San Lázaro
Do barrio de San Lázaro pouco ha de quedar de cando o meu pai e o meu tío ían a unha pulpería ó pé da igrexa. Nesa pequena capela celébrase a misa oficial do día da Garda Civil e da Policía de Galicia á que acudiu, este ano pasado o alcalde de Santiago, Bugui, máis o amigo, dos seus amigos, Pita.
As casas tradicionais de Santiago coexisten cos mastodónticos edificios de diferentes entidades de poder (Consellería de Medioambiente, sé do PP galego, sindicatos, Sergas, Igape...) . A súa arquitectura describámola, descreídos, coma funcional e de proporcións moi superiores ó seu valor social. Ou cando menos á misión que deberían cumprir. As casas da xente seguen a tradición e lémbrannos que toda cidade foi aldea (Salvo Brasilia quizais...) e outras coma Santiago ségueno sendo, agás para os que non naceron alí e non puideron marchar, fose para estudiar, rezar e o que fagan os funcionarios do Grupo A se é que realmente o fan. Eu atrévome, provocado pola memoria sentimental de Compostela e polos vencellos familiares, a reclamar unha crónica de Santiago. Daquelas persoas que naceron aquí e nunca tiveron necesidade de erguer a cabeza para ver a catedral ó saber da súa presenza por estirpe familiar, daqueles que van ver o autos lobelle e nunca pisaron o Tarasca nin o Derby e van os domingos ás tascas a comer os callos. No patio datrás, sempre alí, está a vida. Neste caso detrás do edificio Estalinista da Consellería de Medioambiente e dos seus mesóns tradicionais de deseño atopamos o mesón do cubelo con menú único a seis euros. O mellor arroz con zorza que probei na vida.
2 DÃxome dÃxome:
iso avísase, nunca poderei perdoarcho; por certo, é curioso o destino dos bairros de san Lázaro, os camiños do Lazareto; etc que hai en tantas vilas e cidades. Non hai tanto alí paraban os gafos, máis alá do río, na illa, no monte ermo e apartado. Creo sentir un eco moi lonxano de Foucault, comentando isto, e os manicomios, na súa historia da loucura. En Santiago ese lugar ocúpao hoxe o asilo de san Marcos. Lonxe de todo, mastodóntico, como unha chaga no horizonte. Prefiro non pensar no que acolle ou encerra, e nesa perversa decisión de ocultar a decrepitude aos ollos da cidade universitario-funcionarial-turística. Ao parque temático Compostela non lle acae o asilo. Algúns chegarán a vellos, deberían pensar en tomar a cidade, nas súas sillas de rodas coa bolsiña da orina, os andadores, a tristeza inmensa de verse apartados para sempre, no lazareto, verdadeiros desechables. E ben, hoxe os chocos tiñan a tinta negra demais. Pido escusas. Readmitíronme na conserveira.
É bo non andar desocupado. Parabéns.
Post a Comment
<< Home