Saturday, September 22, 2007

Trailers de Grind House

Aínda que no anterior post xa fixen referencia aos falsos trailers que Quentin Tarantino e Robert Rodríguez fixeron para Grind House, a súa homenaxe das dobres sesións de serie Z da súa adolescencia, considero que sería unha pena que vos perdérades os trailers homenaxe que inseriron na versión americana.

Este é de Robert Rodríguez:



Estes son tres xuntos. Un deles, coido, foi dirixido por Rob Zombie:



Houbo un concurso de falsos trailers ao estilo Grind House. Este é un deles.



E se queredes ver a fonte orixinal (recorrede sempre aos clásicos) aquí tedes algúns. Mención especial para Blackula:



Nestes tempos de Kebap e YouTube un formato curto, dinámico, avasallador pode ser a alternativa audiovisual para unha sociedade sen capacidade de atención. Cando menos son divertidos ademais de orixinais e non te destrozan o argumento da película como os das grandes películas de Hollywood.

Labels:

Inexplicable Tata Golosa

Non me convence ningún achegamento convencional á figura de Tata Golosa e ao seu éxito do verán Micromanía. Sería fácil agarrarse a tópicos como a mercantilización da muller, a sexualidade para púberes, a pseudopornografía para atraer ao público, os éxitos horteras do verán, a capacidade dos italianos para crear produtos deste tipo... Non é o que me chamou a atención.




A canción consegue algo pouco común neste tipo de hits nacidos ao calor dunha clara de limón. A súa letra resulta desconcertante a calquera xa que combina provocacións propias dunha peli porno de baixo orzamento con sincopación abrupta (esa sucesión de afirmacións que nos lembra á canción que todos cantamos no día da paz "La Muralla") expresadas nun ton máis desconcertante incluso (Non vos lembra a unha centraliña telefónica?).

Polo que respecta á imaxe semella un dos trailers de carallada de Tarantino ou Robert Rodríguez. É espectacular a clara referencia aos Chemichals Brothers e como se repiten planos sen ningún tipo de rubor. Hai un arrecendo claro a curtametraxe de instituto pero, cando menos no meu, non había mozas como esas.

A amiga Golosa conseguiu algo inaudito nunha canción do verán: que analizase a súa letra e a súa música tentando atoparlle algún sentido. Polo de agora os intento foi en van. Supoño que alguén tivo a idea de facer unha canción sobre probar micrófono e outro sobre felacións. Un terceiro considerou que había un camiño claro para fusionar ambos temas pero, desgraciadamente, ese terceiro home estaba en tratamento psiquiátrico.

Descoñezo as vosas impresións sobre a cuestión. Seguramente o máis saudable e produtivo é que carezades delas. Para iso xa estou eu.

Labels:

Saturday, September 15, 2007

Os MacCann

Voume a comportar como unha vella cotilla ademais con prexuízos racistas. Cando vin por primeira vez á muller dos MacCann asusteime porque vin nela a viva imaxe da frialdade e do egoísmo e narcisismo postmoderno.

Non sei se me pasei. O que tento dicir é que esa imaxe (tópica) negativa dos anglosaxóns, especialmente británicos, estaba encarnada por unha nai que acababa de sofrer unha traxedia de dimensións, aínda hoxe, descoñecidas. Ningunha nai española, non culpable, tería esa expresión mentres o seu marido expoñía con precisión de cirurxán a súa terrible dor.

Que eu saiba en Portugal e en Gran Bretaña hai presunción de inocencia. Sen embargo se os MacCaan fosen os, poñamos por caso, os Coelho, un matrimonio portugués que veranea en Plymouth (a saber por que) o Sun e o Daily Mirror xa os terían pendurados dunha árbore.

A imaxe que ofrecen os medios non ingleses é que os pais de Madeleine son, dalgunha maneira, responsables da morte da súa filla e que montaron un enorme circo mediático para saír indemnes. Todo tipo de xente, rica-inglesa-famosa, está disposta a declarar que este, charming, matrimonio é inocente e todo se trata dunha manobra da policía dun país terceiromundista
para cubrir a súa incompetencia.

Os últimos rumores, non esquezamos que non son máis ca iso, apuntan a que tiraron o cadáver desde o iate dun amigo. Non sei se a vós vos produce a mesma náusea ver a toda esta xente rica e arrogante cubríndose as costas. O maior pecado para min desta sociedade formalmente democrática non é a desigualdade en si senón a impunidade coa que actúan e a diferenza de criterio.

A inxustiza reside no feito de que o saibamos todo sobre a biografía dos marines norteamericanos mortos en combate e nada sobre os seus opoñentes que caen nunha proporción moito maior. Ou en que haxa moreas de películas e videoxogos nos que as forzas norteamericanas rompen as leis internacionais para levar a morte fóra das súas fronteiras e se aparece unha soa web en Palestina ou Siria cunha temática similar se califique ao país enteiro como terrorista.

Se se proba a culpabilidade dos MacCann non haberá condenado que conte con menos solidariedade pola miña banda. Os privilexiados que contaron con todas as opcións do mundo e elixiron mal deben sufrir todo o peso da lei. Será esta unha das poucas veces que aconteza.

Labels:

Sunday, September 02, 2007

O Ceo

Comparto a definición de David Byrne. O Ceo é un lugar onde non pasa nunca nada e sempre poñen a túa canción favorita. A vida é algo distinto. Se non pides Talking Heads ao DJ, a vida pincha a Iván Ferreiro.

Labels: