Monday, March 14, 2005

Nada que dicir

A carencia dalgunha sustancia química no cerebro que vós de seguro poseedes en abundancia faime darlle máis voltas das necesarias ás cousas.
Entendería a maioría da xente co título desta bitácora que non teño cousa de valor ou interés que comunicar. Sen desmentir esta suposición aclaro que non é o meu propósito. Máis ben trátase da difícil certeza de que cando falamos dalgo referímonos a nada que teña un valor eterno, a nada que non sexa obscenamente subxectivo e persoal e que a interpretación colectiva que facemos da realidade é moito máis absurda que a nosa delirante cotidaneidade. Conclúo que antes de perder o tempo a falar dalgo que non ten un valor de seu é mellor falar de nada. E a iso imos.
Pido desculpas por adiantado pola periodicidade, coñézome, polas persoas que se sintan maltratadas polas miñas palabras sen merecelo, polas contradiccións, as vaguedades, as faltas de ortografía e as contradiccións... Pero pensade que son tan reais coma vós.
Un saúdo e benvidos.

0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home