Thursday, June 09, 2005

Hai que votalos (Especial eleccións): Tirrorismo e pitonismo

Estaba a ver hai un rato unha reportaxe sobre a época de Nixon e como este aproveitou a rendición que a xuventude americana fixo ante as drogas e a psicodelia ofrecendo unha nova orde. A entropía... Estou un lendo un libro, a miña preguiza creo que me vai a obrigar a deixalo, no que afirma que unha característica definitoria da vida é que a vida reduce o nivel de entropía. As civilizacións xurdiron coma iso e non poden perder esa función. Outra cousa é que os seus líderes actuen de maneira irresponsable empregando o medo coma arma para manterse o PP. Hai límites e creo que Fraga estaos transgredindo, conscientemente, cando di que co Bloque e o PSOE posiblemente chegue o terrorismo a Galicia.
Outras cousas que poderían chegar serían: a xustiza, o benestar, a dignidade, unha nova forma de goberno, a consellería de pesca a Vigo, catro turistas de Manacor, Plácido Domingo en concerto na Quintana, unha invasión de replicantes alienixenas, unha nova maneira de entender o bricolaxe ou a felicidade eterna. Ordeadas de maior a menor probabilidade.

Pasamos a outro asunto.
Corina Porro deduce que:
-Se Touriño promete a Consellería de Pesca de Vigo
-Paco Vázquez dá o seu ok
-A Bugui parécelle mal
Ergo
-A consellería é un regalo envelenado para Vigo porque
-Paco Vázquez pediría a capitalidade.
-Bugui ficaría triste.
Eu deduzo que:
-Se Torito promete a devandita consellería
-Paco Vázquez dá o seu ok
-A Bugui parécelle mal
é porque
-Vigo vai ser a capital da pesca europea (algo insólito)e ter unha consellería a unha hora por carretera é un pouco absurdo. E os pescadores de Viveiro, se xa teñen que conducir dabondo por esas carreteras infernais que don Manuel se preocupou que pasaran por Vilalba e non pola costa lucencse daralles igual coller a autopista.
-Paco Vázquez está contento porque os órganos oficiais son unha fonte constante de diñeiro para as cidades e se lle dan unha consellería a Vigo el espera sacar outra. (Se lla darán ou non ou se deben darlla é outro asunto)
-A Bugui non lle gusta que lle anden na carteira.
A pesar disto quero mostrar a miña admiración por Corina Porro. Unha muller que, a pesar do seu apelido, levou con gran dignidade e valentía a política antidroga da Xunta.
-

1 Díxome díxome:

At 1:24 PM, Blogger frenchchou said...

Deste post non me gusta a foto formal e apoloxética da señora Porro. Prefería algo máis informal, de batalla: inaugurando algo, colocando flores, practicando o seu bilingüísmo intermitente e esquizofrénico nas roldas de prensa...
E digo señora Porro con todo o respecto do mundo e sen animo de sacar proveito do chiste (aínda que sería moi gracioso que fose alcaldesa do Porriño).

 

Post a Comment

<< Home