Monday, March 28, 2005

In the top

Envieille a unha persoa unha lista dalgúns dos meus libros favoritos. Tal como lle expliquei é algo que non me gusta facer entre outras cousas porque ás veces isto parece o fútbol ou a guerra cando un defende máis a un escritor determinado e outro contéstalle que fulano é mellor. Desgraciadamente entre escritores é algo moito máis acuciante.
No fondo os tops e as listas non son máis ca outra de maneira de meternos o capitalismo e a competitividade na cabeza en vez de disfrutar simplente das obras. Como ela afirmou que non coñecía moitas das obras e as ía ler supoño que teñen unha vertente positiva que é a de descubrirnos cousas interesantes. Aí vai unha lista, moi parcial e incuestionable por esa mesma razón, dalgúns dos meus libros favoritos.

Vargas Llosa----La ciudad y los perros
Torrente-------La Saga fuga de J/B
Martin Amis----Dinero
Julian Barnes---El Loro de Flaubert
Bieito Iglesias---Bajo las más bellas estrellas
Kurt Vonnegut---Matadero número 5
Orwell--1984
Kafka---El Castillo
Jack London....Contos
Milan Kundera----La insoportable levedad del ser

Quen se queira unir que se una.

3 Díxome díxome:

At 12:33 AM, Blogger emereci said...

Non dixen que non as coñecía, dixen que non as lera. Chulito. E si, encántanme as listas... case tanto como (a) Cusack/Hornby en Alta Fidelidade.

 
At 7:38 PM, Blogger O Nadador said...

Pídoche desculpas por terte calificado coma persoa.

 
At 7:54 PM, Blogger emereci said...

Iso tamén. Persoa seralo ti.

 

Post a Comment

<< Home