Parabéns (para min)
Hoxe, sabedelo os que me coñecedes, é un día especial para min. Polo menos iso marca o calendario. Dúas persoas felicitáronme hoxe e dáse a coincidencia de seren dúas mulleres importantes na miña vida e as dúas por SMS:
A primeira é unha curmá miña coa que vivín no meu primeiro ano en Compostela e pola que teño unha especial predilección. Non escolleu a mellor hora para facelo, 9 da mañá, pero que se lle vai facer... Ela pasa por un mal momento trala morte do seu pai, o meu tío, hai poucas semanas. De feito non vai mañá a unha comida de curmáns que celebramos antes da voda doutra curmá o próximo sábado en Santiago. Con só 33 anos tivo que afrontar dúas operacións para curarse dun cancro, anos no paro, un pai de saúde renqueante e con graves problemas persoais, a deseperación... Finalmente saiu a frote, comezou a ter algún traballo fixo e agora conseguiu un contrato indefinido e ben remunerado no aeroporto. Cando parecía que a vida lle daba un respiro morreu o seu pai e veuse especialmente afectada diante do cadaleito. Seguramente para o meu tío sería peor vela morrer a ela tan nova que o final plácido que tivo.
A outra felicitación foi a do meu, digamos, "primeiro gran amor". Non acabamos da mellor maneira e os dous somos demasiado diferentes como para ser amigos e non fomos o suficiente parecidos para seguir coa nosa relación. Supoño que todo o mundo cando rompe con alguén pasa por diversas etapas: odio, mono, medo á soidade, idolatría, indiferencia... Eu pasei por elas varias veces.
Ó ler o seu SMS, unha sinxela felicitación de 3 liñas, eu puiden ver moitos rasgos do seu carácter e como 4 palabras máis ou menos protocolarias poden definir a unha persoa se a coñeces o bastante. Sinceramente, non desexo recuperar o pasado nin que volvamos ter unha relación fluida como amigos, pero, nesta semana triste como tantas outras, sentín que sempre nos unirá unha cadea forte e fidel: a memoria. Non lle agradezo os bos momentos nin lle recrimino os malos porque a lembranza é, por definición, mentireira e interesada. Agradézolle tódos eses rasgos de carácter, reaccións, acenos, expresións e xeitos de ver a vida, malos ou bos, que quedaron en min e eu chamo "rasgos fatimescos do meu comportamento". Si, meus lectores, as persoas importantes non marchan nunca porque quedan debaixo da nosa pel. Ogallá me atope a alguén así no que me reste de vida. Parabéns para min por coñecelas.
PD: Un agradecemento a Frijolito por ser especialmente pacente comigo esta semana.
2 DÃxome dÃxome:
Felicidades, malvado Nadador. Aquí tamén foi o santo doutro Juan, o noso paterfamilias, celebrándose alla maniera galaica: paparota descomunal, con churrasco, empanadas de sardiñas, tortilla, torta de queixo, dous tipos de tarta de chocolate, champán e café.
(indixestión tremenda hoxe, claro)
Vexo que estás nostálxico. No tema fatimesco, alédome de que poidas enfocar as cousas xa en perspectiva. Os sentimentos sempre son difícilmente racionalizables.
Ao final, e como dicían os Beatles, quedamos conque 'And in the end / the love you take / is equal to the love / you make'. ¿Ou non?
snescal, ou sncl, ou se mescal, ou pssse nestle, ou x
ABÚRRESME
unha de chocos,
e menos parafernalia comparatistomarxista
e un abrazo de oso amoroso
Post a Comment
<< Home