Cortaunllas
Interrumpín as miñas actividades habituais (sesta, comida, televisión, autoodio...) para adquirir un cortaunllas. A misión non se me prantexaba tan doada coma a compra doutro producto. Se alguén quere pescado vai á pescadería, e se alguén quere pan vai a panadería. Cando alguén pretende mercar un badeixo nunha xoiería sabe ó que se expón... Despois de varias consultas con persoas de certa sabiduría concluín que nun Cadena 100 mo venderían. Non só iso. Adquirín un "Cortauñas de calidad" por un euro vinte.
¿Cal é a diferencia entre un cortaunllas de calidade e outro que non? Quen sabe... Como saberedes os que coñezades mínimamente a miña obra saberedes que é un leit motiv na miña obra narrativa. Tanto coma elemento negativo (arma coa que se cometen diversos asasinatos e vexacións) coma instrumento sagrado ou detonante de acontecementos. A miña obsesión polas unllas vénme de familia. Os meus pais sempre estaban á espreita para soltar esta frase: "Meu fillo parece que vas de loito". Insistían no coidado das unllas coma uns nazis na pureza do sangue. Eu non sei como fago que sempre as teño suxas polo que procuro cortalas case a diario. Vénme a memoria un día que me fixei nas unllas doutro rapaz. Tal como predecira a miña nai tíñaas perfectamente cortas e limpas. Ser diferente nunca foi un alivio para min.
2 DÃxome dÃxome:
Ou ben é que pasas as noites limpando chocos, que fonéticamente é próximo ao que estás pensando pero non creo que sexa o caso. Fixeches ben, eu sempre uso o especial, e eu si limpo chocos, como comprenderás o uso dun cortaunllas especial é necesario no meu traballo. Un traballo curioso, se Spinoza pulía lentes e diamantes, eu tinta de choco e lura: así estou, coa mente un tanto escura, alourada, etc. O malo das diferencias é cando se xuntan moitas, porque entón empezas a parecerte a todo deus.
Só unha puntualización. Non te olvides dos esforzados manipuladores de Choco-Crispies. Eles tamén están vencellados a ti coma irmáns dun pobo elixido e saudoso.
Post a Comment
<< Home