Temas inconsistentes
Meus amigos, hai temas que veñen a min mais son coma pequenas faíscas que se desfán no aire e non dou desenvolto un post con eles. Un deles é a estraña relación que José Coronado mantén coas mulleres que aparecen no seu anuncio. Sempre son dúas e sempre hai unha estraña impresión de que todo o que din ten unha connotación sexual (iso ou que eu son un pervertido). Ademais de anuncio en anuncio cambian, viven na súa casa (ou polo menos parecen estar moi cómodas nela) e levan unha vida zen ("bio", indo por tendas chic con chorradas innecesarias coma antigüedades ou así...). A biografía dun individuo normalmente permite corromper aínda máis a estable e aborrecida visión que podemos ter dun personaxe. Imaxinade, por exemplo, que ese bon vivant que se monta menage a trois pola mañá, vai facer jogging despois e cea nun restaurante vexetariano estivera liado cunha folclórica bisexual que vai casar cun político corrupto de ultradereita. Bendita realidade por salvarnos do tedio de Aquí no hay quien viva.
5 DÃxome dÃxome:
o mellor de todo é o de jogging, no canto de futin :P
kén che dera ser Jose Coronado, kanto visio!
bks
ei, non quero ser el usuario anónimo! son a do casino do outro día, a que agora le o teu blog e o de Velaquí, lembras?
bks, baby
deixasme coronado, mira que non quereres ser eu, con tan bo ofisio que che teño, sempre entre tinta, o máis malo é que pensan que son gótico, porque levo as uñas negras, o que por certo me dá un prestige que non vexas entre a patulea de rapaces que levan esas caixiñas de morto tan ben pintadas nas mochilas, si ho, podería faser eu un anuncio así muller, pero en ves de iojures por poñer un caso, arandelas de calamar, bolsiñas de tinta, tentáculos, ou tentacús, e levarme a boca, vestido co meu mono, ou funda, branco todiño manchado coma eses dos voluntarios, levándome á boca, dijo, unha culler con arrós negro, tipo prestige, e as chicas habían vestir unhas blusas..., e unhas saias..., asules e brancas, e no horizonte veríase unha javota voar, como na cansión portuguesa, e despois sairía o sol como no projrama ese dos meniños, os teletubis, ola Nala,... ola Disi... e en ves dun bebé, na cara do sol, aparesería a cara de don Manuel Fraja, sen arrujas eh, ao natural, e nós os tres, as dúas chicas e eu, diríamos ahhhhhhh, e despois no cadradiño ese que tiñan no peito, que tamén nós o habiamos levar, ou qué, aparesería, sabedes o qué, o sobre, o sobre, o sobre, muller, o sobre, o sobre, ou ti xa non tes o sobre
mira que non querer ser eu, co ben que se está aquí, no turno de noite, co encarjado tomando o juisque e eu fasendo que encho latas de chochos, cunha ribeirana coa patela á cabeza, descalsiña de pé e perna
ala, ala, que anonymous non hai máis ca un, ijual que spiderman non hai máis que spiderman,
e falando diso aínda me lembro cando coñesin a spiderman, era en "spiderman contra anonymous", e spiderman estaba daquelas nunha crise desas que tiña, de tolear, e cantaba polos tellados de Riveira e Ajiño, "ai Sálvora, ai san visenteeee", ata que lle lansei unha caixa de chocosprestige á cabesa e quedou quieto, mirando para min con aqueles ollos, e díxome, "deixáchesme coronado", que ese era o gran tema que Mark Spick ou aljo así era, o que janou sinco medallas, nos propuxo nesta xornada, que pasará á memoria histórica dos blogs como unha unidá de destino no universal, por dúas razóns, que ajora que o penso xa non me acordan.
Propóñoche nada-dor, que o próximo tema sexa, por enlasar con este, a monarquía, ou o tabaco nejro canario, o a odontolojía, que nas tres cousas hai máis coronas das que fan falta.
ala a durmir, que eu aínda teño seis horas por diante, que lata...
Respóndolle a Sálvaro que Jogging é a maneira correcta de dicir footing (nunca llo digades a un inglés). Respóndolle ó choqueiro que acepto o seu reto e usarei eses temas que me propón.
