Superable
Se despois de traballar durante de horas limpando e movendo lotes baixo os efectos perniciosos da resaca, de sufrir dores agudos e inexplicables no brazo capaces de facerche pensar en ir a urxencias, se a pesar de ter experimentado un forte medo á morte, unha dor aguda de cabeza, desilusión existencial, de chegar á conclusión de que perdín de maneira irrecurable a un dos amores da miña vida por unha torpeza no pasado, de cortarme varias veces e golpearme os xeonllos coa mesa, de ver como a suxedade non marcha nin por asomo, de sentirte canso durante todo día, de chamar a unha amiga e case chorar no medio da rúa por ser esta unha semana perniciosa, de ter baixado 6 veces a tirar o lixo e soportar sensacións fedorentos nunca experimentadas, de encontrar sempre unha última mancha escondida e outra peza de roupa que non recollera, de cargar coas bolsas polo ensanche de Santiago, de ver como o ceo se escurecía e me dicía "vaite abaixo xa, esvaécete polo sumidoiro", de ver como non son capaz de controlar o meu peso e que todo mundo disfruta sinalándomo, de dores de espalda, de tremores nos brazos polos grandes pesos carrexados, de perder a oportunidade de matricularme para o vindeiro ano na escola de idiomas, de sentirme moi so nun piso baleiro nunha cidade baleira un domingo.... Se despois de todo isto sobrevives só cabe alegrarse, atopar un regocixo interno e e andar a rolos por el, afundindo a cara na lama da victoria. Nunca un solpor saberá tan ben e nunca un novo mencer será tan agardado. Dicía Denis de Rougemont que Tristán non amaba a Isolda senón os obstáculos que se interpuñan entre eles. ¿A vida é como o amor? ¿Son os días duros os que posibilitan a nosa felicidade?
3 DÃxome dÃxome:
Umms...
máis ben non, pero o ser humano ten que consolarse con algo.
Todos buscamos os nosos opiáceos. Uns recurren á relixión (o máis doado), outros á política, a literatura, ao amor...
A vida ten os seus altibaixos. E Santiago (falo por experiencia) pode botárseche enriba cando te sintes só.
Mais sempre hai alguén a quen recorrer. Non é a panacea, pero pode axudar algo.
Ánimo, Nadador. Se todo saiu tan ao revés, consólate pensando que non pode ir a peor, e que toca subir na roda da fortuna.
no somos nadie ...
Ese camareiro de Xixón que un día che serviu unha coca-cola ten no último disco unha canción estupenda que ten como estribillo e idea central unha frase que é algo así como: "y ahora tengo un plan, consiste en sobrevivir".
Ocorre que as veces a vida carece de sobresaltos exemplares: atópaste cun amigo que non viches en seis meses e che parece que non tes nada novos que contarlle porque non ocorreu nada esaxeradamente bo, nin malo, nin sorprendente. Entón hai tantas razóns como as que ti expós para crer con razón que a vida é unha trapallada á que darlle continuidade por darlla. Unha cama sen facer. Pero tamén hai outras tantas razóns para sentirse ilusionado e activo, dono dunha vida digna. A min pásame así: semanas de gloria, semanas de asco, semanas correntes, sen que teña moi clara a diferencia real entre unhas e outras.
Ao fin e ao cabo, sobrevivir non é un mal plan para comezar.
Post a Comment
<< Home