Historias de nenos pequenos
Ós nenos pequenos non lles interesa o mesmo ca nós. As películas de debuxos animados son boa proba das diferencias de criterio entre adultos e crianzas. Na nosa galería de xenios contemporáneos ocupa un lugar soleado e confortable o visionario que se decatou de que os adultos desfrutan máis deste tipo de historias ca os cativos. A razón é sinxela. Os seus guións son estremadamente clásicos ( analisade polo miudo Buscando a Nemo) e as tramas percorren a metraxe como frechas cara unha conclusión. Coma adultos temos conciencia da complexidade da existencia e fascínanos ver un microuniverso que se desenvolve e soluciona con claves tan inocentes. Ós nenos atráenlle outro tipo de elementos, refírome ós nenos non ós preadolescentes. Gústanlles os cangrexos que cantan Salsa, as cores brillantes e vertixinosas as situacións sen sentido. Efectivamente, os nenos son surrealistas e non foron escravizados pola poética aristoteliana e a narrativa canónica. Buscan a sorpresa e a emoción. En certo modo son poetas sen sabelo.
Unha imaxe que me turbou nestas últimas semanas foi a que publicou a autora de velaqui.blogspot.com na que sospira por ter a pericia dos nenos cando inventan un debuxo e sacan a lingua para concentrarse. Os nenos non nos pertencen. Rínse ata o delirio, coma tolos, de asuntos sen gracia e repiten a broma ata perder ó sentido. Tamén poderían matar sen remorso ningún, roubar e non se deterían por nada ata acadar os seus obxectivos. A historia do individiduo é a crónica dun proceso de doma e castración. Un proceso obrigado de supervivencia.
Non acabo de atoparlle relación ó primeiro parágrafo co segundo. Ó mellor vos lla vedes.
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home