Tan lonxe tan cerca
Lovecraft puido inspirarse na fábrica de Ence en Lourizán para describir algún dos diabólicos altares que malvados seres humanos, conspiradores con seres extaterrestres, erixían ós horrores do outro lado do universo. Predominan a perfección xeométrica con pirámides de astilla e metal, altas torres decoradas con círculos concéntricos simulando a idade dunha árbore e moreas de troncos creando un bosque sinistro. Supoño que todos saberedes que o cheiro é insoportable e só un pontevedrés pode ignoralo coma un quefacer diario máis da súa rutina.
Enfronte exactamente da fábrica está situado o Centro de Investigacións Forestais. Trátase dunha vasta finca que foi en tempos propiedades dunha saga de caciques, os Montero Ríos, e agora é un centro de estudio científico. Alí podemos atopar ducias de especies diferentes de árboras dispostas en harmonia e periodicamente podadas. É certo que moitos dos exemplares son talados, pero trátase dunha minoría. No centro a prioridade é a repoboación e na acera de enfronte a trituración.
A 5 metros das pilas de árbores da fábrica de hai catro castaños mal postos e retortos. Nin a estrada nin as obras da fábrica acabaron con eles. Na boca do lobo quizais sexa o lugar máis seguro que puideron atopar.
Por outra parte acordeime da reacción dos cidadáns alemáns ante os primeiros rumores sobre a existencia de campos de concentración que logo pasaron a converterse en campos de exterminio. Negaban a súa existencia. Estaban protexidos por un valado de incredulidade ríxida coma a do pazo do antigo Cuco de Lourizán. Uns poucos castaños retortos sobreviviron e comentaron cos habitantes das luxosas fincas o acontecido. So quedaba serrín daqueles que chegaran en camións un pouco antes. Cousas do azar supoño.
Por certo, detrás da fábrica do horror está o mar.
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home