Saturday, April 16, 2005

Un kit para vivir

Como xa comentei neste blog o dereito á morte resulta, na miña opinión, tan fundamental como o da vida. Máis incluso se cabe xa que un non pode escoller vivir e si morrer. En Bélxica, país onde está legalizada a eutanasia, venden un kit, baixo estrictos controis, que permite morrer a enfermos terminais de xeito indoloro na intimidade do seu domicilio. O kit só custa 60 €.
Os fans de futurama son bos coñecedores das cabinas de suicidio, perante as que hai longas ringleiras dispostas a perder a vida, no ano 3.000 en Nova Nova Iorque. A eutanasia ten pouco que ver co suicidio a pesar de que non deixa de ser un xeito de quitarse a vida por vontade propia. Sería unha equivalencia parecida á de Hitler ou Gandhi coa política: demasiadas caracterísiticas propias para entrar nesa categoría.
Estou dando voltas para dicir que me entristece vivir nun mundo onde hai un kit para morrer e non hai outro para vivir.

2 Díxome díxome:

At 4:53 PM, Anonymous Anonymous said...

nadador, a risco de que te enfades comigo ou non me entendas ben, teño que dicirche: a túa poesía delátate.

asinado:
a virtualmente incomunicada.

 
At 7:51 PM, Blogger O Nadador said...

Sinto dicirche que, virtualmente, non sei o que queres dicir pero os delatores sempre foron do meu agrado e a incomunicación pode deberse tanto ó receptor coma ós emisores.

 

Post a Comment

<< Home