Thursday, March 17, 2005

O teu xemelgo malvado

A mala cultura, a que realmente nos alimenta, está cosida por tópicos, un cruce de lugares comúns apaixoante. O outro día vendo unha serie facían unha parodia do xemelgo malvado: a muller do protagonista apuntaba cunha pistola a dúas persoas idénticas que pedían que lle disparase ó outro. @ protagonista, claro está, sempre intúe quen é o clon malvado gracias ó amor, a amizade ou a previsibilidade do argumento.
Sería difícil rastrear que obra foi a primeira en incorporar un dilema clónico. O mito dos dobres é moi antigo e ten un forte raigame en mitoloxías como a eslava. De seguro que xa existía en lendas dalgunha aldea do leste de Europa e de vagar foi o mito viaxando co seu hatillo ata chegar a hollywood e facerse un lugar no imaxinario común. (A este respecto recomendo o libro La Semilla inmortal
Chamáranme moito a atención as regras do teatro clásico porque estimaba que con esa rixidez, esa reiteración de argumentos e todo ese tópico a través do que se artellaban acabaría por xerar aborrecemento e a previsibilidade tiraría para atrás ó público. Non podía estar máis equivocado: calquera serie española de televisión é unha repetición deformada dun capítulo de calquera telecomedia española dos anos 70. Como se Marcos Serrano fose John Ritter en apartamento para tres ou o porteiro de Aquí no hay quien viva un Steve Urkle andaluz.

0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home