Sunday, April 29, 2007

Preposicións (updated)


Uns alumnos teutóns preguntáronlle ao meu profesor de alemán por que se di Montar a cabalo e sen embargo é Montar en burro. Tedes algunha teoría?

Para que logo lle digan burro ao cabalo...

Labels:

Sunday, April 22, 2007

Kurt Vonnegut: Vonnegut está morto




"O universo é un lugar moi grande, quizais o máis grande ."


O pasado 12 de abril morreu Kurt Vonnegut, escritor e ilustrador norteamericano de referencia durante os anos 60 e 70 e un dos últimos grandes escritores americanos vivos. Pope da contracultura, candidato en varias ocasións ao Premio Nobel, referente do antibelicismo e da ciencia ficción traballou incansablemente ata os 85 anos producindo textos dunha humanidade e riqueza excelsa.

Moitos críticos compárano con Mark Twain polo seu implacable e socialmente implicado sentido do humor. Algúns estudiosos tamén salientan a capacidade de anticipación das súas novelas pero aínda así creo que sería inxusto botarlle a culpa da delirante situación política do seu país ou a matanza de Virxinia. De seguro que se puidese faría un chiste sobre o tema.

Morreu por lesións cerebrais derivadas dunha caída que sufrira na súa casa aínda que a el lle tería gustado morrer estrelándose cun avión no Kilimanjaro. A prensa internacional fíxose eco da noticia. Déixovos con algúns que me gustaron e creo que vos poden servir para aproximarvos ao personaxe:


E se tedes moito tempo libre que malgastar e sodes uns horteras:


So it goes.

Labels:

Tuesday, April 10, 2007

Existencia e (in)sistencia

No libro dun filósofo de moda atopo entre outras ideas estimulantes esta:

Para comprender este paradoxo, debemos ter en conta que o oposto á existencia non é a non existencia , senón a insistencia: o que non existe, continúa insistindo, tendendo á existencia (o primeiro en articular esta oposición, foi , por suposto, Schelling cando no seu Tratado sobre a liberdade humana, introduciu a distinción entre existencia e o fundamento da existencia). Cando perdemos unha oportunidade ética crucial, e non logramos facer ese xesto que o cambiaría todo a propia existencia do que debería ter feito atrápame para sempre: aínda que o que fixen non existe o seu espectro segue a insistir.

Ás veces creo que vivo nesa existencia e insistencia desde hai anos. Ata que se cumpre certa idade non se poden acumular o suficiente número de erros para considerar algún coma crítico. A maior parte do tempo son o suficientemente listo como para chamarme gilipollas a min mesmo.

Reconforta polo menos que o diñeiro que investimos en filósofos vale para algo de cando en vez. O próximo post prometo que será menos obsceno e máis banal.

Labels:

Sunday, April 08, 2007

Un libro que me regalou a miña nai

A miña nai regaloume un libro despois da súa viaxe a Andalucía. Vou facer algúns extractos do libro no seu idioma orixinal ( o dialecto dos invasores e os peores demos do Averno tamén coñecido coma castelán):

  • Dime cómo cagas y te diré cómo estás.
  • De necios es cagarse, peor es aguantarse.
  • El buen cagador no ensucia prendas.
  • De barriga gigante, pedo rebundante.
  • El cagar no precisa tiempo ni lugar (debo confesar que discrepo desta)
  • El aceite de oliva da calidad a la cagada.
  • El buen cagador, buena cara tiene.
  • El excusado se le llama el servicio o retrete en Rusia, mejor calificativo no cabe.
  • En la India los hombres y los animales defecan en la calle.
  • El niño cuando no habla, se manifiesta con la caca.
  • La mujer de parto se caga porque le da la gana.
  • La mujer se satisface con dinero, cama y buena cagada.
  • La cagada del intelectual no difiere mucho de la real.
  • Lo contrario de comer es cagar.
  • O meas, cagas o te amargas.
  • No es buen cazador quien se caga en el puesto.
  • Para saber cagar hay que saber comer.

Sección ananos
  • La cagada del enano no es tan pequeña como su amo.
  • La cagada del enano es igual a la de otro cristiano

Tamén hai recomendacións para facer cagar a anciáns e nenos ademais de citas literarias de Moliere ou Cervantes. Para os que dubidedes da existencia de tal obra direivos que se chama A la salud por la cagada e escribiuno Cristobal Cantero Gómez. Foi editado por El Grupo Olivo e o seu ISBN é 84-95244-92-6.

A intención do autor era (cita textual): "Con esta sencilla guía de sentencias y refranes que recopilados a lo largo de varios años me he propuesto transmitir un saber popular, relativo hacia aquello que evacuamos, desperdiciamos y abandonamos diariamente en la vida de todos los seres vivos y especialmente del hombre, como es la cagada."

O malo de ter escrito este post será que terei que explicar que levou a miña nai a regalarme tal obra. Deixémolo estar, son cousas de familia.

Labels:

Monday, April 02, 2007

Heroes

Unha gripe que desgraciadamente me apartou dos humanos durante uns días e non acabou cos meus sufrimentos para sempre deume a oportunidade de coñecer unha nova serie de éxito norteamericanca. En Heroes (pronúnciese jirous) narránsenos as aventuras dun grupo de individuos cunha xenética "especial" que os leva a ter habilidades "especiais" e a afrontar o seu destino único (ou "especial").



Fálase do boom das series cando todo parecía que apuntaba a que estas decaerían tras a desaparición de varios estandartes coma Friends, Fraiser, ou A dous metros baixo terra (por citar algunhas). Lost ou House son para min claros apuntes de resurrección pero hai máis palla do que parece. Prison Break paréceme moi efectista, Anatomía de Grey unha eterna repetición do chico-chica-se desencuentran e palidece comparada con series coma Urxencias cuns personaxes alarmantemente planos, Big Love non deixa de ser un plaxio formal de A dous metros baixo terra cun argumento escabroso (un home con tres esposas)...

Heroes seguramente estaría neste grupo. É terriblemente conservadora con constantes referencias ao Destino Manifesto ("os elixidos"), a relixión protestante ("cumprir co destino marcado"), a contradición actual entre o ultraindividualismo e a insignificancia persoal nun mundo global (non en van a serie está protagonizada por tipos con poderes especiais). Por outro lado a serie ten tramas inverosímiles que inciden en tópicos da narrativa actual: a falsedade da realidade tal como se nos presenta,a enmarañada e forzada interconexión da biografía de todos os protagonistas, os continuos xiros de guión, os comentarios cínicos desencantados que introduciu Spiderman no mundo da banda deseñada...

E sen embargo sígoa con gusto. E deixo de ver o cento de películas de moita maior calidade e interese que teño pola casa ou as canles temáticas de cine que continuamente están a programar xoias. Por que? Seguramente porque necesitamos constantes e previsibilidade nun mundo en constante cambio e as series nun nivel simbólico aportan ese acougo narrativo que non teñen obras cunha maior carga de "verdade", "arte" ou o que sexa a estética. Por outra banda as tramas por veces son estrafalarias que me resultan de por si atractivas e as referencias ao mundo do cómic son en ocasións entrañables.

Por pechar en positivo citar algunhas series que vos recomendo e que aínda se emiten: Os Soprano, Me llamo Earl, Roma, Nip/Tuck... Algunha máis? Si eu cando me poño véxoo case todo.

Labels: