¿Por que?
¿Por que só me sinto motivado a escribir cando estou a disgusto co mundo? Preferiría adicarme á orfebrería lingüística e ó culturalismo elitista. Esa dependencia da desgraza allea e propia faime supor que debo ser un individuo bastante fatalista. Un corvo negro a voar en círculos sobre a podremia.
Acaban de contarme que morreu unha persoa descoñecida, á súa vez, cuñado dunha persoa coñecida. Apareceu morto nunha leira polo que as sospeitas céntranse nun paro cardíaco. Morte entre as patacas. ¿No fondo é así de fácil? Wittgestein ou Mozart poderían ter falecido do mesmo xeito de optaren pola agricultura nun momento dado.
Patricia Highsmith escribiu un dos poucos libros que me animou a volver a escribir (non estou certo de que volvese facelo mais se ledes isto algo significará) chámase Suspense e está concebido para determinar as claves para construir un bo relato de intriga aínda que, como soe acontecer cos grandes, sempre pretenden algo e consiguen un resultado moito mellor. Relata, desde unha humildade, sinceridade, honestidade e amor impropias dunha estudiosa da maldade humana (non estou dacordo con esta frase que acabo de escribir) as súas noites en velas escribindo, os seus problemas cos editores, os seus bloqueos creativos... Exponse sen parapetos.
A tese do libro, sinto non telo aquí ó pé de min, é que se non te divirtes escribindo non paga a pena. (Cambiade divertir por disfrutar ou desafogar se me ides a lapidar por verlle o lado lúdico, aínda que reflexionade que é a afirmación dunha escritora de suspense). É tamén a miña tese.
1 DÃxome dÃxome:
moitas veces contrapoñen iso de escritura e vida, é algo que me sorprende, sobre todo, oílo de escritores. Evidentemente eu agora podería estar enlatando chocos, ou paseando no meu iate happynees pola ría de villajarcía que es puerto de mar, coa felicidade que iso me produce sobre todo o primeiro, é dicir, "vivindo", o que non sabe a xente, ou quizais si, menos elitismo, é a intensidade que pode ter o feito de escribir, e que ese tempo é vida, e moi moi intensa, non sei se feliz, ou triste, non me importa, o que me importa é a sobredose de experiencia que se produce cando as palabras ou a linguaxe aparece tatuada coma as personaxes de sandaman, na mente, cando as voces comezan a escoitarse cunha nitidez que mete medo. Onte o P. V. (isto para iniciados) lembrabame aquilo de dionisios a cabalo dun tigre, de Nietzsche ou como se escriba, (o nadador sabe que son disortográfico e incapaz de reter os nomes), a linguaxe é o tigre. Unha aperta a toda a "beira norte": Poema de Baixeras, que podedes escoitar en video na "biblioteca virtual galega". Polo demais, polo demais nada. Chao. Voumelle dar unhas ostias ao alcalde agora mesmo, iso será algo extraordinario e seguro que me cambia a vida. Seguro que si.
Post a Comment
<< Home