Hai que votalos (especial eleccións): Os votantes clientelares
Pensaba escribir este post un pouco máis tarde pero unha conversa que mantiven onte púxome especialmente triste e pesimista. Así que afrontarei o asunto agora antes de que me queime máis por dentro.
O outro día no mellor bar de Noia mirando as venecianas paisaxes do Traba falabamos das eleccións. Un de nós, nacionalista e progresista por convicción, familia, ambiente, coherencia, lóxica... expresou o seu desexo de botar ós do PP daí porque "a ver se podemos chupar nós un pouco do bote".
A conversa que me entristeceu onte aconteceu ó redor dun plato de ensaladilla ( ensaladilla rusa para os prosoviéticos e ensaladilla imperial para os profascistas). Un amigo meu, unha persoa admirable en bondade, intelixencia, educación, afabilidade, bo humor, xenerosidade... contounos que só votou unha vez. A razón: "Porque se presentaba o meu tío e ese era o único que puiden votar e me puidese axudar. A min coma non me regalen o chuletón...". Ten 24 anos e os seus pais son bancario e profesora. O meu cariño cara el segue intacto pero non así a miña, xa escasa, fe neste sitio.
A terceira e derradeira conversa tivo lugar nun bar de deseño da zona vella cun empresario valenciano pero dende hai varios anos residente en Cacheiras. Quizais por herdanza familiar (o meu pai aprendeu na mili en Cataluña iso de "se ves un valenciano písalle a cabeza") ou polo horterismo valenciano e por Paco Roig nunca tiven demasiada fe nas habilidades valencianas. Este contoume que quería que gañase o PP. ¿Por que? Porque para vivir no seu negocio (axencia de publicidade, asesoría de imaxe) é imprescindible contar co diñeiro da Xunta. A el custoulle moito traspasar ese entramado mafioso. De feito conseguiu unha entrevista cunha consellería, e ó cambiar de conselleira todo (todo) o equipo cambiou e tamén todos (todos) os tratos que tiña tal institución con diversas empresas. Díxome que por iso quería que gañase o PP, porque lle costara moito entrar. Tamén alabou a Rodrigo Rato e dixo que non confiaba moito en Rajoy.
Despois, á saída do café díxome algo así como "A ver... yo como empresario si llegan otros y consiguen una mejor situación económica y política para Galicia a mí me va a beneficiar mucho y lo prefiero. Pero a corto plazo prefiero que ganen los que están." Outra frase: "En Valencia esto no es así. Allí no cogemos a tal por ser primo o amigo de cual. Allí lo que nos interesa es la pasta, que por algo somos primos de los catalanes, y escogemos al que rinde."
2 DÃxome dÃxome:
según o anterior, as eleccións son unha, tres, boas razóns para o autismo
mellor non preguntar,
se isto segue así voume cambiar á emapanada de zamburiñas, que por certo, comina no Carou e estaba de luxo, como diría A.Conde, xa bastante negro é o mundo do traballo, para seguir coa de chocos
hoxe na estación de autobuses vin a un fulano con barba pintando a mona diante dunha salida de emerxencia,
despois marchouse con ela
o meu tío dicía que o seu can era franquista
chamábase leoncito
nunca pouiden votar polo meu tío, nunca se presentou a nada
polo can tampouco
pero tiña un pozo na eira moi fondo
eu asomábame, vía o meu refrexo alá no fondo, e berraba: uuunaaaamuuuunooooo, non se me ocorre mellor nome para berrar na boca dun pozo
nunca me contestou
despois do anterior se vos digo que votedes BNG, seguramente fagades o oposto
Onte coñecín a un votante da FPG, e pese a amistade que lles teño a Ferrín, Chus, etc, era un argumento andante para votar en contra
o que pasa que iso mesmo pasa con fraga,
y sin embargo lo votan
fraga está durmindo a campaña para ver se deixa de perder votos, recúan, esperemos que tarde
dentro do autobús había un estudiante de guitarra con auriculares nas orellas, un señor que traduce cousas ao galego en Viena, e máis alá outro que vive da zona franca...
como non sospeitar da realidade?
o que é coherente é a literatura
Sabes que non son amigo dos eloxios e das valoracións gratuitas e ,por iso, valora axeitadamente cando digo que é un luxo ter un comentarista coma ti neste blog. Ti si que sabes cales son as palabras axeitadas pero o teu sentido do deber evita que fagas o que tes que facer.
¡Warning Faneca Brava segue sendo a miña favorita!
Post a Comment
<< Home