Cancións tristes
Hoxe, un día non especialmente melancólico aínda que habería que ver o barómetro de cada quen, dáme por escribir sobre as cancións tristes. Este martes 26 de xullo co sono facendo inaturablemente pesados os dedos das miñas mans mentres tecleo e coas vacacións á vista estou por lembrar unha conversa co compañeiro de piso dun amigo. Este afirmaba que as cancións tristes non se deben de escoitar cando un se sinte deprimido porque se xa estás amolado... ¿para que queres máis?
A conclusión inevitable é que as melodías da dor e da amargura deben de reservarse para aqueles estados de ánimos normal e eufóricos. Se lle concedemos ás cancións un gran poder, eu son partidario de que así é, nun estado normal de ánimo deprimiríanos e nun de euforia quedariamos situados a un escalafón normal de entusiasmo. Polo tanto a carreira de grupos coma Radiohead ou Portishead (si, xa me fixei que acaban en head, pero Talkin Heads é un grupo bastante rumboso) é perniciosa para a humanidade. Aínda así disfrutamos das cancións tristes.
Hoxe, 26 de xullo, coas vacacións á volta da esquina, pregúntome por que esa manía de autotorturarnos con cancións tristes para perpetuar a magoa, deprimirnos ou destruir as nosas ilusións. Pode que o desexo de beleza sexa máis forte.
2 DÃxome dÃxome:
Quizaves a solución para os teus misterios estribe na capacidade da catarse da que falaba Aristóteles, que facía que nos emocionase a traxedia dun heroe. Anque eu son bastante escéptico sobre as capacidades da Arte para facernos mellores persoas... Iso sí: entretén moito.
As melodías tristeiras non teñen porqué deprimirnos máis se xa o estamos. Son correlato da nosa dor, pero non a aumentan necesariamente. Somos nós os que as aumentamos, quizaves, dándolles voz (véxase o Titus Andronicus). As penas non se escorrentan por falar delas...
E o desexo de beleza é sempre forte.
adagio for strings
Post a Comment
<< Home