Tuesday, May 24, 2005

Reto choqueiro

Respondo ó meu amigo choqueiro e ó seu reto do anterior post:
Propóñoche nada-dor, que o próximo tema sexa, por enlasar con este, a monarquía, ou o tabaco nejro canario, o a odontolojía, que nas tres cousas hai máis coronas das que fan falta.

Había un chiste (brincadeira diría un do Bloko Nacionalista Galego) que bautizaba a Don Jaime de Marichalar como "O podólogo" por terlle quitado o callo ó Rei. Coma sabedes a podoloxía é unha rama da mediciña coma a odontoloxía. As diferencias son moitas e sinxelas de comprender incluso para min: cos pés non se come e coa boca si, hai dez dedas e moitos dentes, ós dentes non hai que cortalos periodicamente, meter o pé e meter o dente non son o mesmo... Hai estatísticas que reflicte que a maior parte dos fumadores de tabaco nejro canario teñen dentes e pés, velaquí a relación. Non me preocupa excesivamente a situación de apartheid do tabaco por ser negro e canario. Hai leis que o protexen e un entorno moito máis favorable á multiculturalidade nicotinaica. Saberedes xa, non vos deixedes enganar polos panfletos dos historiadores, que o gran motivo da 2ª Guerra Mundial foi a imposición do tabaco rubio ario á poboación e empregaron coma tapadeira o holocausto xudeu. A historia universal da infamia poderíase vender en fascículos diarios e non acabaríamos a colección.

5 Díxome díxome:

At 6:10 PM, Anonymous Anonymous said...

Boas!!somos dous alumnos de bachiller do instituto do son.non somos capaces de localizarche por iso che escribimos aquí.o noso traballo é sobre o porvir do galego e gustaríanos saber a túa opinión,xa que o noso profesor dixonos que escribías moi ben.atopamos esta noticia e gustaríanos saber a túa opinón sobre ela,se tes algo de tempo libre.
perdoe as molestias. ata pronto!!

Ao galego quédalle un século
Dous físicos composteláns predín que a lingua perderá falantes se se manteñen as circunstancias do seu estatus e que podería ser unha reliquia a partir do 2100.

A lingua galega esváese, e pode que no ano 2100 empece a ser unha reliquia. Iso é o que apunta un estudo científico que acaba de ser publicado na revista Europhysics Letters , do que son autores dous físicos da Universidade de Santiago de Compostela, o profesor Jorge Mira e o investigador Ángel Paredes. Ambos fixeron un modelo físico-matemático que describe a evolución, ao longo do tempo (desde 1875) da «pelexa» entre o galego e o castelán: explicando, con datos recollidos na Real Academia Galega, o número de falantes das dúas linguas en cada época, e así reproducen a situación real que se ten producido ata agora desde hai máis dun século. O modelo creado (que no artigo de Europhysics se detalla con gráficos e abondosas fórmulas de complicada dixestión intelectual para o profano) permite facer prediccións, «que pintan mal, posto que poñen ao galego ao borde da súa desaparición ao longo do século XXI», sinala Mira Pérez. Iso coas circunstancias actuais, que, se varían, poden acelerar a caída ou demorala.

O modelo creado traballa coa noción de «estatus de lingua», que é un parámetro que reflicte as posibilidades sociais e económicas que o falante percibe nos usuarios de tal ou cal lingua, e aos dou científicos sáelles que, no promedio sobre a poboación total, o galego é percibido como lingua de menor estatus. Nunha banda de 0 a 1, tería só 0,26, e o resto correspóndelle ao castelán.

Os dous físicos tamén introducen o parámetro da chamada «distancia interlingüística», que non é máis que o parecido que hai entre o galego e o castelán e que permite a aparición da situación bilingüe. De feito, e cos valores cos que traballan ambos científicos, «o bilingüismo tamén estaría no fío da navalla», di Mira. Nas gráficas percíbese que o o número de falantes de galego baixa inexorablemente ano tras ano, mentras que medra o do castelán. O dos bilingües alcanzou o seu cénit en torno á primeira década do século XXI, que é cando empeza a baixar. De seguir os parámetros analisados como están, a situación non cambiará, aseguran os investigadores composteláns.

A idea de facer este estudo partiu dun traballo aparecido en «Nature» no que se analisaba a situación de dúas linguas en competición (como o quechua co español ou o gaélico co inglés, que foron varios dos casos tratados), no que se aseguraba que cando dúas linguas compiten, unha extingue á outra. Mira e Paredes cren que non ten que ser así exactamente, e de aí a introducción da distancia interlingüística, que no caso do galego e castelán é moi similar.

Manuel González González, catedrático de Filoloxía Galega, responsable da Área de Socilingüística da Real Academia Galega e membro do Ilga, non é tan pesimista: «Hai que analizar moitas máis variables, esa visión que dan é moi esquemática, e se se mira polo miudo, fai augas». Recoñece que o número de monolingües en galego caeu «de xeito espectacular nas últimas décadas», e que se trata dunha «situación preocupante se non se toman remedios eficaces, pero non é irreversible». Este experto asegura que o galego, hoxe, «está mellor que o vasco hai vinte anos, e o vasco progresou moito como consecuencia dunha política lingüística determinada».

Máis e menos

González considera que non se poden reducir todos os datos a unha soa variable, «porque unha cousa é a física e outra, a realidade social. O galego vai a menos en certos casos e a máis en outros. ¿Cómo se sopesa? É moi complicado, pero o prestixio non vai a menos». Por último, di que os fenómenos sociais son moi cambiantes, e que «se se lle fixese caso a estas prediccións, o galego tería morto hai 20 ou 30 anos».

 
At 11:25 PM, Blogger O Nadador said...

Primeiro: Dicídille a David que vaia limpar chocos.
Segundo: Paréceme discutible que un programa feito por uns físicos poda predecir unha data máis ou menos fiable da extinción dunha lingua. Si creo axeitados os parámetros que escolleron ( a posibilidade de fusión/confusión co castelán, o prestixo social...) e marcan o futuro da lingua.
Inevitablemente tódalas linguas están avocadas á destrucción. Este proceso pode ter lugar por varias circunstancias: unha pode ser a imposición, outra pode ser a autoimposición... (disto que vos fale Davide). Eu creo que o que pasa en Galicia é un proceso de autoimposición do castelán porque vese o galego coma algo inútil que non conduce a nada. Calquera política ou medida ó respecto ten que pasar por un cambio na percepción da lingua e da cultura galega (algo que non me parece indisolublemente ligado ó nacionalismo)

 
At 9:52 AM, Anonymous Anonymous said...

Non está indisolublemente ligado ao nacionalismo, pero si á política. A autopercepción da lingua e da cultura ten que pasar por un cambio de política e de políticos.

 
At 2:38 PM, Anonymous Anonymous said...

Joao pequeniño:

algunhas só aspiramos a filólogas, non a xornalistas, pero sabemos perfectamente que jogging é a forma correcta (en inglés, non en galego) de dicir futin, q en inglés, nin existe.

de aí a ironía: fíxome graza que empregases o termo ianki, que ninguén emprega akí, en vez do... popular? futin.

Pero as ironías non deben explicarse.

 
At 4:21 PM, Blogger O Nadador said...

AH... gracias pola explicación da ironeia... Dos filólogos tamén se aprende.

 

Post a Comment

<< Home