Thursday, June 02, 2005

Camisetas

Onte levaba unha camiseta de Kukuxumusu, unha marca que fai deseños de vacas en estrañas actitudes para un rumiante, e o meu compañeiro de traballo chegou cunha de Camisas de Once varas. Agora todo ten que estar personalizado: camisetas de deseño, tatuaxes con letras en idiomas inintelixibles, coches tuneados, salvapantallas orixinais, chaveiros dos que penduran as máis asquerosas figuriñas, blogs cheas de fotos frikis e coloríns... Xa só falta que nós teñamos un pouco de personalidade e non temamos ser quen somos a cada instante e non nos dé medo o que digan os demais.
En Cuba, a pesar de non ser capitalistas, vaise alén diso. Alí personalizan os nomes. É posible que tampouco teñan máis que personalizar. Isto do individualismo non sei onde vai parar. Dentro de pouco, cando os socialistas impoñan por decreto a homosexualidade e a clonación obrigatoria, casaremos cunha réplica xenética de nós mesmos. Un novo mencer para a masturbación.
O de non terlle medo ao que digan os demais non o vexo claro. É dicir, se teño un impulso de ir traballar cunha camiseta coa cara de Hegel e uns pantalóns imitadores das patas da galiña Caponata e unhas gafas, regramentarias, de buceo... ¿quen mo impide senón é esa convención social á que, con cariño, chamamos decoro? É igual que nos guións de cine... a opinión do productor, do actor, do director pode axudar ó desenvolvemento do guión... ¿A cantos articulistas non lle viría ben un productor? ¿ A Lidia Lozano e a Jiménez Losanos?
Eu que sei...

5 Díxome díxome:

At 11:11 PM, Blogger frenchchou said...

Creo que "ter" unha imaxe (no vestir, o coche que tes, o piso que habitas...) é inevitable. Podes coidar ata o último detalle ou escoller deixarte levar e ter apariencia neutra (supostamente) ou descoidada. Ao final isto tamén di moito dun mesmo. Paréceme estupendo tentar non dicir nada coa vestimenta, pasar desapercibido.
Por outro lado, tiven a ocasión de falar co líder en Santiago da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días (os mormóns). Era un tipo normal, con chaqueta desas de lana pelona verde con algo de ante e catro botóns dourados, con aspecto de rexentar unha carpintería. Pregunteille porque os misioneiros mormóns (os rubios que veñen dende Utah a facer proselitismo) ían sempre vestidos de traxe. Respondeu que para con esa formalidade distinguirse da xente e destacarse como portadores da palabra de Deus. Ou sexa, igual que os hábitos dos curas pero en plan USA século XX.

 
At 7:58 PM, Blogger O Nadador said...

Paréceme, dende un punto de vista teórico, correcto dicir que é obrigatorio adoptar unha imaxe. Agora ben, tamén poderíamos dicir que o ateo ten unha relixión (non crer en ningún Deus) ou que o calado fala a través do seu silencio. Non deixa de ser unha tautoloxía.
Se queres preciso máis. O mundo no que vivimos pretende que amosemos a nosa personalidade a través de camisetas e chaveiros, cousas mercables, na vez dos síntomas tradicionais da personalidade, os pensamentos e as accións. Ademais promocionase unha actitude "poppie" de regocixo na esterqueira do consumo e de "alegría" e "cor" antinatural e industrial. Eu, por suposto, non me desmarco desta corrente.

 
At 5:30 AM, Blogger acedre said...

Nadador. Gustame o teu blog e dis verdades coma templos.
Tes razon co das camisetas e chaveiros e demais "merchandise". Iso todo e puro comercio. E vender a xente cousas que poderia facer esa xente na casa. Meu irman unha vez pintou un veleiro nun barco e a xente preguntaballe onde a mercara. A xente non cria que fose pintada por el, e cando llo dicia a xente respondia:ah, feita por ti; como restandolle a importancia que de verdade ten e hai outro exemplo mais claro: o Entroido. Agora e todo mercado e tes que ir cun disfraz, disfraz. Xa non valen os farrapos que se levaban antes ou as fundas do traballo cunha careta...Agora o que e persoal de verdade e visto coma unha trapallada pero se mercas algo que a propaganda di que es mais ti e mais especial, enton si que vale...

Pois nada, saudos e a seguir asi que me gusta.

 
At 9:24 AM, Blogger O Nadador said...

Gracias Acedre polas túas amables palabras. Concordo contigo cando falas de que a expresión individual da personalidade, a pesar de vivir nun entorno tan egoísta, está reprimida así como a espotaneidade a pesar de que a TV bramou unha vez: "Estás loco. Bebe Pepsi". Non é o tema deste post pero tamén se reprime a expresión artística non persoal. Por que ... ¿Que razón hai para que os que cantamos mal nos reprimamos?
Queda tranquilo que este blog faise de maneira totalmente chafalleira e espontánea. Coma uns farrapos de antroido que asustan á xente. Non hai procesos industriais en Nada que dicir (salvo uns ananos filipinos que me botan unha man)

 
At 5:54 PM, Blogger frenchchou said...

Eu non podo dicir nada en contra das camisetas con slogans porque no Festival de Cans vendimos 400 camisetas e 400 chapas verdes con 2 cans amarelos impresos. Lucrámonos, claro. Estou do outro lado, da beira do mal. Síntome como Armando Ortega, o Mr. Springfield ou os de Kukuxumusu. Ja, ja, ja, viva el mal, viva el capital! Venderé camisetas y con lo que gane construiré glorietas, pintaré macacos en tela, y me compraré un transatlántico a vela; que malo, pero que malo soy!!!!

 

Post a Comment

<< Home