Wednesday, March 16, 2005

Plaxios

Ó parecer este blog nace con mal pé. Coméntanme por aí que hai un blog, dos pioneiros ademais, que tamén trata sobre nada e é levado por alguén que non ten nada que dicir.
Só aclarar que non o sabía e que non creo que nos movan a mesma nihilidade. Eu creo que o sentido que un lle atopa as cousas é algo que só se cingue a un individuo e a sociedade sempre o sorprenderá xa que no comparte os seus criterios. Máis que de nada eu debía falar da totalidade da realidade que se nos fai inaccesible e por iso sempre resulta sorprendente, difícil e apaixoante. Espero que non haxa máis desgracias a partira dagora.
Por outra banda creo que é moi interesante o último premio nacional de ensaio. É un estudio sobre a importancia da imitación para o desenvolvemento da cultura e a civilización. Digoo por cubrirme as espaldas.

0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home