Un poeta contemporáneo
Quen dixo que as letras da música POP/ROCK (son incapaz de reproducir ó idioma de Pérez Varela estas palabras) eran conachadas posiblemente contara con toda a razón do mundo. Dende os máis grandes coma os Beatles ("Ela quéreme, ela quéreme. ¡Si!"/"Vivimos no submarino marelo") ata os máis excéntricos coma O-Zone ("Amor baixo os tilos/Dragostea din Tei") ou Demi Roussos ("Triki, triki, triki"). Nada que ver coas letras dos tangos de Gardel como Volver (Sentir/que es un soplo la vida/que/veinte años no es nada/que febril la mirada/errante en las sombras/te busca y te nombra)
Sen embargo sempre hai excepcións. E non falo de Bob Dylan ou de Leonard Cohen. Jarvis Cooker, cantante de Pulp, merece entrar no noso parnaso. Aquí vai a letra, traducida daquela maneira, dunha das súas cancións máis coñecidas: Common People. Tedes máis letras aquí
Ela veu de Grecia, ela tiña sede de saber
Estudiou escultura na universidade de Saint Martin, aí foi onde a encontrei.
Contoume que o seu pai estaba forrado
Dixen que nese caso pediría ron con coca-cola
Ela dixo "ben" a 30 segundos despois contoume que quería vivir coma a xente do común
"Eu quero facer o que sexa que fai a xente normal, quero durmir coa xente normal
Quero durmir con xente coma ti"
Que podía facer? Dixenlle "Verei que podo facer"
Leveina a un supermercado
Non sei por qué pero había que empezar nalgures, así que empezamos alí
Dixenlle que aparentase non ter cartos, ela simplemente riuse e dixo "es moi gracioso"
Eu dixen: ah si? Non vexo a ninguén máis ríndose aquí
Estás segura de querer vivir coma a xente normal?
Queres ver o que a xente normal ve?
Queres durmir coa xente normal?
Queres durmir coa xente normal coma min?
Pero ela non entendía, limitouse a sorrir e colleu a miña man.
"Alquila un piso sobre unha tenda, córtate o pelo e consegue un trabllo
Fuma pitillos e xoga ó billar, faille crer a xente que non foches a escola
E aínda así non o conseguirías
Porque cando estés tirada na cama pola nite mirando ás cascudas rubir pola parede
Se chamas ó teu papi el pararao todo.
Nunca vivirás coma a xente normal.
Nunca farás o que fai a xente normal
Nunca fallarás coma a xente normal
Nunca perderás de vista a túa vida, e bailarás e beberás e follarás
Porque non haberá máis que facer
Canta coa xente normal, canta con eles e ó mellor faise realidade
Ri coa xente normal
Ri con eles aínda que eles se rían de ti e das parvadas que fas.
Por pensar que ser pobre está guay.
Quero vivir coa xente normal...
4 DÃxome dÃxome:
empezo a cansarme de ser o anonymous normal, o que a estas horas cando a xente normal durme, eu escribo normais comments que non comentan nada
o problema é nadador, que se escribes iso, ou traduces iso xa non es normal
nunca
e a túa defesa de iso: a xente normal, fofeuse viva porque, ningún deles diría o que ti dis, ningún deles, soñaría con ser o que é
así, o que desexas, ou o que defendes, ou o que amas, é un soño, algo que nunca serás
xa estás fóra meu amigo, cagáchela,
as túas palabras interfirirán sempre entre o que es o que desexas, non ter desexos
pode que teñas unha saída, describir a túa patria perdida, o que unha vez pudeches ter sido pero xa nunca
entraches na cámara escura das palabras, alí só podes facer as mellores placas, os mellores negativos, e soñar co que, se cadra, nun cruce de vías dos anos pasados, puideches escoller e non escolleches
puideches escoller iso, a vida que se ergue sen preguntas, a vida que responde aos pálpitos da vida
pero non foi así, e to sábelo
iso é todo meu, pasaches por riba do pau dos desafíos
o único que podes facer xa é baterte ata a estocata que te leve, o teu honor, a túa servidume
nadador, tamén sabes que tendemos a errar, se os nosos erros xustifican as nosas debilidades
quizais fale do que non enlata chocos
disculpa, veño de cear cun alcalde e varias mentes máis ou menos obtusas,
no ángulo aberto sitúo a miña
non a túa
gracias por esa soedade,
ou mándame a paseo
chocos for ever
Dende o cariño que sabes que te profeso:
Pode que non sexa normal pero dende logo non me creo "especial" por escribir nun blog, unha novela ou nunha servilleta.
