Saturday, April 02, 2005

Famosos

Estiven vendo un par de blogs do listado de blogaliza e todos tiñan o último post adicado a Karol Woijtila. Para que logo fachendeen de ateos. Linos sobre as 5-6 da tarde. Agora co corpo aínda fresco pareceríame indigno andar a fozar nas glorias e miserias no dictador dunha teocracia que sempre ía vestido de branco, coma James Brown, pero, supoñemos, non era tal Sex Machine.
Non. Vou falar dalgo máis transcendental. Quizais o máis transcendental: os famosos. E non desde un punto de visto tópico sobre se a fama é merecida, o problema de ser famoso, os cuartos de baño da súa casa... Imos analizar un fenómeno social asociado ó famoso. Calquera famoso, o que sexa, por estremadamente encantador e por moi carismático que sexa ten algunha persoa por detrás dicindo del: "Si pola tele é moi simpático, pero unha prima miña coincidiu con el nun restaurante e dixo que era un malencarado, que o tiña moi crido e que daba noxo só mirar para el." E por suposto a súa fermosura languidecía ante o ollar da realidade.
Recordo que cando quedei de accesit dun premio e me publicaron un libro (non é inmodestia é unha contextualización, non me gusta falar do tema) unha rapaza que non me coñecía de nada dixo que eu era un gilipollas e un creído. Pero é que nunca me escoitara sequera falar so se formara unha idea de min polo que lle contaran, o meu aspecto, as concepcións que tivera ela sobre escritores repipis... Quizais a pesar do que poda parecer haxa un ser humano intelixente detrás de Miguel Ángel Muñoz ou Leticia Sabater. Quizais.

2 Díxome díxome:

At 12:11 PM, Blogger emereci said...

un libro? que libro? quéroo

 
At 11:14 PM, Anonymous famosos said...

Famosos

 

Post a Comment

<< Home