Boas!!somos dous alumnos de bachiller do instituto do son.non somos capaces de localizarche por iso che escribimos aquí.o noso traballo é sobre o porvir do galego e gustaríanos saber a túa opinión,xa que o noso profesor dixonos que escribías moi ben.atopamos esta noticia e gustaríanos saber a túa opinón sobre ela,se tes algo de tempo libre.
perdoe as molestias. ata pronto!!
Ao galego quédalle un século
Dous físicos composteláns predín que a lingua perderá falantes se se manteñen as circunstancias do seu estatus e que podería ser unha reliquia a partir do 2100.
A lingua galega esváese, e pode que no ano 2100 empece a ser unha reliquia. Iso é o que apunta un estudo científico que acaba de ser publicado na revista Europhysics Letters , do que son autores dous físicos da Universidade de Santiago de Compostela, o profesor Jorge Mira e o investigador Ángel Paredes. Ambos fixeron un modelo físico-matemático que describe a evolución, ao longo do tempo (desde 1875) da «pelexa» entre o galego e o castelán: explicando, con datos recollidos na Real Academia Galega, o número de falantes das dúas linguas en cada época, e así reproducen a situación real que se ten producido ata agora desde hai máis dun século. O modelo creado (que no artigo de Europhysics se detalla con gráficos e abondosas fórmulas de complicada dixestión intelectual para o profano) permite facer prediccións, «que pintan mal, posto que poñen ao galego ao borde da súa desaparición ao longo do século XXI», sinala Mira Pérez. Iso coas circunstancias actuais, que, se varían, poden acelerar a caída ou demorala.
O modelo creado traballa coa noción de «estatus de lingua», que é un parámetro que reflicte as posibilidades sociais e económicas que o falante percibe nos usuarios de tal ou cal lingua, e aos dou científicos sáelles que, no promedio sobre a poboación total, o galego é percibido como lingua de menor estatus. Nunha banda de 0 a 1, tería só 0,26, e o resto correspóndelle ao castelán.
Os dous físicos tamén introducen o parámetro da chamada «distancia interlingüística», que non é máis que o parecido que hai entre o galego e o castelán e que permite a aparición da situación bilingüe. De feito, e cos valores cos que traballan ambos científicos, «o bilingüismo tamén estaría no fío da navalla», di Mira. Nas gráficas percíbese que o o número de falantes de galego baixa inexorablemente ano tras ano, mentras que medra o do castelán. O dos bilingües alcanzou o seu cénit en torno á primeira década do século XXI, que é cando empeza a baixar. De seguir os parámetros analisados como están, a situación non cambiará, aseguran os investigadores composteláns.
A idea de facer este estudo partiu dun traballo aparecido en «Nature» no que se analisaba a situación de dúas linguas en competición (como o quechua co español ou o gaélico co inglés, que foron varios dos casos tratados), no que se aseguraba que cando dúas linguas compiten, unha extingue á outra. Mira e Paredes cren que non ten que ser así exactamente, e de aí a introducción da distancia interlingüística, que no caso do galego e castelán é moi similar.
Manuel González González, catedrático de Filoloxía Galega, responsable da Área de Socilingüística da Real Academia Galega e membro do Ilga, non é tan pesimista: «Hai que analizar moitas máis variables, esa visión que dan é moi esquemática, e se se mira polo miudo, fai augas». Recoñece que o número de monolingües en galego caeu «de xeito espectacular nas últimas décadas», e que se trata dunha «situación preocupante se non se toman remedios eficaces, pero non é irreversible». Este experto asegura que o galego, hoxe, «está mellor que o vasco hai vinte anos, e o vasco progresou moito como consecuencia dunha política lingüística determinada».
Máis e menos
González considera que non se poden reducir todos os datos a unha soa variable, «porque unha cousa é a física e outra, a realidade social. O galego vai a menos en certos casos e a máis en outros. ¿Cómo se sopesa? É moi complicado, pero o prestixio non vai a menos». Por último, di que os fenómenos sociais son moi cambiantes, e que «se se lle fixese caso a estas prediccións, o galego tería morto hai 20 ou 30 anos».
Post a Comment
<< Home