Mal gusto
A aberración que vedes en pantalla está extraída dunha web que contén un museo das peores portadas da historia. Esta ocupa o Ranking nº2 pero para min é imbatible.
O Mal Gusto... Algo difícil de definir pero, polo visto, fácil de identificar. Non comparto a miña propia afirmación (si, xa a fixen adrede para contradicirme)o mal gusto, a pesar dos Ratzingers é relativo. Incluso diría máis, soe haber máis unanimidade ó redor do bo que do malo. Se fago unha enquisa, de feito gustaríame que me contestásedes, sobre as vosas películas, libros e discos favoritos habería un abano amplo e reducido de artistas. De feito, a xente soe, por espírito tribal, posuír as mesmas referencias culturais positivas pero a falta dun canón sobre o negativo fai que non saibamos cál é o mal gusto.
Todo depende tamén dos niveis de decodificación de cada un. O pai dun amigo meu sempre que ía ó Videoclube alugaba unha película e "Banana Joe". A el non lle gustaban as películas que collía ó seu fillo (cine independiente, europeo) pero ó seu fillo si Banana Joe, máis que nada por que era un filme sen complexos. É dicir, a (verdadeiramente) mala literatura, o mal cine, a mala música está enchoupada de amor cara a arte. Tamén nelas están as bases, o esquelete dunha arte, a mellor maneira de rastrear as pegadas dun xenio. Nas obras moi formalistas a min fáltame amor, paixón é todo tan calculado, no fondo, xa visto. A orixinalidade, a voz propia, non pode saír do virtuosismo. Dicía un premio nobel de mediciña que os seus maiores descubrimentos, e en xeral na historia da ciencia, foron realizados cando el era un ignorante con ganas de comer o mundo. A ignorancia é a nai dos grandes artistas. Estes frikis, penso, cando menos non se arredaron en medos e prexuizos á hora de saltar á area a pesar (estou seguro) da oposición de tódolos seus seres queridos. Prefiroos ó meu carón antes de que a todos eses monarcas de Parnaso Baixo que abundan nos círculos culturais e que se adican a presumir de ser choscos perante un grupo de cegos. Por iso, e por outras moitas cousas Ed Wood é unha película que sempre me emocionará.
Predicarei co exemplo:
Peor película: Non sei o nome, unha película de zombis que vin unha vez con 14 anos. A carne humana tiña tanta pinta de estar sacada da carnicería...
Peor libro: Non era un libro coma tal, era un conto que me pasou un compañeiro en COU que ía sobre un asasino que usaba un garfo e misturaba en partes iguais psicópatas, vampiros, satanismo, heavy metal... (se tivese que dicir o libro máis aburrido que lin "El Dia de la Independencia" de Richard Ford)
Peor disco: Cañita Brava, sen dúbida...
2 DÃxome dÃxome:
para min a mellor novela é "o limpador de chocos", parécese a esa peli portuguesa na que se ve todo negro.........
eu pasoo pipa cos productos cuturais de baixa calidade, por exemplo aquela temporada máxica dos slogans sanitarios da xunta: doa os teus riles; dálle un corte ao tétanos; ollo ao piollo; ao chegar a vigo había sobre a autopista uncartel inquedante: dona sangue...
as pelis de esteso e pajares da transición vistas hoxe son absolutamente surrealistas, non creo que se poda "imaxinar" maior disparate, outra cousa é que deben ser consumidas en pequenas doses senón enferman a calquera
non podo sinalar libros tediosos porque non lles dou a oportunidade de que me aburran, pero si comezos tediosos, que ata aí chego: o triangulo inscrito na circunferencia; arredor de si ten algunha paxina memorable, o resto é dun aburrimento insoportable; a partir da segunda pax de calquera monólogo de nano; os artigos de prensa de cela; idem de García Sabell; a filosofía? de piñeiro; as crónicas de viaxe de saramago, sopor puro; quizais digo libros galegos porque nestas lecturas actuei con certa militancia, no resto quero pasalo ben e intensamente.... O que a veces ocorre con libros pouco recomendables, cando un se intala no disparate débelle ser fiel e disfrutar con aquilo que dicía buñuel cando era productor, antes da guerra, "más mierda", penso nos asesores editoriais de Dan Brown, mais merda, se un non é moi tiquismiquis, pódese partir de risa coas barbaridades que "pueblan este estraño universo" como no verso de Broges.
peor disco, algo de juan pardo, bravo por la música que nos hace mágicos.... á beira diso cañita é un encanto
agora que non me quiten bOnnie M ou como se diga, belfast, belfast...
e bueno, con "lo llamaban trinidad", téño chorado de risa, claro que tamén amo a passolini, a bergman, kubrick, e tdos me conmocionaron: saló; o septimo selo; 2001...
mañá libro, quero dicir que non traballo, debo poñerme serio a estas horas, pido escusas, escusas, escusas, pasado escribo desde a fábrica, se o cabrón ese sae a tomar o cubata, pronto comezará a pegada de cartaces e entón terei todo o tempo.
Bueno, eu son o fillo do da película "Banana Joe". Felicidades ao meu colega polo seu blog, consoante coa súa (sempre) ihnconfundible e irresistible estética (incluso weltanschung, diríamos para quedar moi ben).
A postmodernidade ten aberto, como saberedes, unha nova atitude cara os productos da "cultura popular" (para o blogueiro, McLuhan e as súas hostes; un servidor mira máis cara Jameson e filósofos franceses de escritos indescifrables). Ou o autraliano John Docker (de veras, non mo invento). "Banana Joe" e outros productos amosan, se non calidade no senso vetero-modernista (Pound, Eliot, xa se sabe...) uns textos de grande interese e incluso, de disfrute.
últimamente, estou facendo unha sesión semanal de pelis de bud e terence -xa vimos eu e 'panero' as clásicas 'dous super dous' e 'estou cos hipopótamos'. Non é imcompatible con 'Alphaville' de Godard nen coas miñas obsesións cos textos e adaptacións cinéfilas de Shakespeare.
Paz e Patacas
A ver se quedamos pa cear un día destes, Blogger Malvado. Eu convido.
Conde d Paço Tristâo
Post a Comment
<< Home