Mentres esperamos polo Papa...
Coa emoción, desbordada, de non saber o nome do próximo Papa infórmovos dunha polémica existente en Madrid despois da retirada de simbolos franquistas. Non vou incidir en argumentar contra o indefendible nin a preguntarlle a aqueles que cren que Franco é un personaxe máis do noso pasado se lles parecería axeitado unha estatua de Hitler diante da porta de Brandenburgo. A realidade obxectiva é que a retirada do monumento produce controversia. Sen embargo, no xornal de Pedro J Ramírez infórmasenos de que hai unha estatua de Lucifer e, claro, o PSOE non se queixou. O curioso é que os Opuseros do Partido Popular tampouco se queixaron. ¿Que dirá o novo Papa de todo isto?
0 DÃxome dÃxome:
Post a Comment
<< Home