Bieito Iglesias
Con horror e incredulidade reaccionei ó enterarme que algún dos meus amigos, grandes lectores e persoas con espírito crítico, non coñecían a Bieito Iglesias e a súa obra. Algo lamentable xa que na miña opinión é a pluma máis velenosa e lixeira desta parte do Oeste Peninsular. Déixovos con unha das súas columnas publicada no 2003:
Sondaxes
Visitei a un familiar no hospital e alí fálase de cateterismo, palabra fea de raio, case tan indecorosa como candidato. Os doentes libran pero os demais non saímos da tenda de campaña. O PSOE seica fai sondaxes diarias en Santiago e constata: 1) que na faixa de idade superior aos 65 preocúpanse da Seguranza (aquí apenas matan ou rouban, a crónica de sucesos morre de risa) e votan polo PP. 2) que a mocidade é, enboa dose, abstencionista. O 20,2% dos galegos ten unha longa restra de 64 tacos máis os que andou a gatas, de modo que boten contas. Certa parte da nosa populación considera qeu, tralas manifestaciós contra o chapapote e a guerra, vivimos xornadas de especial trascendencia histórica. Outro continxente non pequeno coincide na singular importancia do momento presente, porque en calquera baptizo de aldea se comen pasteis sen taxa e porque os alcaides da direita logo che regalan dous camiós de area pra tapar fochancas, cunha farola de propina.Chea de razós, a cidadanía gábase e queda coronando. Figuramos entre os pobos máis felices da Terra, cun índice ridículo de accidentes cardíacos e un apego notable ao subsidio de vellice. O subsidio é -non a lingua como pensaba Cabanillas- o noso escudo, o facho que nos guía polos roteiros da Eternidade. Neste sentido, cabe consignar unha sombra en bailadela tan ditosa: a esperanza de vida dos varós, que queremos rebrincar por sempre engarramos nos 75 anos(con 83, as mulleres non teñen queixa). Como me dixo un señor de idade provecta: "Se non nos privamos de nada, pra qué finar." Adiviñen por quén vota.
A poucos minutos da presentación do seu libro que serva como homenaxe.
2 DÃxome dÃxome:
non sei se apreciou vostede o tono entre Doyle e Dumas, co que describe ao noso ademirado Bieito XXI, diríase que é un grande espadachín, non teño dúbidas sobre a súa habilidade coa espada e o estoque, vistas as súas páx, e ben, a modo de celebración do agudo escritor, ergo a m´ña copa pois, e dada a miña deformación profesional, entenda isto como queira, brindo por el: ¡que corra o sangue, digo, que corra a tinta!
P.S. Estame facendo mal este traballo na conserveira, véxoo moi negro todo. Iso cabréame e saltan Chispas.
O povo (pronúnciese pofo) galego debería erguerse coma Ith e Breogán se ergueron da cama contra a opresión das conserveiras que ofuscan ós nosos grandes escritores. Salvo a Bieito claro.
Post a Comment
<< Home