Wednesday, June 08, 2005

Hai que votalos (especial eleccions): As comilonas

Quizais este tema non o deba enmarcar no eido político, tan efémero tan futil... Unha reflexión da trascendecia da que me vou embarcar merece ubicarse no discurso existencial... cósmico. ¿Merece unha comida, de comida enténdese, o valor dun voto? ¿É unha realidade o troco sufraxio por empanada? ¿É unha afirmación gratuita dos do NON? ¿Outra falacia que nos enerva?
Eu, por desgracia, nunca fun a unha desas comilonas, nin sequera ó mítico fasto do Monte faro onde van ós elixidos. Son receloso, tamén, de que os nosos productos máis senlleiros (a empanada, o cocido, o peixe...) podan ser elaborados en grandes cantidades. O PP non deixa de tentar reproducir o esquema da grande familia. Todos ó redor da pota celebrando a unión familiar. A min recórdanme a algunhas barbacoas texanas pero sen Baltar tocando o trombón.
Son consciente de que estas comidas existen e que constituen un mensaxe que implica votar a unha determinada forza política. Tamén son consciente de que se fan con cartos públicos. Sen embargo creo que é non querer ver a realidade. Estes actos o que amosan é unha identificación moi importante entre un partido político e unha maneira de ver a vida por parte dos galegos (que sexa a máis axeitada é outro asunto...). Os outros dous partidos galegos non crearon unha comunión tan grande cun grupo social. O Bloque ten, si, unha comunidade igual de forte pero, en moitas ocasións, non afronta a realidade partindo dela. É dicir, deseña unha Galicia pero sen ter en conta as características da xente de a pé, crea un país como a eles lles gustaría que fose e iso crea unha comunidade, certo, pero pequena, arrogante, sen capacidade de reacción para os problemas da cotidianeidade e que lle interesan á xente. Máis preocupados pola ideoloxía que pola xestión. O PSOE, pola súa banda, conta cun electorado moi disperso: xente de esquerdas, vazquistas, pseudonacionatas tipo Maragall, funcionarios, xente con problemas persoais co PP, esquerdistas non nacionalistas, urbanitas, xente das vilas...
Parte da labor dun partido é crear unha base fiel de votantes e mimalos. Non cos medios mafiosos do PP pero hai maneiras. Se resulta tan difícil quitar ó PP da poltrona pode ser porque non se limita a ser unha formación senón unha forza social (creo qeu esta é a comunidade con máis afiliados do PP moi por diante de Madrid). Se perde estas eleccións polo desgaste inevitable (case 20 e pico ) e porque outro político gañou as eleccións en Madrid...

4 Díxome díxome:

At 3:07 PM, Blogger frenchchou said...

Se eu penso na sardana, o partido político que me vén á cabeza é CiU. Se penso no arriesku (seguro que non se escribe así), acórdome do PNV. A gaita e a muiñeira traenme á cabeza ao PP, non ao BNG. Non sei se iso é bo, malo ou regular.

 
At 4:52 PM, Blogger O Nadador said...

Unha ampliación: Feijoo dixo que os socialistas pretenden prohibir o pulpo e a empanada (pagado polo erario público debeu engadir)

 
At 6:34 PM, Blogger frenchchou said...

con iso do pulpo e a empanada a estratexia do medo chega máis lonxe que nunca. que veña ETA para Galicia ten un pase, pero acabar coa empanada resulta terrorífico.

 
At 12:58 AM, Anonymous Anonymous said...

se o que se perde é a empanada de bonito, que é a que dan, pouco me pesa

pero á de chocos nen tocarlle

as túas preguntas lémbranme a aquelas de: é a empanada unha unidade de destino no universal?; é a empanada portadora de valores eternos?

