Friday, April 01, 2005

Conductos da ventilación

Na miña persoal e absurda guerra contra os tópicos televisivos abordaremos un dos máis curiosos e universais. ¿Que serie ou pilícula (flim) que se precie non tivo unha secuencia que se desenvolvese nun conducto da ventilación? Agora nun varrido rápido ocórrenseme Los Serrano, Misión Imposible I, Porkys, Os Simpsons, O Equipo A....
¿Que leva ó personaxe de ficción a meterse no conducto de ventilación? A maioría dos conductos dese tipo que coñezo en Galicia son estreitiños e, con sorte, cabería unha rata e das pequenas. Pode que a obsesión americana pola enormidade aplicada á totalidade dos elementos da creación os leve a instalar enormes reixas de metal nos seus edificios. Certamente a sensación de afogar pode ser inigualable nesas grandes urbes. Por outra ningún prisioneiro se escaparía dos seus secuestradores galegos. Non sei se isto é bo. Pero non me digades que non é satisfactorio esta victoria sobre os americanos.
Confeso que a pesar de que non me gustan os ambientes opresivos de tanto velo pola tele non me gustaría morrer sen colarme nalgún sitio polos conductos da ventilación. Se tivese o suficiente diñeiro construiria unha mansión onde se lle dése a opción ós convidados de vivir unha experiencia de Hollywood. Conformareime con ter unha porta.

0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home