Sunday, March 27, 2005

As ensinanzas da literatura

Unha profesora acercouse a un amigo meu, tamén profesor de instituto, e díxolle "Xa teño o último de Caride Ogando e teno todo: ecoloxismo, pacifismo, tolerancia, amizade..." A profesora tiña tódolos libros deste novelista galego que sempre promoven valores sociais positivos e teñen un certo ton de fábula ou conto moral (falo de oídas, sintoo). É moi popular nos institutos e entre moitos profesores por esa mesma razón.
Fagamos un experimento. Extrapolemos a situación a outro escritor. Por exemplo un clásico da literatura francesa:Ola. Xa teño o último do Marqués de Sade e teno todo: sadismo, sodomía, corrupción moral e política, zoofilia, abuso de menores..." Para que non se me acuse de ventaxista probemos cun libro aprobado polos moralistas máis contumaces: "Ola. Xa teño a última revisión de San Marcos Evanxelista e teno todo: incesto, violacións, torturas, descuartizamentos, parricidios, sodomía, asesinatos en masa, execucións...".
A reflexión vai ó fío de dúas cuestións, unha máis superficial e outra máis subterránea e ámbalas dúas importantes. A ras de chan ós rapaces non lles atrae a literatura que propón utopías morais. Si lles interesan as utopías rebeldes ou negativas. Pódelles interesar Orwell, de ter a suficiente conciencia política, pero non unha mensaxe máis positiva coma a de Caride. Prefiren que se lles revelen os defectos do mundo dos adultos porque iso fainos sentir máis partícipes que, e no fondo consiste niso, en que lles sigan dicindo o que teñen que facer. A min cando tiña 16-17 anos gustábame Buckowsky.
Por outra ¡¡¡¡¡ Deixémoslle de dar tanta importancia a literatura por favor!!! O conxunto das industrias culturais si poden ter unha importancia inigualable á hora de construir o pensamento dunha sociedade. Tamén podo admitir que a literatura anda por baixo da maioría desas industrias culturais mais, por favor, non sexamos misioneiros da cultura.

0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home