A relatividade
Demo de relatividade. Non facía falla que viñera o Alberto Einstein a dicirnos que había. Amólanos dabondo cada día. Canto máis felices eramos cando a nosa nai nos dicía que eramos os máis juapismos ata que temos un irmanciño ou un/unha rapaz/rapaza nos fai saber que hai outro rei/raíña no noso corazón. Todo adxectivo é unha comparación, en esencia, unha discriminación dos obxectos en categorías. Trátase do apartheid semántico, a imposibilidade de ser Xaime Pita e a Catedral de Burgos á vez.
A gravidade aínda serve para algo. Voar e caer, en doses limitadas son actividades coas que pode un pasar un rato divertido. E a relatividade de qué nos vale... Complica a nosa vida sen necesidade. Crea unha ética ambigua que se xustifica a si mesma. O propio individuo, a validez da súa existencia abocado ó capricho da subxectividade e ó azar do universo. Os nosos amores e odios camiñan por unha liña recta algún día decidimos cortar por un punto e creamos un segmento. "Daquí para atrás o que amo.Daquí para diante o que odio. Daquí para atrás o que necesito. Daquí para adiante o que temo." Sei que minto. Sei que a relatividade deforma o tempo e o espacio e que podemos temer e amar á mesma persoa, querer esquecer un suceso e rememoralo constantemente. A relatividade tamén se ocupa diso da superposición de tempo e espacio. Como a nosa mirada percorre o tempo. Se a nosa mirada cambia co tempo quen acabamos sendo? O camiño da vida ou o instante presente. É unha resposta difícil (comparada con outros).
A arte, a literatura, o cine... Merece a pena a obra de Luis Buñuel (adepende de a quen lle prejuntes), merece a pena escribir (se che merece a pena, se te fai feliz, se serve para salientar a túa infelicidade, se che server para ligar con poetisas, se con iso pagas o piso, se vives gracias a....). Pagou a pena ter escrito isto. Un enigma irresoluble (ensinaronmo os relativistas). Hoxe foi un día, iso si, relativamente bo.
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home