Hai que votalos (especial eleccións): Feitos para a reflexión
Xa falta pouco (menos mal) para rematar este especial e, quizais, espertar e ver que o dinosaurio xa non segue en San Caetano (adicado ó pai de Sálvora).
Gustaríame ofrecervos datos, cifras, feitos para movermos a votar polo cambio pero:
Son un lacazán e non me apetece andar a buscar por aí.
Coñecendo os visitantes que coñezo e vendo as visitas que recibo e como chegan ata min conclúo que xa ides votar ó cambio e que non sabedes escribir a palabra "votar" (si, amigos que entrades por google, é con "b").
Falemos, logo, de Fraga. Da súa última usupración vergoñante e patética dos medios públicos ó seu favor. Desa entrevista antes do Luar donte. O partido que despreza os resultados do 14-M pasa a Xunta Electoral polo escroto cando xa non hai tempo nin para reclamar.
Coma nunha obra de teatro ben tramada, o vello dictadorzuelo amosa as súas miserias espontaneamente en televisión cun xornalista asentindo e realizando as preguntas xa programadas. Unha actuación que recorda a actitude de nós, os galegos, perante o goberno da infamia que tirou o diñeiro europeo e español suficiente coma para poñernos a altura de Francia ou Alemaña. Noutros países foi así. Se as enquisas non se soen equivocar ( e soen facelo aínda que non tanto ) gustaranos ensinarlle a Fraga que é a democracia dende a oposición.
2 DÃxome dÃxome:
Boas, Malvado Nadador.
O Conde d Paço Tristâo visítache outra vez, despois de ver o descoidado que o tes, que non lle respostas ás súas respostas. Refírome neste caso ao post sobre "banana joe" e portadas horribles que tes por aí.
Xa vexo tamén que che visitou 'Panero', ao que sí tiveches ocasión de respostarlle.
¿Qué pasará mañán? Esperemos, como dis, que cando espertemos, o dinosaurio xa non siga aí -ti tiñas ao respeito un microrrelato que nos recordaba o horror fraguiano en San Caetano, agora centrado en aquelarres no Monte Pío.
Por se acaso, necesitaríamos acumular caixas de Prozac (e menos Platón; os clásicos consolan, pero non o suficiente; as drogas son máis efectivas, alomenos a curto prazo).
Unha aperta.
Conde d Paço Tristâo
P.S.: xa que estou, aproveitarei para facerche publicidade do meu blog: http://cortedecamelot.blogspot.com/Pasádevos cando queirades.
HYNMGOOLA! EU SOLO SON UNHA SIMPLE RAPAZA DE 15 ANOS KE BAILA UN GHUPO DE BAILE GALEGO, PEO VEXO KOMO A XENTE QUE ABRAIDA KANDO NOS VE, NIN QUE FORA UNHA COUSA TAN RARA VER UN GRUPO DE BAILE NA GALIZA CANDO ANTES VIANSE A MONTONS, PARECE QUE A XREENTE NON SE ACORDA OU KE YE LAVARON A CABEZA CON IDEAS ABSURDAS.
Post a Comment
<< Home