Un vello amigo
O outro día recordamos a un vello amigo meu. Un paraugas que me axudou a superar o diluvioso curso de 2001-2002. Despois de varios fracasos, pérdidas e roturas á primeira a miña nai enfadouse ante as miñas demandas dun paraugas grande e forte trouxo unha obscenidad parachoivas no que cabían tres persoas e cun mástil groso coma un carballo centenario.
Os meus problemas de molladuras laterais remataron. Tampouco é que vise moito de fronte nin ós lados pero evitei unhas cantas molladuras. Recordaredes que foron 5 meses sen parar de chover tódolos días. Tronzou varias veces pero tiña a sorte de que o señor que rexentaba a miña pensión tiña como hobby (aparte da súa horta na terraza) amañar paraugas. Arreglouno polo menos unhas catro veces. Unha vez camiño da facultade saltaron case todalas baleas deixeino detrás dun contenedor e cando remataron as clases volvín por el. Leveino a casa e sobreviviu. Ata que un día quedou feito un ángulo de 90º.
Dise que un amigo e un paraugas se deixan en calquera parte. Poucas obxectos foron de máis difícil renuncia que aquel. As veces as excusas ocórrensenos antes que os problemas.
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home