London calling
Cando viña para escribir neste blog tiña a intención de analizar a anglofobia da maioría de nós dada a elección dos xogos olímpicos de 2012 a Londres. Tiña a intención de dilucidar se os petulantes franceses, os indesexables americanos, os xenocidas e antidemocráticos rusos ou os prepotentes madrileños merecían menos a nosa antipatía.
Admitiría que, por cuestións políticas, viría ben que a París lle concederan o privilexio e que sería negativo para España un maior centralismo ó redor dunha cidade tan chabacana como Madrid. Aínda que penso que, gracias á masiva chegada de estranxeiros, acabará tendo unha atmósfera máis agradable.
Pero agora que se pode dicir...
2 DÃxome dÃxome:
...o mesmo, se é o mesmo o que pensas
cando comezou o das torres xemelas, a miña familia foi testemuña de que prevín os dous seguintes ataques, e de que máis alá da pena, sentín o exemplo, un exemplo imborrable, indeleble
lembrei as memorias de Canetti, cando o seu amigo co que reunía no café moderno, despois de ler na prensa o bombardeo a Guernica, albiscou o que sería a nova guerra, os devastadores bombardeos de cidades
aquí pasa algo similar, creo
o control policial absoluto sobre a totalidade da población é imposible, sería insoportable, por outraparte, na mente do terror, de calquera terror, non hai cabida á noción de inocencia, gustaríame conservar na memoria unha entrevista que lle fixeron a un dos dirixentes do terror islámico? na cadea, non lembro as súas palabras, merda, si lembro a sensación dunha lucidez enferma, pero brutalmente efectiva, unha consagración á morte, e da morte, algo máis alá do nihilismo, para o que eu non tiña respostas
por outra parte resulta insultante o tempo informativo do suceso nos medios, a morte é o habitual en tantos lugares, canta xente irakí morreu víctima do terror dun e doutro bando, canta xente é víctima do terror económico, como dicía aquela canción Señor Matanza, ou aquela outra "bomba económica, bomba política"
é asombroso como se esquece a historia, con que celeridade demos ao esquezo os mortos das nosas guerras
guy debord é brutal no seu comentario sobre o terror como un elemento máis do sistema, fillo do sistema, a historia do terror é pedagóxica, ven a dicir, terror e sistema viven nunha simbiose perfecta, é asombroso ver as sinerxias, as ondulacións que produce o terror, e como o sistema se sirve delas, ou como é o propio terror ó que lle dá forma ao sistema e viceversa
hai que pensar que é o que nos ensina o terror e os seus comentaristas e os seus ecónomos, o terrorista é evidente que non ensina nada, ese artigo de hans magnus Etzsemberger, a linguaxe cero do terrorismo, moi lúcido, a vaciedade do pensamento do terrorista, de ónde vén, como chega a ser, e non precisamente clases humildes, senón clases acomodadas, universitarios moitos deles
quizais a enseñanza máis triste é o silencio, a culpabilidade
non deberíamos, creo, deixar que o terror nos corte o baile, precisamente porque iso é a súa pedagoxía fundamental, xunto coa necesidade de protección que snetimos anque non queiramos sentila e que se se masifica xustifica todo, absolutamente todo porque se une coma unha samesuga ao instinto visceral de sobrevivir
a tertulia política hoxe na Cope, con Cesar Vidal, para gravar, obscenidade moral a tutiplé
polo tanto agora, pódese dicir todo, de todo, por todo, a todo
e unha chocos, a pena, os gritos de dor, a dor, estarán sempre aí, dentro de nós,
unha aperta, bo e intelixente amigo, seguro que dixen moitas burradas, pensie que sempre digo "creo" e non "penso", é, supoño, porque non teño certezas, e eu que sei,
chao que despois bérrolle ao Senechal por escribir moito
por certo a min gústame moito Madrid, hai moito que non vou, pero sempre me resultou moi achegado, moi pouco pretencioso, será porque vivía en carabanchel baixo cando ía alá, hai 20 anos
Comparto a túa falta de escrúpulos respecto ó terrorismo e supoño que tamén compartes o meu escrúpulo polo luto. O único que quería sinalar era que a nosa anglofilia debía ser deixada de lado onte por solidaridade cos martes. Isto, obviamente, non vai quitar que a moitos de nós non nos guste que lles den os xogos olímpicos, ou queiran impor o modelo tacheriano en Europa, ou queiran sabotear a UE nun mercado que só lles sirva para exportar productos...
Estou dacordo contigo en que o terrorismo non debe ser un tema tabú. As guerras son algo menos romántico e moito máis cínico e sen embargo son "necesarias". Podemos compartir os motivos das accións armadas pero, necesariamente se queremos un mundo mellor, debemos rexeitar os medios.
Desgraciadamente agora o terrorismo é un medio para ocultar tantos temas e xustificar tantas barbaries... Como no seu tempo o foi o medo á URSS, como no seu tempo o foi o medo ós EUA. 1984 segue sendo un libro de cabeceira.
Só unha crítica ó que dis: Creo que debemos superar o medo ó fascismo porque se nos descoidamos podemos estar morrendo doutra doenza.
Un saúdo, meu choqueiro amigo.
Post a Comment
<< Home