Desde Burela con Amor
Construimos a nosa vida ó redor de certezas que se erixen sobre pivotes de papel. Hai dous meses pareceríame incrible que alguén me predixese o futuro: "O día da ascensión do 2.005 estarás nun cíber en Burela". Porque teríao tomado por un falso pitoniso. Pois si. Ando por aquí.
A pesar da beleza real e descoñecida da Mariña, Galicia está construida a base de isolamentos, pouco coñezo esta zona. O camiño en autobús serve de preparación para a ruta transiberiana. Faise máis rápido o camiño Santiago-Madrid (vía Lavacolla). Supoño que ampliarei estas perspectivas de Burela no sucesivo (iso espero) pero polo dagora quédome coa costa escarpada cantábrica en contraposición das liñas suaves das miñas terras Barbantías (esta derradeira frase vai por o Sr. Anonymous).
Estou intentando pensar en xente na miña misma situación. Fulanos e fulanas que en pouco tempo visen a súa vida cambiada súpetamente. Por exemplo Bisbal: Estudiante de xardinería de Almería polo día, pola noite estrella dunha orquestra infame (a min todas mo parecen) en 4? meses pasa a ser o cantante máis vendido do país (500.000 copias nunha semana), a ser o máis imitado dos personaxes televisivos e nun ano pasa a recibir un grammy de mans de Jennifer López. Se me acordo dalgún máis farei unha segunda parte... (Acepto suxestións)
3 DÃxome dÃxome:
En espírito: é bonito (segundo as fans)
O conserxe do Concello do Porriño, crónicas do Atlántico e veciño de Salceda de Caselas irá este ano á voda da súa filla a Nova Delhi. Quen llo ía dicir hai uns meses!
E a min, que me ía dicir hai uns meses que ía escribir isto dende o mesmo asento que ocupo dende hai ano e medio e sen que nada realmente sorprendente pasase neste tempo.
Non sei cal das dúas cousas é máis extraordinaria.
Seguro que aconteceron moitos sucesos sorprendentes. A sorpresa está na ollada.
Post a Comment
<< Home