Wednesday, April 27, 2005

As miñas razóns para estar en contra do matrimonio homosexual

Porque non quero que un día cheguen á miña casa uns ministros e me obriguen a casar cun señor de bigote que rexenta unha perruquería e berra coma unha cadela á que lle apretan a cousiña cando ve a outra maricona pola rúa.
Porque, de quedarse o país ( e o mundo) sen orfos, poderían roubarme os meus cativos para adoptalos eles e transformalos en invertidos.
Porque gústame ir de chandal e mal amañado por aí e non quero que ninguén me obrigue a ir á moda e a coidar o meu aspecto.
Porque non me gusta Abba nin os Pet Shop Boys.
Porque os nenos non saberían a quen chamarlle papá e a quen papá ( ¿ocórresevos algo máis triste?)
Porque non lle podería poñer os cornos á miña muller coa muller do veciño.
Porque non me gustaría que a miña filla se casara con un.
Porque xa está mal o de ligar como para que proliferen as lesbianas.
Porque destruirían a familia tradicional: entrarían nas casas polas noites e comerían os nosos cerebros mentres durmimos.
Porque farían moi complicadas as tramas das películas de John Wayne.
Porque teñen armas masivas soterradas debaixo da casa.
Porque non son humanos, son enfermos, teñen unha malformación xenética ou son uns viciosos e non se poden equiparar coma nós en dereitos (Estas razóns collinas de prestado do Programa Oculto de Mariano Rajoy e o PP)
Porque non quero que me obriguen a meterlle a cousiña polo cu ou a boca do señor con bigote anteriormente citado.
Porque a terra podería deixar de rotar.
Porque os chistes de mariquitas deixarían de ter sentido e, no peor dos escearios, comezarían a xurdir chistes de heterosexuais e iso faríame sentir triste e marxinado. Ademais a obra cinematográfica de Mariano Ozores quedaría obsoleta.
Porque os cregos, moitos xa velliños, non se aclarararían quen era a noiva e quen o noivo.
Porque Deus se pode cabrear, mandalos a todos ó inferno e pillarnos a nós no medio.
Porque nun seminario non pode soar unha marcha nupcial.
Porque disfruto amolando e arruinando o proxecto familiar doutras persoas que nin me van nin me veñen.

Aparte destas razóns, non teño ningunha outra para oporme.

2 Díxome díxome:

At 11:15 PM, Anonymous Anonymous said...

non podería estar máis dacordo co que dis

salvante que como accionista de Soeurvaseline SA as túas teses van en contra da miña economía

agora ben, estou disposto a renunciar aos meus ingresos por coherencia

iso supón que terei que seguir a limpar chocos, todo sexa pola tinta

 
At 10:11 AM, Blogger O Nadador said...

Non teño nada en contra de ningún dos tres dialectos do grego. Esté tranquilo pola súa empresa.

 

Post a Comment

<< Home