Si, vou falar dos resultados electorais
Touriño presidente. Parece o nome dunha pilícula...
Onte estaba co ánimo un tanto sinistro, como é natural todo este mes e os xuños en xerais, cando o meu compañeiro de piso dixome de ir celebralo. Díxenlle que non. Vinte minutos despois baixei a súa busca. Logo cruceime con outros amigos e volvín á Praza Roxa. Habería uns cen rapaces con bandeiras do PSOE e infiltrados puretas do Partido. Un ambiente moi tranquilo. Como se se gañase unha partida de Trivial e o houbese que celebrar con moderación. Os coches pitando e atravesando a Praza Roxa...
As cousas na Quintana foron máis espontáneas. ¿Un pouco máis viscerais...? Tamén, é posible. Pero a xente estaba contenta, coreaba lemas denunciables por Acebes e bebíase con sentidiño... A maioría dos locais emblemáticos da noite compostelá estaban pechados e a xente non se animou moito. Exames, a previsión do xa feito... Dádelle vós a explicación.
Cada vez autoconvénzome máis de que as revolucións son tranquilas e os cambios aparentes e falsos veñen acompañados de bandeiras e lemas grandilocuentes. Fagámolo ben entre todos desta volta, levámolo moito tempo facendo mal.
2 DÃxome dÃxome:
Boas, caro.
Pena que non che vira na Quintana. Estiven por chamarte, xa que supuxen que andarías por aí, pero tiña o mobil sen batería.
A ver se quedamos un día para celebrar isto.
Bicos mil
Boas. Levo xa un tempo lendo con certa asiduidade as túas sagaces reflexións neste blog, ou medio cibérnético, co que sendo franco, non estou moi familiarizado. A tua capacidade analítica dos máis variopintos feitos ou acuciantes problemas da actualidade política lémbrame o meu querido Kagan. POr outra bando o teu estilo ten un notable paralelismo co diario O oficio de vivir o oficio de ser poeta, de Cesare Pavese. Obra moi querida, moi lida, mais nunca entendida polas adolescentes estudiantes de xornalismo, todavía estancadas no discurso pseudofilosófico de Kundera, en Carlos Casares e na proviciana poesía española dos anos cincuenta.Preguntome se serás alguén atractivo de todos modos, sendo tan intelixente tanto me ten. Gustaríame coñecerte máis de perto, xa que teño un físico bastante similiar o de Corina Porro. Xa pra rematar, somentes manifestar o meu total descordo coas manifestacións de Piqué. O PP, a de loitar contra estas hordas bolcheviqueras que nos ameazan. recomendo a lectura do pensador neoliberal Faderico Jiménez Losantos. Sen máis unha aperta.
Post a Comment
<< Home