Tuesday, March 22, 2005

Para Noia

O tema a tratar será certa enfermidade mental. Xa vos imaxinades cal. Para evitarvos facer un chiste fácil e tirar o pouco respecto que vos poda ter xa fixen eu o chascarrillo coa miña orixe familiar.
Moléstame sobremaneira o emprego incorrecto do termo paranoia. Afortunadamente xa non está tan estendido como noutrora ( acadou cotas de oitava praga) o cal non me compensa os sofrimentos padecidos. Cando alguén di algo incoherente é unha paranoia, cando alguén ten un lapsus linguae ten unha paranoia, cando alguén ten unha corazonada ten unha paranoia, á manía molesta dalguén chamámoslle paranoia e así para seguir e seguir.
A paranoia, segundo Freud, o vienés non o dos supermercados (como vedes vos evito moitos chistes malos), é "un trastorno mental en el que el síntoma primordial es la extrema desconfianza hacia los demás; la personalidad paranoide llega a creer que los que le rodean quieren asesinarle. En la forma más grave, la psicosis conocida como esquizofrenia paranoide, el paciente puede tener alucinaciones en las que personajes históricos, mitológicos o religiosos se le aparecen y le transmiten mensajes, alucinaciones obviamente conectadas con los delirios de grandeza del paciente." (é certo non me apetecía traducir) Os síntomas principais da paranoia son
"patrón de suspicacia y desconfianza general hacia los otros, de forma que las intenciones de estos son interpretadas como maliciosas. La persona paranoica presenta delirios de grandeza y persecución, por lo que suelen ser autosuficientes y poseen una gran necesidad de controlar a los que les rodean."
Como paranoico alporízame a simplicidade verbal dos nosos concidadáns á hora de saírnos do cotián. Durante toda a miña adolescencia a xente que se ría detrás miña ríase de min, cando alguén miraba para min só era para indagar faltas en min que levasen á burla odiosa, o pasado verán cheguei ó estremo de case durmido escoitar unha voz (non me levedes a Conxo) cando descubrín que certos amigos meus falaban mal de min. Non me identifico con esa necesidade de control nin co autosificiencia pero si cun estremo sentido da lealtade, que, ás veces, redunda no beneficio dos demais. Son demasiado alto para ter delirios de grandeza.
A pena de non sufrir unha paranoia máis aguda é que non se me aparecen personaxes históricos. Deixademe uns días máis de Semana Santa e con algún me toparei.
O máis triste de todo, e supoño que é a razón deste post, é que non sexamos capaces de usar máis dunha palabra para definir os nosos impulsos e manías características e sen embargo teñamos un campo semántico estremadamente amplo en marcas comerciais, grupos musicais, actores e actrices, escritores, electrodomésticos, software e hardware... Como se non importasen.
Se usásemos unha enfermidade mental distinta para cada concepto determinado aínda tería un certo sentido. Por exemplo:
-Lapsus linguae (ou como raio se escriba) sería un "comportamento compulsivo". Deste xeito a frase correcto sería: "Non me fagas caso teño un comportamento compulsivo e ás veces confundo a Harrison Ford con Robert Redford."
-Unha manía molesta e sen explicación sería un proceso maníaco depresivo. "Sempre rasco o sobaco co peine porque son un maníaco depresivo."
-Unha corazonada ou unha intuición sobre algo ou alguén sería un síndrome de Korsakov. "Esa non che é boa rapaza. Non teño probas pero é un síndrome que teño."

0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home