Un destino manifesto
Dise que Internet é o motor máis grande da historia no que difusión de coñecemento se refire. Eu corrixo a frase: Internete é o máis grande difusor de ideas da historia e algunhas desas ideas, incluso, poden milloralo. Pero non nos enganemos. A maioría das ideas que temos ó longo do día son banais, superficiais e outras superfluas... ¿Como explicar senón os entrementos bacuos que nos ofrece a rede? O último co que perdín o tempo é un programa de Excel que segundo o teu nome e primeiro apelido adeviña a túa profesión. Esta é a lista dos meus comentaristas habituais e coñecidos (xa empezo a ser endogámico coma a UPG):
O Nadador: Tirano
Aquí: Espiritista
Choqueiro: Drag Queen
Emereci: Analista Informática
Sálvora: Físico Nuclear
Un amigo meu saíu cantante de ópera e outro directivo de multinacional, un compañeiro de traballo ciclista, un poeta pedante da facultade de filoloxía bailarín gay, un exprofesor meu que foi bailarín gay co nome en galego sae como barman e en español especialista en xeratría, os meus compañeiros de piso carteiro e pintor de brocha gorda, os meus pais (na realidade profesores) pintora de brocha gorda ou estafador (ou banqueiro), os meus irmáns secretaria e gigoló.
Personaxes da nosa realidade galega:
Fraga: Espía, Pita: Camioneiro, Pérez Varela: Astrólogo, Cuiña: Presidente (xúrovos que non mo invento é o que sae no programa), Touriño: Taxidermista, Beiras: Varrendeiro, Quintana: home obxecto (que non me invento nada), Ana Kiro: garda de prisións, Gayoso: enfermeiro, Piñeiro: Perruqueiro...
Como vedes o éxito cos peperos é grande. Case poético. Á pregunta de se me sinto identificado co meu destino debo dicir que SI. De feito preocupame o cruel e pouco compasivo que me estou a volver cos demais. Nunca fun demasiado piadoso comigo mesmo e isto, inevitablemente, vaise estendendo ós demais. Prometo intentar mellorar niso. Por certo comparto profesión co cantante de Pulp.
Outra cousa que me chamou a atención é o excéntrico, ou mellor dito, o chamativo e identificable das profesións. Todos estamos arrodeados de persoas que traballan nalgo que non poden definir cunha palabra. A ficción industrial deformou a nosa percepción do mundo laboral. Por iso hai tantos alumnos en xornalismo e tan poucos en técnico de frío. Cando Cruise interprete a un tío que amaña conxeladores xa veremos QUE pasa.
Antes, como diría o Choqueiro, na aldea cadaquén tiña unha identidade moi definida pola súa profesión: o zapateiro, o muiñeiro, o carpinteiro... Agora cadaquén pode ter mil profesións a cada cal máis complexa e inútil. Antes o traballo dun producía obxectos intanxibles. Agora qué produce: a súa propia pegada.
1 DÃxome dÃxome:
érache o que me faltaba, por atallar as uñas xas vou deixar sen lavar, negriñas como elas están, mañá entro no turno de noite outra vez, asi enlataba así así asi enlataba asi asi, así enlataba que yo la vi
industria conserveira, industria conservadora
que alguén me busque piso en Berlín
alá vou trunfar, por fin atopei o meu destino, drag queen
reina de la noche, reina de la noche
estaba pensando que a realidade é tan disparatada como ese programa
perez varela, conselleiro de cultura
os titulares do correo gallego de hoxe, anos 50
instrucións para sentir terror: asomarse á mente do que redactou eses titulares
contemplar en plan naranxa mecánica a paco vazquez xurando bandeira, varias horas
os blogs son a rede onde o sistema captura os nosos odios, as nosas decepcións, os nosos sentimentos, a nosa pasividade
a rede creounos (a nós, os que escribimos aquí) á súa medida
dá certo vértigo coller ese camiño de pensamento, pero cómo non collelo
fantasmais, iracundos, narcisistas, poéticos, a sensible arañeira da rede alerta ao poder
é unha sabia decisión a de AQUI
xa está fóra, e iso faime feliz
unha frase estraña
Post a Comment
<< Home