Monday, March 21, 2005

As cuestións delicadas

Os xornalistas arman as súas construccións de sentido da mesma maneira coa que o tempo rilla nos nosos ósos: de maneira contínua, aburrida e invisible. Así, na teoloxía da información cando se fala de dúas "cuestións delicadas" en abstracto só se pode falar de dúas cousas. A primeira é o aborto. Un tema moi difícil de defender desde calquera óptica. Teño unha opinión ó respecto que colisiona coa ortodoxia "progre-bloqueira-musica/indie" pero coincide coa de Passolini. Algún día abordarei o tema en serio. Prometido.
A outra cuestión delicada é a eutanasia. De moda por Million Dollar Baby (idea ver), Mar Adentro (sae a miña casa pero non a fun ver) e, máis recentemente, polo caso dem Terry Schiavo. Para min a eutanasia sempre se enfoca dun xeito equivocado. O debate non está no dereito a morrer dun individuo senón no dereito a vivir e a decidir sobre esa vida. Certo é que o caso de Schiavo ten unhas certas reviravoltas ( a vida sempre as ten para cousas simples as telecomedias ou a receta do bocadillo de xamón serrano) pola non coincidencia dos intereses dos pais e o marido. O que é inaceptable é que o estado teña dereito a decidir cando debe morrer alguén e non se preocupe en absoluto dos cidadáns cando están vivos.
Irán e Estados Unidos teñen moitas cousas en común. Unha coñecida internacionalmente industria cinematográfica, un alto grao de integrismo relixioso e a pena de morte, co agravante ademais, (ó mellor estoume a tirar da moto pero tranquilos que é unha vespa de vello) de que son dos poucos países que executan a deficientes mentais.
O pai de George Walker Bush cando era gobernador de Texas viviu unha situación difícil. Un preso no corredor da morte o día antes de que o executasen intentou o suicidio. Make yourself. Rapidamente a eficaz policía americana levouno a un hospital. Recupérarono e executárono ó día seguinte.
A indignidade dun comentario levoume a escribir este post. Desgraciadamente non o atopo pero saía da boca dun Senador Republicano que dicía que o que o marido de Terry pretendía non se lle facía nin a un can. En Estados Unidos a maioría da poboación non ten ningunha cobertura médica. É máis, moitas veces as aseguradoras néganse a tratar enfermidades moi caras a pesar de estar dentro do contrato. Enzárzanse en mil xuizos ata que acaban gañando por KO (nunca mellor dito) do oponente. Preocupádevos dos vivos. Dos mortos xa se ocupo San Andrés de Teixido que os leva de excursión e deixa divisas no noso curruncho atlántico favorito.

0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home