Falco
Falco foi ata que faleceu un artista austriaco de gran éxito nos anos 80. Despois de Mozart é o músico máis recoñecido internacionalmente do país alpino. Precisamente o seu gran éxito, Rock Me Amadeus, é unha parodia do Salzburgués e da película de Milos Forman que obtivo varios oscars nos anos 80. O tópico de Warhol sobre a fama debería contar cunha versión xeopolítica: calquera país estará de moda polo menos durante algúns meses ó longo da historia.
Falco morreu prematuramente con 41 anos en accidente de coche. Este é o final da historia e o comezo do outra. As ecografías realizadas á súa nai antes dos seu nacaemento indicaban que tería xemelgos pero os médicos trabucáronse dúas veces primeiro ó dicirlle que tería xemelgos, tivo trillizos, e segundo, ó dicirlle que perdera ós seus fillos. Quedaba Falco. Dende moi pequeno mostrouse coma un rapaz tranquilo e afeccionado á música: un acordeón ós 4 anos, 14 de clases de piano ata que comezou a grabar cancións que destacan polo seu horterismo e mal gusto.
Wolfgan Amadeus Mozart, pola súa banda foi obrigado a practicar ata o absurdo no piano tutelado por un pai dictador. Por sorte ou por instinto da supervivencia xurdiu un dos grandes xenios da música. As súas pezas serven igual para que as vacas den máis leite como para que as prantas medren máis axiña. Unhas notas miragreiras, si oh.
Afirmar a coincidencia das biografías calificame de esaxerado. Crer en que dous individuos que aman a música, lle adican a súa vida e o seu traballo se ven recompensados e frustrados na mesma medida independentemente da calidade do seu traballo para min é dogma de fe. A vida non son as nosas paixóns, senón todo o que as circunscribe e compartimenta nunha breve historia de amor e noite. Rock Me amadeus!
3 DÃxome dÃxome:
boto en falta os chocos. Esas unllas negras de aspirante a drag.
Es moi intelixente, cando te darás conta. Que firmen aquí os que queiran demandarlle unha novela, ou o que sexa, a este nada-dor. Pallida mors aequo pulsat pauperum tabernas regunque torres. Disto entendo o último, Torres, sobre todo se é 10 e o tomo nunha taberna.
Para cando os quince minutos de gloria de Vanuatu?
Independentemente da túa evidente adminadversión polos estados da Melanesia, considero instrutivas e moi lúcidas as túas reflexións neste blog.
Walter Lini.
Vanuatu non precisa deses minutos de gloria xa que vivimos en Ban como Van os de Vanuatu. (Por certo, por razóns fonéticas en Vanuatu non hai turismos senón furgonetas (Van) e son grandes artesáns dos engranaxes das portas)
Post a Comment
<< Home