Friday, May 27, 2005

¿Botaremos de menos a tele?

Un estudio realizado a un grupo de mozos demostra que estes vense cada vez máis atraídos por internet, os videoxogos e os móbiles. En EEUU, un dos países onde Internet ten máis presencia, moitos adolscentes xa non ven a caixa tonta e prefiren os entornos dixitais. Din os sociólogos que por mor da maior interactividade, concede unha maior participación do usuario.
Finalmente conseguirase o que o 95% dos intelectuais e pedagogos do mundo pretendía: que non vexamos tanta televisión e, a poder ser, que tiremos con ela. Non deixan de ser estes novos sucubos imaxes en movemento nunha pantalla, tampouco se gañou tanto. Os quinceañeiros teñen en internet acceso fácil a Kant e a Vivaldi pero prefiren a Ana Kournikova e a Andy e Lucas (é certo, teño unha visión terrible da pubertade) e moitos nenos fanse enseguida mensaxes de móbil do tipo: "Ola estou aquí e non teño nada que dicir" ademais de ser precisos 9 sms para o que antes só facía falta unha frase (Exemplo: quedamos alí as 9) .
Teño que dicilo ou rebento: en certa maneira amo a tele. Para min é un membro da miña familia a pesar do vomitivo do 90% da súa programación. Algúns programas son para min o equivalente á bolería caseira para Marcel Proust. Se a tele dexenerou os seus contidos deberíamos pensar que nós dexeneramos con ela. É, sen dúbida, a arma comunicativa máis forte da historia (os libros non chegaron a todos aínda, a ver que pasa con internet) e se houbo un uso neglixente deles sería por culpa dos capitáns e non do barco.
Preocupame, en parte, a sustitución da tele coma raíña dos nosos fogares. A principal razón da miña inquedanza é que a tele é un elemento que unifica unha sociedade. A primeira vista os amantes da vosa individualidade reprocharédesme que ese pode ser o aspecto máis pernicioso do aparello. Pero imaxinade o seguinte: unha sociedade na que as persoas interesadas en A non se relacionan coas persoas interesadas en B. Teñen os seus propios chat, webs... Pequenas comunas de inviduas interconectados por un nodo só con tres ou catro individuos do seu entorno. Unha sociedade en rede. Dádelle á rede a connotación que queirades.

7 Díxome díxome:

At 8:01 PM, Blogger emereci said...

ti non falas da tele, falas da tele do século pasado. é dicir, non falas das series que ves en R e que só as compartes coa outra xente (de gusto A) que ten acceso ás mesmas canles televisivas ca ti, senón de cando TVE emitía (cun 100% de xeeer) a morte de Chanquete en Verano Azul. pienso de que.

 
At 11:50 PM, Blogger O Nadador said...

Emereci Mía, tú que eres niña, como yo douche razón en que a tele estase a estructurara tamén en rede pero non deixa de ser unha consecuencia das tecnoloxías e da filosofía que hai detras dela. E coincidirás comigo en que é máis fácil unir a un grupo heteroxéneo de persoas a través dun televisor que a través dunha web (hai que saber encender un ordenador).

 
At 11:32 PM, Anonymous Anonymous said...

como AQUI vas ler isto, ola meniña

e por outra parte...

queríavos lembrar aquela frase capciosa de Manuel Castells cando lle preguntaron polos movementos anti-globalización e a web, a resposta é das que hai que pensar: "Movense como peixe na rede."

quizais haxa algo disto, non?

unha rede de soños etc, pero rede a fin de contas.

por iso me interesan as accións públicas, son unha acción práctica, producen inquietude no poder, véxase Fraga reaccionando aos cortos de Hai que botalos.

aínda que por unha vez teño que darlle a razón, neses cortos sae
"a morralla e toda a porquería" ou "teño que dicir que calquera que as vexa vaille dar noxo"

en efecto, dá noxo, é estraño que ningún columnista, que eu saiba, utilizase esas palabras como facía Karl Kraus en "O Facho" vienés, volvéndoas contra o seu autor

choqueiro.

 
At 4:05 PM, Anonymous Anonymous said...

ola, non é por malas nin por boas, que hai de todo niso, é polo que din, polo noxo que provoca o que contan, que por outra parte era ben sabido, máis do desexado

o curioso é como o que frga recoñece como noxo é el mesmo, a súa propia obra, a súa voz, a súa imaxe, a súa herdanza, a súa morralla

ese é o sentido do que quixen dicir, nese lapsus, frg desvélase, como en tantos outros por outra parte

hai unha parte dos galegos que aman o autoritarismo, o macherío, esa cousa rancia, purulenta

o final de acarretar é terrible, conmociona, para min ese movemento de cámara entre a mesa electoral e o rosario do velatorio é o mellor de todos os cortos, do que vin ata agora, non dá lugar á risa, deixa ao espectador incómodo.

sería moito pedir que Monsier Riendoleur, desde a súa perspectiva de lector de Indepen... day, hai que ter valor, nos deleitase cunha crónica electoral

entendería que lle aborrecese facela.

chocos en tinta para todasos

 
At 10:38 PM, Blogger O Nadador said...

Supoño que será o meu sino... pero ata me sinto excluído do meu propio blog. ¿Quen é o Mr. Riendaire? Polo que a min respecta creo que algo canto máis terrible máis necesita dunha gargallada terrible, desarraigada e escura. Tamén é rirse aínda que non sexa pasalo ben.

 
At 9:11 AM, Anonymous Anonymous said...

rien-a-dire es tu, claro ;-)
para gustos: risa como lluvia furiosa o silencio.

 
At 9:59 AM, Blogger O Nadador said...

Excusez moi, je suis le nageur.

 

Post a Comment

<< Home