Non comparto isto: " pode que teñas unha saída, describir a túa patria perdida, o que unha vez pudeches ter sido pero xa nunca
" Pode ser válido para ti pero dende logo non o é para min. Se tivese qeu escribir sobre iso preferiría non facelo.
"puideches escoller iso, a vida que se ergue sen preguntas, a vida que responde aos pálpitos da vida
" A vida non é unha eucaristía tráxica onde se aceptan os secretos revelados de Deus ou se negan. É máis complexa e máis sinxela que iso. A vida só é drama se o enfocas así.
"o único que podes facer xa é baterte ata a estocata que te leve, o teu honor, a túa servidume " Non, choqueiro, o único que podo facer é VIVIR e intentar ser FELIZ. E renegar daquelas cousas que mo impidan (chámense patrias, literaturas ou o carallo bendito)
Creo, sinceramente, que deberías plantexarte que é importante na túa vida.
o dos chocos di, completamente de acordo
eu tamén
por outra parte para min importante é:
a tortilla que acabo de facer e que nos comemos os catro da casa, rindo disto e do outro e falando das cousas
unha horiña que me pasei vendo xogar á miña nena e lendo anacos de lobo antunes, podería prescindir de lobo antunes...
estar aquí agora, sen outra pretensión que estar aquí agora
empezar a pensar nas cousas da praia, temos que buscar unha sombrilla nova, a que temos xa ten 15 anos
o primeiro baño do ano, non vexo chegar a hora de meterme no mar e xogar
algún paseo solitario de vez en cando
algún paseo ela e eu sós de vez en cando
recibir e mandar correos aos meus amigos
coidar da saúde dos meus
mañá mercar unhas sardiñas, uns pimentos de padrón, uns tomates da casa, unha leituga, patacas novas xa mas deixou a señora Ramona o outro día, e ver desaparecer da mesa un quilo de cereixas
tentar que os fantasmas que andan no meu cerebro pasen a mellor vida nun papel en branco, e facelo como o carpinteiro fai a mesa, que quede ben, que sirva, que sexa bonita, que dure... e poñer niso todo o empeño de que son capaz, para que saia ben, porque é o que me comprometín comigo mesmo a facer
in illo tempore, e se cadra é bo máis alá de min
poñerme stupendans baixo condicións etílicas de vez en cando, e dicir cousas moi serias, moi tráxicas, etc etc
despertar ao día seguinte, e saber que aínda sigo tendo amigos a pesar de dar a vara
cumplir co que me propuxen para este ano, rematar tres contos, meterme nun guión novo, escribir cun amigo thebiggalicianromance, se el quere, e o pasamos ben facéndoo
e tomarme a parte amarga do choio como a codia amarga dun froito, sen darlle máis importancia, porque despois cando escriba, vou estar ben, vou vivir ben e intensamente
polo demais coidar da vida, axudar no que sexa útil a miña axuda, tomar un nesttee no chispas de vez en cando, intentar construír en vez de desfacer, non causar amargura
e se fose posible non tomarme demasiado en serio, o que á vista do anterior parece bastante difícil
a verdade é que ben mirado no que puxen está o que creo importante, e que está nas miñas mans facer
que se lle vai facer
en canto a ser feliz, creo que é algo que non se pode buscar, quero dicir que non é posible buscar, depende de tantas cousas..., sucede, e cando sucede hai que ser feliz
unha aperta,
nadador, tamén sabes que tendemos a errar, se os nosos erros xustifican as nosas debilidades
dúas apertas
polo demais, non quería contrapoñer normal a especial, é outra cousa que quizais non saiba aínda dicir
kho nhạc chuông hay nhất miễn phí lớn nhất, hàng nghìn bài tải nhạc chuông miễn phí độc đáo dành cho tất cả các dòng máy
Post a Comment
<< Home