Tuesday, March 29, 2005

Bouzas-Esputos-Codax

Hai enclaves que parecen compostos polo collage dun artista demente. En Bouzas hai un pequeno lugar no que en moi poucos metros cadrados coinciden unha igrexa de aldea, un centro de investigacións mariñas, a Zona Franca de Vigo, unha praia, unha ponte desanxelada, casas de pedra e torres de formigon, ademais dun cheire a peixe e a executivo co estadio do Rápido de Bouzas (o equipo de fútbol modesto máis coñecido de Galicia) de fondo.
No paseo marítimo, non pode faltar, había un señor que se asomaba á baranda e miraba ó mar. Ou iso pensaba eu ata que vin que da súa boca saía unha curva branca que desafiaba as leis naturais suspendéndose durante segundos. Recordan a esas palliñas que podemos mercar en calquera tenda de chucherías e que dinamitan o noso nivel de colesterol. A pericia salival do noso heroe non pasará a historia por non ter mellor cronista. Eu observei os seus esgarros longos coma criollos co mar de Vigo ó fondo, Martín Codax nunca veu tal cousas.
Mundo: non deixes de amosarme as túas marabillas.

0 Díxome díxome:

Post a Comment

<< Home