Sunday, June 03, 2007

As correccións


Por los altavoces ocultos del salón chorreaba una versión sinfónica de la canción de Navidad más aburrida jamás escrita, es decir El Tamborilero. Más allá del cristal laminado de los ventanales del salón, la mañana era fría, ventosa, resplandeciente. Una hoja de papel de periódico envolvía un parquímetro con erótica desesperación. Los toldos crujían y los faldones antisalpicadura de los automóviles se estremecían.

Este é unha pequena marabilla, que non me molestei en traducir, da novela de Johnatan Franzen As Correccións. É un libro ao que hai que analizar en dous niveis ao igual que a economía: microrelato e macrorelato. Basicamente, e para non dicir demasiado da trama, é a historia dunha familia norteamericana de cinco membros marcada polo carácter depresivo do pai. O foco da narración céntrase ás veces nun só personaxe creando, en certa maneira, cinco novelas curtas que se engarzan á perfección compoñendo un mosaico de caracteres que tanto se contrapoñen como crean unha unidade de significado propia.

E todo isto sendo malvadamente divertido, ao xeito do mellor Nabokov, e conmovendo de maneira non menos sincera con personaxes moi descritivos da américa de fins dos 90 e á vez con problemas moi universais.

Dito isto sorpréndeme que Oprah Winfrie escollera unha novela tan sofisticada para o seu clube de lectura (a Franzen tamén lle sorprendeu) e que a USC non teña esta novela no seu catálogo.

PD: Unha cousa mala. O trato bananeiro que o autor dá a Lituania como país terceiromundista. Un pouco menos de soberbia tería vido mellor.

Labels: