Ó meu ordenador gústalle Barry White
Teño un programa para xestionar a música e organizarma un pouco. É moi mono porque o seu nome é monkey (juju e ruido de bananas). Pon un pouco de orde nas 1800 cancións que andan polo ordenador. Teño unha selección dalgúns clásicos básicos (176 en total) de cousas que me vou baixando e me van pasando. Hai cinco cancións nesa lista de reproducción que pertencen ao hai pouco finado Barry pero estas, por algunha razón, reprodúcense con moita frecuencia, cando o normal é que en 13 horas non se repetise case ningunha.
Ten especial predilección por I´ve got so much love to give. Nisto identíficome bastante con el aínda que moléstame que se queixe xa que habitualmente enchúfolle moitos periféricos USB e anda case todo o día por internet. Se non coñece a unha intelixencia artificial interesante será porque os seus circuitos non lle dan para máis.
Outras argumentacións paranoicas, moi miñas, apuntan a malvadas compañías discográficas que introducen virus nas cancións para que estas se reproduzan con máis frecuencia. ¿Terá Bush a Barry White no seu I-Pod? Se alguén veu a lista que mo diga.
¿Por que un tío ó que lle sobraban 50 kilos, negro e con cara de apapostiado o rei da sensualidade? Si, tiña unha voz moi grave pero que hai de sensual nun home cunha voz grave. Nunha muller un tono dulce e grave é realmente atractivo. Persoalmente a voz é un dos aspectos máis atractivos dunha muller. (Por iso amólame escoitar a miña voz de pastor aragonés) Teño unha amiga que é xornalista de prensa escrita e que ten a voz máis sensual que escoitei nunca. Aconselleille moitas veces a que se pasase á radio pero a ela gústalle escribir. Sarna con gusto non pica.
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home