uns labradores amigos meus, votantes do pp, contábanme todos cabreados como unha vez que foron convidados ao pulpo no Monte Faro, tiveron que pagar, iso parecíalles inxusto e inaceptable, o pp tiña que "dar" a comida, igual que "daba" a festa

tache boa a navalla

hai unha relación idade-orixe-xantar-rito-comunidade indiscutible

xente na súa maioría vella ou próxima a vellez ou conformada por usos vellos

mormente da aldea, ou con mentalidade formada en valores propios dunha cultura campesina

aí o xantar de festa, ou o xantar que se ofrece ao convidado, ten un valor ritual enorme ((aquí viría ben analisar desde Pierre Bourdieu e oconcepto de habitus) (o habitus para Bourdieu é a forma de tratar coa vida, adquirida a través das emocións, o espacio, etc etc, que marca como unha tatuaxe: é dicir é indeleble)) e está ligado ao fundamento mesmo do campesiñado: a supervivencia; se isto o misturamos coa memoria de outro compoñente básico: a necesidade, a memoria secular dun trato nada hiperbolizado, por desgracia, coa necesidade

as comelladas do pp ritualizan isto, esta vez si dunha forma hiperbólica, e esa hipérbole é o anuncio da súa desaparición como cultura, cosmovisión, ou habitus, ou chámalle x

nese contexto, en efecto, escenifican a súa existencia, a súa resistencia, como grupo, case familiar

o pater familia é nese contexto "o que dá de comer", o que paga a festa, o que dá a función; na súa fachenda, na súa abundancia, reside a base do seu poder, é o que manda, o que pode, o que ten, o que dá

cómo entrar nese mundo, cómo desfacer esa relación; é practicamente imposible desde fóra, todo intento de presentarse ante ese electorado como algo máis moderno, máis euquesei, é percibido como unha amenaza que solidifica máis ao grupo

ocorrenseme moitas máis ramificacións pero estou canso

o que sinto é que a inercia dos tempos vai nunha dirección diferente, e que o pp non o está percibindo a tempo (para eles)(e tampouco o bng, ao parecer, veremos), e tamén para esa masa que asiste ás comelladas, e que non ve que son tan só a cama sobre a que durme o diñeiro dos verdadeiramente interesados: o voto pp urbano, que é quen sae beneficiado mentres eles camiñan cara a extinción como grupo entre actos cheos de retesía, manipulación, falsidade, aos que son convidados e nos que celebran a súa fráxil existencia, actos de autoafirmación ante a historia que non se detén, no fondo diso hai unha tristeza sen medida

para canto máis que o soño de calquera mozo de aldea é saír dela, e tdos os que algún día pertencemos a ese mundo, xa non somos deles, por máis que os queiramos, os nosos compromisos xa non están aí, eles sábeno, por qué habían de escoitarnos

evidentemente todo é máis complexo, pero algo hai, creo, no que digo, de razón

a mesma complexidade ten o votante do bloque, ou máis, se odio que se simplifique o voto do pp, igualmente me sucede coas simplificacións sobre o bng, a fin de contas moitos dos que votan bng son fillos ou netos dos labregos que votan pp, os propios pais venos politicamente coma estraños, e non é raro que haxa certa idealización do pasado, ou da cultura campesiña, que os campesinos ven cunha amrga sorrisa,
tanto uns coma outros son fillos da mesma crise

o galeguismo de esquerda perde simplemente porque non foi capaz de crear unha cultura urbana, ou mellor suburbana, e quedou atrapada na rede dos seus propios sentimentos de culpa e frustración, non se deixa a "casa" impunemente

afortunadamente hai signos, cada vez máis claros, de que están cambiando as cousas, agora..., hai que velos, e non quedarse na imaxe tópica do voto bng, que por primeira vez está facendo a súa base de votos nunha cultura urbana, aberta, e moi creativa

se o partido non sabe ver iso condénase ao victimismo e ao fracaso, eles verán

en todo isto, o voto ao psoe paréceme o menos conflictivo para analisar, e para exercer, a súa falta de compromiso, a súa indefinición, a súa vaguidade, convérteno nun receptáculo de votos entre uns e outros, pero non teñen unha idea de pais (como si a ten bng-pp), tan so unha idea de clase, e non precisamente a que propoñen as súas siglas

pido escusas, pido escusas, pido escusas

viva a empanada de chocos, senón de que vou vivir

e ben, eu votarei bng, na esperanza de que abran os ollos a quen os vota

en realidade o meu voto é un voto cautivo, cal non o é, unha vez que dispoñan do poder sentirei certa libertade que hoxe non sinto para dispoñer do meu voto, e por primeira vez xulgarei os seus feitos e non os meus desexos

unha aperta choqueira

 

Post a Comment

<< Home