Monday, April 04, 2005

Unha mente infantil

Chamoume moito a atención o que me comentou unha amiga miña o outro día sobre unhas nenas que facían danza contemporánea baixo na mesma "academia" ca ela. Espero reproducir con fidelidade o que dixo porque estaba un pouco aparvado (igual que agora) no momento da conversa. Díxome que se a profesora lle mandaba facer "un cadrado azul" (facelo bailando, claro) a resposta do adulto era de estupefacción e de non saber que facer. Sen embargo as nenas preguntábanlle á profesora: "podo facer unha liña roxa atravesando o cadrado."
Fíxome gracia porque con esa mesma amiga estiveramos comentando cales foron as series coas que mais desfrurtaramos. Eu dixen Doutor en Alaska e ela Sensación de Vivir. Despois dinme conta de que eu nunca me perdía un capítulo das aventuras de Brenda e Brandon e que, nesa mesma época, xa era capaz de apreciar os marabillosos momentos que se vivían en Cicelly. A culturización, por chamala dalgunha maneira, fai que non sexa quen de ver Sensación de Vivir pola mesma razón pola que podo admirar unha res enganchada nun matadeiro (o pracer de ver carne). Sen embargo a preadolescencia é un momento moi postmoderno onde baixa e alta cultura son apreciadas por igual e a imaxinación non está coutada por ideas tan estrañas como que o Cantar do Mio Cid é unha obra digna de estudio. Debo falar menos de series de televisión.

2 Díxome díxome:

At 9:28 PM, Anonymous Anonymous said...

hahahaha!

a amiga.

 
At 10:05 PM, Blogger O Nadador said...

Espero que sexan gargalladas de que che fixo gracia.

 

Post a Comment

<< Home