Imaxes de mal gusto
O ton do discurso é moito máis significativo ca o discurso ou o contexto en si. O ton nace dunha experiencia vital e cultural compartida. Sabemos que cando se nos di que os medios ingleses non ofreceron imaxes das víctimas do atentado e acto seguido que a cidadanía recuperou lixeira a súa normalidade e non lle reprochou ó goberno por imprevisión mándasenos unha mensaxe implícita. "Non é conveniente".
A inconveniencia vén dada por:
-As víctimas teñen familia e amigos e é devastador para eles ver os seus corpos desmembrados entre os raís.
-Non debe cundir o pánico ante os terroristas. Iso é o que queren.
Estou dacordo coas dúas inconveniencias. Non estou dacordo en que non se publiquen as imaxes. ¿Por que? Si estou dacordo en non facer pública unha desgracia privada ( a víctima dun asasinato, violación...) pero creo que é unha obriga cando as causas da violencia son políticas amosar o horror da violencia en tódalas súas consecuencias porque non creo que traumatice gratuitamente nin para mal. O dano ós familiares está feito. O pánico está desatado entre os propensos a telo. Logo as inconveniencias son:
-As reaccións entre a poboación perante imaxes crúas poden ser igualmente crúas: indignación, reproche, toma de conciencia ante a violenta realidade da nosa orde social...
-Os obxectivos de sociedade civil e terroristas poden coincidir na superficie (fin das guerras coloniais en Irak, Israel e as próximas de Siria e Irán) pero non no fondo (vivir nun mundo máis xusto e en paz).
Os paranoicos coma min vémonos alimentados polo feito de que a masacre tivera lugar xusto antes da conferencia destinada a acabar coa pobreza estrema, gran logro para humanidade cun custe ridículo ( Dous billóns de pesetas, que no conxunto da economía mundial é unha esmola. Un 30% da poboación mundial vive con menos de 30$ ó ano, unha vaca inglesa recibe, de media en subvencións, 10.000 euros ó ano). Os poderosos non queren repartir, está claro.
Creo que as imaxes dos nosos mortos, desgraciadamente, fannos reflexionar máis ca as de lonxanos países. Por iso é especialmente importante que apareza ata a última víscera. Se alguén quere eliminar imaxes obscenas eliminemos esta:
3 DÃxome dÃxome:
a palabra tolerancia ten un uso no que non se repara habitualmente, o consumo dunha droga fai que a túa tolerancia ao consumo dela se incremente
despois de tantas e tantas imaxes diarias, inoculadas en vena, a nosa tolerancia á vista da violencia é brutal
cando foi o de madrid, houbo algo que me sorprendeu, a violencia cos comentarios superpostos facía delas algo consabido, imaxinable, só nun instante se revelou a verdadeira cara do terror, que é a dor física, o corpo sempre o corpo, nus planos do polideportivo onde fixeron hospital de campaña ou de sangue, como se dicía antes, alguén mantivo aberto o son directo, foron uns instantes apenas, quizais un descoido, os berros de dor, iso non o esquezo, alí estaba a humanidade, nese caos de queixas e palabras e berros
ocultar ou mostrar, nas imaxes da tv os nenos famentos etc non choran, quero dicir, non os sentimos chorar
creo que me poderías dicir algo sobre isto, que din nas facultades de información sobre a dor
unha vez falando cun reporteiro de guerra, dixome que sobrevivía aos feitos, fora Ruanda... interpoñendo a cámara entre el e a realidade
que hai niso?
non entendo, nadador, e o que chego a entender é demasiado mesquiño, demasiado cínico, gustaríame pensar que as cousas non son así, que a cámara entre nós e o terror é unha necesidade para sobrevivir, pode ser, pero entón vivimos atrapados entre sucesos ilusorios
como sabes preciso seguir sorprendendome do que é evidente, senón para qué seguir
europa quizais estea despertando dentro dos pesadelos que provocou
polo demais os condottieros, esa imaxe do poder, esa excreccencia que producen todas as comunidades, o poderoso, o supervivinte, a máscara, non quero seguir, noto que me cabreo e non penso ben, e iso de qué vale, pensade vós, necesitamolo, anque sexa nesta reducida xuntanza
chocos, dígoo só por identificarme, non estou de humor, bo quero dicir
La Unión Europea concede subvenciones de 913 dólares por vaca en su territorio y tan sólo 8 a un africano desolado por el hambre.
Europeos y norteamericanos gastan 17.000 millones de dólares al año en alimentar a sus mascotas y no fueron capaces de invertir los 13.000 anuales que hacen falta para eliminar el hambre.
Hoy lo escuche en una conferencia por casualidad.
Pa que lo digas que non contesto...
Non creo que unha cámara nos separa da realidade. Sería un gran paradoxo. O que nos pode separar pode ser a nosa pel, xénero, nacionalidade, poder adquisitivo... Os reporteiros de guerra, isto non mo dixeron na facultade, supoño que necesitan unha tona de cinismo para sobrevivir.
¿Ilusión? Eu creo que nada é ilusión. Non obstante as vidas dos demais sempre teñen unha importancia relativa. É imposible abranguer toda a realidade e, por unha necesidade espiritual básica, tendemos a descartar ós que sofren.
Post a Comment
<< Home