Thursday, May 19, 2005

Galicia é España e España é Galicia e Córdoba non é unha das dúas cousas

Non tiña previsto escribir nada cando un teletipo de última hora desfixo tódolos meus esquemas mentais.

Por otra parte, y preguntado por las declaraciones del presidente del PP, Mariano Rajoy, en las que sostenía que «España dejaría de ser España» si PSdeG y BNG lograsen alzarse con la Xunta tras las elecciones del 19 de junio, Fraga sentenció que «el señor Rajoy tiene razón».

Así, advirtió de esta cuestión «si se cumplen los planes que en este momento algunos están llevando a cabo», como los de «aceptar que los terroristas tengan la llave del Parlamento y del Gobierno en el País Vasco». «Esa España no es la que nosotros concebimos, la que quieren los españoles y la que se consiguió tras una admirable transición con una magnífica Constitución que ahora se pone en causa sin necesidad», alertó.

En referencia a la denuncia de Rajoy de que «se ha pasado de arrinconar a ETA a arrinconar al PP», Fraga aseguró que «desgraciadamente algo de eso hay». «Y esperemos que no siga», indicó el presidente.


A cita é da inefable Voz de Galicia, o noso medio de comunicación maís independiente, e mercenario. Unha análise lingüística, gracias Fina Díaz polas túas clases de sintaxe en 1º de BUP, esclarecerán este misterio.

Se Galicia foi de sempre unha comunidade arrinconada, con nula influencia na toma de decisións por qué un cambio de goberno suporía a desaparción de España. Unha primeira explicación, falsa e fantasiosa, diríanos que suporía un declinar definitivo da balanza a favor das malvadas forzas socialistas que encheran o país de constitucións e estatutos desmembradores de nacións e estados. Outra reflexión máis sensata levaríanos a pensar que, dada a fe a proba de bombas do galego no Partido Popular (corrupción xeralizada, candidato moribundo, vacas tolas, prestige, Xaime Pita...) un cambio político no noso país suporía unha fenda na realidade con efectos inesperados. É posible que o ceo caese sobre as nosas cabezas, os océanos se secasen, os teixugos se erguesen en armas e tomasen o mundo. Non é descartable, por tanto a desaparición de España. Tantos esforzos do independentismo galego e a resposta estaba no Bloque e no PSOE. Ironías.

3 Díxome díxome:

At 12:52 AM, Anonymous Anonymous said...

oe chaval/ que tal/ iso do rap/ non está mal/ total/ o que vai mal/ moi mal/ fatal/ amoniacal/ cal/ cal/ cal/ é o animal/ de manual/ e tal/ cal/ cal/ cal/ que manda na galicia provincial/ galaica provincial/ un tal/ manuel...

vaia... fodeuseme a rima

bueno seguimos con el/ que papel/ o do segrel/ a flor de pel/ o fel/ o mel/ o fel/ toujours o fel

con il/ feito ao pil-pil/ votan por il/ mil veces mil/en xuño ou en abril/ polo vello senil/ polo vello senil/ polo miño e polo sil

con ol/ vai de farol/ o caracol/ un sol/ mol/ mol/ mol/ ollos de ollomol/ da guarda a castropol/ méteo nun bol/ que lle revente o fol/

con ul/ alma de flan dul/ esta vez non ten o full/ desde o norte ata o sul/ vai tomar polo cul

o que é ter tempo... saúde e sigue pensando

por certo unha cita de Chateaubriand, (lembrei os blogs, cando pasei por ela, agora estiven volvendo atrás para atopala) pax 192 (libro V, capI, Memorias de ultratumba) "Toda opinión muere impotente o frenética si no es acogida por una asamblea que la convierta en poder..."

outros libros son inhabitables pazos, casas acolledoras, mesmo vastas xeografías e tempos, pero nunca lin nada semellante a este, as súas case 4000 pax, que en vez de desanimar a lectura fan que sexa imposible deixalo das mans, reler, penetrante, sen pedantería, sabio, emocionante

 
At 10:18 PM, Blogger Anselmo Cobirán said...

Se ha cumplido la profecía de Alfonso Guerra. A España ya no la reconoce ni la madre que la parió.

 
At 10:19 PM, Blogger Anselmo Cobirán said...

This comment has been removed by a blog administrator.

 

Post a Comment

<< Home