Tuesday, May 17, 2005

Un día para Galicia

Noraboas ós letristas galegos: hoxe é o voso día. Dicía a miña nai que había día da nai porque os outros 364 días do ano eran para os fillos. Tampouco hai día do rico, nin do orgullo heterosexual nin da raza branca. Si hai, sen embargo, día da hispanidade, para que os indíxenas sudamericanos e os descendentes de escravos africanos non se cansen de agradecernos o seu descubrimento, e 4 de xullo así que algún rosmón de por aí podería dicir que os ricos tamén van de troula e fachendean da súa felicidade. Deixémolo en que as festas que aluden a un concepto (día do Pai, día da Nai, día da Reciclaxe, día contra os Malos Tratos, día da Muller Traballadora...) son unha reivindicación dunha debilidade, dalgo que vai mal (ou que algúns din que vai mal porque non sei quen elixe eses días) e por iso atopo totalmente axeitado adicarlle un día ás letras galegas.
Pensei en rematar aquí o post pero quedarían por comentar os asuntos de rigor. ¿É bo ou malo que sexa festivo? É malo porque os profesores filonacionalistas pagados pola administración pública non poden sacar ós seus nenos con pancartas (sintoo pero vexoo así) e é bo porque nun dos enclaves industrializados onde menos se le no mundo e só se publica un 15% dos libros en galego (por non falar do que realmente le a xente que son os xornais, internet e os anuncios da televisión) ninguén sabería que hai letras galegas.

3 Díxome díxome:

At 6:39 PM, Anonymous Anonymous said...

ola inxenioso!!

cheguei onte de Euskadi, cun pouco de ira controlada pq me enfadan, esa xente está moi ben organizada e teñen ikurriñas por todas partes e nóooooooossss jooooooo!! :(

ben, lembrei o teu blog e tamén o de AQUÍ. vinos os dous. propúxenme ler todos os post pero, claro, unha vive con certa impaciencia, así que botei unha ollada xeral e rin máis do que esperaba...

volverei. m8s bcs :P

 
At 6:57 PM, Blogger O Nadador said...

Espero que as risas non estén motivadas pola miña mala ortografía.

 
At 10:54 AM, Blogger O Nadador said...

Os grilos non deben beber.

 

Post a Comment

<< Home