Convento
O Museo do Pobo Galego é un edificio fermoso. Asocio, a saber o por que, a arquitectura tradicional a antigos claustros. Á pedra clarical e a unha tarde chuviosa. Os conceptos fórmanse no subconsciente, iso sabíano os surrealistas, non coa razón. Alí hai despachos suntuosos, grandes espacios, pedra vella e mobles de madeira de castaño. Case tódolos empregados son mulleres que están arrodeadas de moreas de libros, obxectos en desuso e sen contexto e inútiles para a eternidade. Levan batas brancas ( vaite a saber por que) e o silencio é máximo. As instalacións son grandiosas. Moito máis do que parece visto dende fóra. Ás vistas ó xardín evocan unha melancolía que nos gusta. O sol de outono da última hora da tarde. Pregunteille á persoa que me atendía que era iso antes. "Un convento". A verdade é que pareceume axeitado. Os conventos. Persoas illadas da sociedade, sen "producir", adicandose a cousas que só lle importaban a eles e os que os fosen visitar. É unha boa definición dun museo.
2 DÃxome dÃxome:
botaronme do emprego, a limpar chocos a outra parte, os conventos non producían pero eran donos dos medios de produción, un estado dentro do estado, o poder acumulado, económico, territorial, etc, só se pode comparar á acumulación de bens de producción da banca, e certamente, nos espazos reservados dos bancos hai un silencio semellante ao dun convento... Por iso quizais retiraron dunha exposición unha obra de María Ruído que contiña o seguinte texto:
Banco de Espacio (Barcelona)
Entre 1996 e 2004 a vivenda sube en BCN un 96%
Estratexias do sector en colabopración coa marca BCN: mobbing inmobiliario, expropiacións forzosas, alza de prezos...
Os bancos e caixas poseen no estado español o chan equivalente a 14 veces as Illas Baleares.
Realia (Caja Madrid+FCC) teñen unha reserva de chan de 9 millóns de m2 e un crecemento do 25% anual desde 2000.
A hipoteca supón máis do 50% dunha renta familiar media.
Só un pinchazo superior ao 30% da burbulla inmobiliaria podería afectarao negocio bancario.
En España constrúese máis do que en Francia e Alemaña xuntas.
O m2 en Barcelona excede os 4000 euros.
A actual burbulla ten a sua orixe nos baixos tipos de interés, convertendo a vivenda nun refuxio para o diñeiro inversor.
No estado español hai 3.000.000 de casa valeiras.
O incremento acumulado do prezo da vivenda desde 1997 é do 149%.
Si, hai palabras que provocan grandes ruidos ó rebotar nos teitos de tellados demasiado altos.
Post a Comment
<< Home