Hai que votalos (Especial eleccións): Os eslogans
Poden cambiar moitas cousas nunha campaña electoral. Os mítines xa non son un exaltado enriba dunha tarima, non aparecen fotos a tamaño "Stalinista" do líder, os pasquíns, a decoración, a iluminación... mais sempre quedarán os eslogans (ou como carallo se escriba).
Comecemos polos máis populares. Eles queren "Máis". E o adverbio aplícanllo a calquera punto do seu poder: líder, goberno, infraestructuras, campo, tecnoloxías, vacas, diñeiro, poder, voz en Madrid, pesca... Paréceme o mellor dos tres porque é un eslogan que tanto vale para os adversarios políticos (máis caciquismo, corrupción, atraso, prepotencia, falanxismo, incompetencia, nepotismo...) e facilitar a labor de Quin e os seus mordaces chistes que a nenos e vellos fan rir; coma a filósofos ( máis Marx, Wiggestein, Platón, Santo Tomás...), coma a amantes do marisco do país ( máis centola, percebe, navalla, longueirón, santiaguiño...), coma a xubilados que miran as obras (máis paseos marítimos, máis recheos da ría, máis ampliación de beirarrúas...), coma ós amantes dos apóstoles (máis Xacobe, Pedro, Xudas...), coma ós seguidores de Doutor en Alaska (máis doutor Fleischman, Ed, Maurice, Holly...), coma ós apocalípticos (máis fame, máis morte, máis guerra...), coma ós deportivistas ( máis Fran,Mauro,Bebeto...), coma ós linuxeros (máis gnome, devian, redhat...), coma ós amantes das palabras esdrúxulas (máis esdrúxulas, xilófono, abázcaro...).
O segundo no ranking é o do Blogueiro Quin. "Un país novo". Paréceme entrañable porque reflicte un dobre desexo. A nunca ocultada aspiración dos Bloqueiros de que o país cambie ata parecerse ó que eles din que é (un idílico territorio con restaurantes de luxo en pazos reformados e os labregos lendo a Castelao ó carón da lareira co ordenador conectado a internet ó lado...) e o desexo inconfesable de que Galiza sexa un país cheo de xente nova. Claro que para iso deberían morrer os vellos antes e o xeronticidio, segundo os estrategas nacionatas,non parece ser a estratexia máis axeitada na zona máis envellecida do mundo.
O terceiro e sen ningunha dúbida o peor é o de Toruiño. ¿Por que? Porque llo pon moi fácil ós seus rivais. Primeiro está o fácil xogo de palabras entre Touriño e Muuvéomonos. Por outra está o autobús de campaña co eslogan enorme "Movémonos" o que parece de subnormais cando vas con el pola autopista. E non esquezamos que a táctica de Touriño foi a mesma que de Zp antes de gañar as eleccións. Non facer nada nin dicir nada destacable á espera de que o rival se suicide por mor da súa propia incapacidade. A isto en Italia chámaselle Cattenacio.
5 DÃxome dÃxome:
Brillante
ou fosforescente...?
Máis ben incandescente
o meu xefe estes días anda en campaña, bueno, máis que campaña, anda en carpa, diriamos que é un residente ausente
o anonymous anterior non son eu, e quen son eu
agora o noso xefe é un xerente ausente, e anda como loco poñendolle clariño ás nosas familias que xa saben, é dicir infórmaas
eu desexaría ser un enlatador ausente
acabo de oír isto, nas canarias o segundo idioma é o galego, úlos os dereitos lingüísticos destes residentes ausentes, que por certo non poden votar, non sei se poorque a súa residencia ou a súa ausencia non ten o mesmo pedrigree que a terceira xeración de galegos de arxentina, poño por caso
os slogans de pp son puro linguaxe fascista, a esaxeración, a hipérbole sen medida, que cada vez se supera a ´si mesma cunha proporcionalidade inversa (canto peor vai a cousa, máis grandilocuente é a hiperbole), foi un dos recuros clásicos da linguaxe nazi, p.e. vid. Kemplerer. Por outra parte o + alude directamente á masa
a creación de masas
desde o comezo Fraga usou deste símbolo de masa moi diverso, e que realmente nos identifica: miles comendo pulpo; pero non só, miles de gaiteiros, miles de reunións, miles de discursos, miles de aparcións, miles de pax de calquera cousa, miles de aparacións públicas, etc
se lésemos Elias Canetti, veriamos o terrible poder da masa, e o efecto demoledor que sobre ela ten a orde, o mando, veriamos como esta masa se move como un só ser, onde a identidade do individuo é substituida pola identidade do grupo, ou se nutre da i. do grupo.
tamén, a proliferación agónica de actos, etc, discursos inmensos lidos a unha velocidade incomprensible, o que agochan en realidade é a fuxida do horror do baleiro, da propia inutilidade, e son evidentemente unha forma de manipular
que se une á outras, a exibición do autoritarismo, outro rasgo da linguaxe nazi, da chulería
a exibición da "cultura" como sinalou X. Cordal (vieiros) de Rajoy, que é esperpéntico, parécese por exemplo ás loubanzas á sapiencia do DOUTOR Goebels
a manipulación das cifras foi outra das chaves da linguaxe nazi
pero quizais estes sexan máis modernos, e hai certas características novidosas, as palabras se se analizan son pronunciadas para encobrir, para actuar sobre as emocións e non sobre as razóns,
nese sentido o emocional traballa igual que o xantar, o comer, nun plano físico, moi perigoso se se dan as circunstancias
e bueno non teño máis tempo, na cadea de enlatado, non se pode faltar moito sen xefe ou con el
sobre o do + non quero falar +, revólveme as tripas, sobre todo cando se presentou nun deja vu de hai 60 anos, como máis lider, terror puro
con touriño abúrrome, con quintana dubido e inspírame certa confianza, paréceme o menos podre dos tres, con diferencia
o slogan do psoe, mellor non falo
nunca me gustou o rollo ese de hai que moverse, este verán móvome a tailandia, ou a xente que x ¡cando se vai, dí eu móvome
en canto ao do bng, nin mal nen ben, a veces xogo a darlle a volta, un desexo a veces punzante e profundo, e fodido. un novo país.
16000 galegos en lanzarote
Somos a esperanza de Canarias polo que dis xa que as miñas experiencias cos nativos desas illas desafortunadas son moi negativas. Dalí só quero divisas, plátanos e alemanas esculturales.
Por outra parte contáronme que os camareiros galegos son especialmente odiados xa que realizan o seu oficio por salarios moito máis baixos que o estandar da profesión, tirando así tamén as ganacias dos compañeiros. O noso valor engadido é a ruindade, o individualismo non liberal e a miseria. Iso podemos exportar.
Post a Comment
<< Home