa disposición, sen dúbida.

Touriño pola súa banda recordounos outra vez por qué non podería protagonizar unha película dos Blues Brothers ó recitar co seu monocordeón tódolos epígrafes do seu programa electoral. Ás súas costas, coidado Emilio, estaba Paco Vázquez, Pepiño Blanco (o home que non foi alcalde en Palas), Orozco e outros capos galegos do partido (se fose Euskadi ou Madrid estaría Zapatitos?). Os "poderosos", para ser poderoso en Galicia tamén hai que ser popular, ían disfrazados de funcionarios, o perfil ideal do votante do PSOE, coas súas chaquetas Sport e a súa cara de ir despois a unha terraza da Praza Roxa a tomar unhas tapas coa muller. Un error xa que o paisano necesita o disfraz de burócrata para sentirse ben explotado. Destacar tamén a presenza de Zancudos neste mitin por se con Touriño non bastasen os freaks.

Por ultimo Quintín na Quintana... non tería sido moi fácil... Quintín nas Praterías por se non daban enchido. Detrás del había xente nova que, algún que eu me sei, menos mal que non falou. Para gañar puntos proxectaron o video dun ancián perdendo o sentido no seu posto de traballo. Ó parecer o voto da terceira idade non interesa en Galicia.
Que sirva isto para dar inaugurada a campaña... ¡Hai que votalos!

Thursday, June 02, 2005

Camisetas

Onte levaba unha camiseta de Kukuxumusu, unha marca que fai deseños de vacas en estrañas actitudes para un rumiante, e o meu compañeiro de traballo chegou cunha de Camisas de Once varas. Agora todo ten que estar personalizado: camisetas de deseño, tatuaxes con letras en idiomas inintelixibles, coches tuneados, salvapantallas orixinais, chaveiros dos que penduran as máis asquerosas figuriñas, blogs cheas de fotos frikis e coloríns... Xa só falta que nós teñamos un pouco de personalidade e non temamos ser quen somos a cada instante e non nos dé medo o que digan os demais.
En Cuba, a pesar de non ser capitalistas, vaise alén diso. Alí personalizan os nomes. É posible que tampouco teñan máis que personalizar. Isto do individualismo non sei onde vai parar. Dentro de pouco, cando os socialistas impoñan por decreto a homosexualidade e a clonación obrigatoria, casaremos cunha réplica xenética de nós mesmos. Un novo mencer para a masturbación.
O de non terlle medo ao que digan os demais non o vexo claro. É dicir, se teño un impulso de ir traballar cunha camiseta coa cara de Hegel e uns pantalóns imitadores das patas da galiña Caponata e unhas gafas, regramentarias, de buceo... ¿quen mo impide senón é esa convención social á que, con cariño, chamamos decoro? É igual que nos guións de cine... a opinión do productor, do actor, do director pode axudar ó desenvolvemento do guión... ¿A cantos articulistas non lle viría ben un productor? ¿ A Lidia Lozano e a Jiménez Losanos?
Eu que sei...